Print this page

Nicomedes o Pelado incorpórase á listaxe dos White Ravens

Rate this item
(6 votes)

Nicomedes o pelado, de Pinto&Chinto e editado por Kalandraka formará parte do prestixioso catálogo dos White Ravens, que publica anualmente a Internationale Jugendbibliothek de Múnic, Alemaña.

O catálogo dos White Ravens (Corvos brancos) contén información sobre as recomendacións internacionais de libros no eido da literatura infantil e xuvenil. Contén un total de 200 títulos procedentes de libros de todo o mundo e supón unha enorme visibilización para os seus autores, xa que o catálogo estará dispoñible nas principais feiras do sector, como a Feira do Libro de Frankfurt ou na Feira do libro infantil de Bologna, onde os douscentos libros seleccionados estarán dispoñibles no stand da Internationale Jugendbibliothek.

Nicomedes o pelado é un breve divertimento sobre a prematura calvicie do protagonista, nun ton humorístico e surrealista, e cunhas ilustracións moi expresivas e cheas de colorido.

Os seus autores, Pinto&Chinto xa foran seleccionados no White Ravens 2011 pola obra Contos para nenos que dormen deseguida. Para o ilustrador David Pintor é a terceira mención neste listado, no que un comité de expertos en literatura infantil e xuvenil analiza a produción editorial en base a criterios como a temática, a innovación artística, o estilo literario e o deseño.