Print this page

Pecha a libraría especializada en poesía Chan da Pólvora

Rate this item
(0 votes)

A libraría compostelá Chan da Pólvora, especializada en poesía, pecha as súas portas. Nun comunicado feito hoxe polo seu responsable Quico Valeiras, confirma a deriva do proxecto nos últimos tempos, agravado polo actual estado de alarma.

No comunicado, a libraría incide que “a excepción das marabillosas noites que animaron o Polvorín de versos, cada vez ían aumentando as actividades nas que a afluencia de público era escasísima, sen importar as horas dedicadas á preparación e difusión das mesmas”.

Chan da Pólvora fundouse no ano 2016 e, dende o barrio de San Pedro, axudou a configurar un tecido cultural en torno á poesía, non só a través dos propios libros, senón tamén a través de presentación, recitais, obradoiros, cursos, etc…

O peche só afecta á libraría, o proxecto editorial do mesmo nome, que publicou o libro gañador do premio estatal de poesía 2019, Tempo Fósil, de Pilar Pallarés, segue na súa andaina.

 

Máis información: