Print this page

Cita coa lectura en Burela na celebración da súa III Feira do Libro

Rate this item
(0 votes)

A escritora Marica Campo lerá ás 19.30 h. o pregón inaugural da III Feira do Libro de Burela, que se desenvolverá na praza da Mariña ata o domingo 27 de agosto.

A Feira do Libro de Burela contará nesta edición con dez stands doutras tantas librerías, así como con 14 actividades para persoas de todas as idades, nas que se inclúen presentacións e sinaturas de libros dos propios autores e contacontos para os máis cativos, entre outras moitas iniciativas. Destaca tamén o concerto da banda de música folc Luar na Lubre, que terá lugar hoxe ás 22.00 h. na Casa da Cultura.

A cita rematará o domingo 27 de agosto con máis música a cargo do cuarteto municipal de Jazz.

O horario de apertura da Feira será de 10.00 h. a 14.00 h. e de 17.00 h. a 22.00 h. Os libros terá un 10% de desconto e cada día realizarase un sorteo dun lote de libros entre todas as que merquen algún libro durante o transcurso da Feira.