Print this page

Antonio García Teijeiro galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2017

Rate this item
(1 Vote)

O escritor vigués Antonio García Teijeiro ven de obter o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2017 polo libro Poemar o mar, publicado por Xerais. Este premio concédeo o ministerio de cultura do estado español para distinguir unha obra editada no estado durante o pasado año 2016.

O xurado do premio determinou premiar a García Teijerio e á súa obra “por ser un libro cargado de emoción, cunha brillante elección léxica, onde o mar á o gran protagonista, poboado de criaturas que transitan por orixinais e suxerinte composicións poéticas”.

Poemar o mar é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con En la cuna del mar (Creotz) e Palabras do mar (Embora). Nestas tres obras o mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla con poemas, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra. Ilustrado por Xan López Domínguez, en Poemar o mar atopamos mares con ondas amarelas, con illas coma estrelas, mares de plumas que son de auga e mel, mares de tinta verde con barquiños de papel.

Antonio Manuel García Teijeiro é un dos grandes poetas e narradores da literatura infantil e xuvenil galega. Crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil, imparte cursos de animación á lectura, creación literaria, obradoiros de poesía, conferencias e ten participado en diversas xornadas didácticas e literarias promovidas por distintas institucións. Conta cunha variada contribución á literatura infantil.

O xurado desta edición estivo presidido por Óscar Sáenz de Santa María, director xeral de Industrias Culturais e do Libro do ministerio de educación, cultura e deporte, e Javier Pascual, subdirector xeral do Libro, a Lectura e as Letras Españolas, actuou como vicepresidente. O xurado estivo formado por María Paz Battaner Arias, designada pola Real Academia Española; Fina Casalderrey, pola Real Academia Galega; Xabier Etxaniz, pola Real Academia da Lingua Vasca; Joan Portell, pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI); Blanca Roig, pola Conferencia de Rectores das Universidades Españolas (CRUE); Coral Cenizo, pola Federación de Asociacións de Xornalistas de España (FAPE); Carlos Fortea, pola Asociación Colexial de Escritores de España (ACE); Brigitte Leguen, polo Centro de Estudios de Xénero da UNED; Miguel Aranguren, polo ministro de educación, cultura e deporte; e os autores galardoados nas edicións de 2015 e 2016, Ledicia Costas e Alejandro Palomas.