Print this page

David Pintor seleccionado para a mostra de ilustradores da Feira de Bologna

Rate this item
(0 votes)

O ilustrador coruñés David Pintor foi seleccionado para a mostra de ilustradores da Feira Internacional do Libro Infantil de Bologna 2011 polo seu traballo no libro Contos para nenos que dormen deseguido (Kalandraka).

David Pintor será un dos 76 ilustradores de todo o mundo seleccionados para a Feira, e o único galego. Para Pintor Bologna está a se converter nunha das súas citas tradicionais, xa que será a terceira vez que se achegue ata a cidade italiana tras ser seleccionado nas edicións do 2007 e 2010.

A Feira do Libro de Bologna, que se desenvolverá do 28 ao 31 de marzo, está considerada como o encontro internacional máis importante no mundo literario infantil e xuvenil. Reúnense editores, autores, ilustradores, axentes, produtores, distribuidores, impresores e libreiros. Os profesionais acuden a Bologna coa finalidade de comprar e vender dereiros de autor, explorar e desenvolver novas oportunidades de negocio e observar as últimas tendencias e novidades no libro infantil e xuvenil.

Additional Info