Print this page

As aventuras de Basilius Hoffman terán a súa continuidade no 2014

Rate this item
(3 votes)

As aventuras de Basilius Hoffman e do seu sobriño Peter, cuxos dous primeiros libros foron un éxito entre os e as lectoras galegas, terá a súa continuidade tras o verán do 2014 coa publicación do terceiro volume da colección, titulado A batalla por Avalon. Un ano despois de Un faro na escuridade, Fernando M. Cimadevila nos desvelará novos misterios e descubriremos novas historias sobre o profesor Basilius Hoffman e dos mestres de Avalon.

A batalla por Avalon suporá a continuación dunha serie que comezou no 2011 coa publicación de O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños, e que tivo continuidade un ano despois con Un faro na escuridade. Con esta nova achega a saga alcanza o seu meridiano, antes de afrontar os dous derradeiros libros ata completar os cinco volumes dos que se compón a colección.

A nova da próxima aparición de A batalla por Avalon coincide coa publicación da edición de peto, a prezo reducido, do primeiro título da colección: O ladrón de soños.

E as galegas e os galegos non seremos os únicos en gozar coas aventuras do profesor Hoffman, o selo Sushi Books, editorial recen creada ao abeiro de Rinoceronte editora, ven de confirmar que en vindeiras datas será a responsable de traducir a Basilius Hoffman ao catalán, ao éuscaro e ao castelán, seguindo a liña editorial marcada pola propia editorial.