Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Falamos con Carlos López sobre os seus últimos libros

Rate this item
(4 votes)
Carlos López Carlos López Foto: José María González

Internarse no imaxinario de Carlos López é como mergullarse nun marabilloso mundo onde convive a fantasía, o humor e un delicioso absurdo. É deixarse levar polo lirismo da súa prosa, o feito de sorprenderse ao pasar por calquera dos recunchos da súa escrita, en pintar un sorriso en cada unha das páxinas dos seus libros.

As lectoras e lectores que seguimos as súas letras (e o seu traballo como o cincuenta por cento de Pinto&Chinto) estamos neste estraño ano de noraboa, xa que podemos atopar nos andeis das librarías tres títulos seus de recente aparición. Trátase de A ovella á que o lobo comeu a sombra (Tambre), con ilustracións de Lluís Farré; O dragón que non botaba lume (Galaxia), acompañado das ilustracións de Óscar Villán; e Bichería (Xerais), coas ilustracións de Xan López Domínguez.

Trátase de tres libros que reflicten á perfección toda esa experiencia que supón entrar nos libros de Carlos López. O asombro e a fascinación. Carlos débeo de pasar xenial escribindo, e consegue transmitir esa mesma sensación no lector. 

 

 

 

                  

Podemos atopar nas librarías tres títulos seus publicados nun ano marcado polo COVID-19. Antes de nada, como viviu este ano? Como influíu en vostede como escritor?

A tremenda repercusión do Covid-19 no ámbito do libro resultará imposible de esquecer, con proxectos paralizados, presentacións pospostas e actos de toda índole suspendidos. En canto á clausura obrigada pola pandemia, no meu caso creo que non tivo demasiada incidencia no que respecta a unha maior ou menor produción. Pola miña cabeza sempre roldan varias ideas de libros simultáneas; ás veces céntrome nunha delas e aparco as outras; e en ocasións tomo notas, durante un mesmo día, para obras diferentes.

Sobre ter tres libros á vez nas librarías, o escritor non pode controlar a posta na rúa dun volume. Cada editorial ten os seus prazos e os seus plans.

De todos os xeitos, no meu caso, non se trata de extensas narracións, senón de obras breves que se len deseguida. Se unha che deixou bo sabor de boca, colles outra coma quen colle unha lambonada e listo...

Un aspecto común aos tres libros é o de estar protagonizados por animais. Non é a primeira vez que son parte principal dalgún dos seus libros. Lembro, entre outras obras súas, os dous volumes de Minimaladas (Xerais) ou o recente Guau guau guau! (Embora), protagonizado por multitude de cans.

Fascínanme os animais como fonte de inspiración literaria. Sinto unha enorme curiosidade por eles, desde os grandes mamíferos ata o máis miúdo dos insectos. Admiro as súas caprichosas formas, os seus costumes vitais tan singulares nalgúns casos, das cousas extraordinarias que fan... Somos, desde logo, o animal máis intelixente do planeta. Pero se permitiran participar aos guepardos na proba olímpica de 100 metros lisos non habería ningún humano entre os finalistas. Hai moi pouco tempo que o home é capaz de voar, grazas a unha intelixencia que o levou a crear máquinas para iso; pero as aves levan voando millóns de anos, igual que as abellas ou as libeliñas.

No meu caso penso que a natureza, os seres vivos que a conforman, a xeoloxía, o mar... constitúen un dos eixos sobre o que xira gran parte do que escribo. Hai que coñecer cada animal moi ben, ver cal é a peculiaridade que o fai diferente a outros, e aí está o material en bruto que o escritor ten que empregar para elaborar o conto. A mina literaria que un pode atopar nos animais coido que é inesgotable... E provisto de pico, barrena e casco con lanterna penso seguir incidindo nesa veta.

Temos os libros A ovella á que o lobo lle comeu a sombra e O dragón que non botaba lume, que conforman unha historia, e logo está Bichería que é un monllo de microrrelatos. Que lle condiciona -cando se enfronta a un novo libro- o formato que vai ter?

Sempre digo que se para contar unha historia abonda con vinte liñas, para que utilizar trinta? É absurdo! Despois, cada libro nace como nace: uns para ser breves e outros para ser máis longos. O libro da ovella e mais o do dragón están formados por un só conto, a xeito de álbum, cunha narración máis desenvolvida que a que uso para o microrrelato. Este último caracterízase por centrarse nunha característica moi determinada do animal e desenvolvela para crear o relato. Moitas veces trátase dun retrinco humorístico.

Aínda que ás veces afírmase que o microrrelato é o paso anterior a escribir unha novela longa, no se caso, pasan os anos e véxoo cada vez máis cómodo neste formato.

Si que me encontro moi a gusto no conto curto. Pero é porque, como dicía antes, esa é a extensión que precisa unha determinada historia. Cando me embarco nun argumento que require un máis longo alento, resultan libros como Expedición Tilovonte (Galaxia), unha novela que penso resulta moi divertida. Ou mesmo O lume contador de historias (Tambre), tamén un texto de certa extensión. E estou rematando outra narración que vai por ese camiño.

A ovella á que o lobo lle comeu a sombra é un libro cheo de sombras, pero tamén con algunha luz, velaí está a solidariedade e a xenerosidade de todos os animais cara esa ovelliña que quedou sen sombra porque a papou o lobo.

Estou moi satisfeito dese libro. Como ben dis, todos eses animais, de diferentes ecosistemas, ofrecéndolle á pobre ovella a súa sombra...

Por diferentes motivos, non todas lle acaen ben, e ao final hai un desenlace inesperado que agardo faga sorrir ao lector.

Paréceme que quedou un contiño moi tenro, entreverado de humor, cun final feliz e bonito. Cada un é como é, e debemos aceptar a singularidade allea.

Por este libro aparecen moitas das particularidades dalgúns animais. Vexo un xogo aquí, para ler este libro cos nenos, de propoñer con eles na lectura novos animais e as súas sombras.

Iso estaría moi ben. Inventarse novos bechos que ofrezan a súa sombra á ovella, desde peixes a paxaros, desde reptís ata insectos, e ver que se derivaría do experimento. Podería haber moitas risas entre pais e fillos.

En O dragón que non botaba lume conta a historia dun dragón que, por facer o mal, o lume abandónao. A partires de aí iníciase unha aloucada procura, por parte do dragón, para atopar un novo lume para botar pola súa boca.

Rin moito escribíndoo. As solucións que procuraba o dragón para seguir ceibando chamas pola boca ían de disparate en disparate... Como escritor tiña moitas ganas de facer a un dragón protagonista dun libro. É unha criatura marabillosa, unha besta mítica moi agradecida para falar dela.

En A ovella á que o lobo lle comeu a sombra falaba de solidariedade, da aceptación da diferencia, en O dragón que non botaba lume sobre o que pode acontecer se utilizas o teu poder para facer o mal... Pero realmente o motor que move os seus libros, a súa obra literaria en xeral, é o de pasar un bo rato lendo. Teno dito en entrevistas anteriores: a lectura como entretemento, como lecer. E ler un libro de Carlos López supón atopar unha sucesión de imaxinación e de chiscadelas de humor en practicamente todas as follas do libro. 

Penso que ao final se trata de que o lector pase un anaco divertido lendo o que sacaches do teu maxín. Encántame divagar diante da páxina en branco, crear universos e personaxes estrambóticos, retorcer a realidade ata crear outra realidade. Cando un escribe, inventa o mundo no que lle gustaría vivir. E a risa sería parte substancial dese mundo.

O humor é a columna vertebral do meu ser como escritor. Non podo subtraerme a esa condición. É un terreo no que me atopo coma peixe na auga, que me permite experimentar, no que encontro liberdade sen límites. Cando alguén bota unha risa con algún dos meus escritos síntome enormemente recompensado.

E respecto a Bichería, foi abrilo e lembrar os dous libros que publicou de Minimaladas*. Creo que Bichería segue o ronsel deses dous libros. Lembro hai un tempo, cando falamos sobre o seu libro Isela (Embora)**, onde comentaba que con cada novo libro engadía novas rexións a un mundo literario e fabuloso que crea. Coido que esa afirmación acae moi ben á relación de Bichería cos dous volumes de Minimaladas.

Desde logo estes libros son parentes entre si. Cada libro que un escribe é como se engadíramos unha nova rexión ao mundo que nos construímos á nosa medida. Seguindo este razoamento, con cada animal que invento contribúo a aumentar a nómina zoolóxica. Como comentei anteriormente, estas historias breves sobre animais penso seguilas cultivando porque o paso moi ben escribíndoas. E agardo que os lectores tamén o pasen moi ben léndoas.

*Minimaladas e Novas minimaladas, publicadas por Xerais en 2007 e en 2008.

** Entrevista sobre Isela.

Tanto o libro de O dragón que non botaba lume como algúns dos relatos de Bichería parece que beben un pouco dos mitos, das lendas, velaí están relatos como o que o fala sobre “o primeiro guacamaio que houbo no mundo”, por exemplo. O emprego, dende hai miles de anos, da fantasía para explicar o descoñecido.

Si. Algúns dos meus relatos favoritos son os que explican a verdadeira orixe dunha criatura en concreto. Unha orixe totalmente plausible porque se adecúa coma unha luva ás súas características formais ou de comportamento. É un campo moi agradecido.

Bichería está protagonizado na súa totalidade por animais. Como faro á hora de configurar todo o libro pode ser de utilidade “saber” que vas escribir sobre bechos, pero tamén está o traballo de se enfrontar, durante máis de corenta veces, á folla en branco. Empregar un animal novo, contar a súa historia. Unha e outra vez, unha e outra vez...

Aínda que se trata de textos breves, cómpre sinalar que adoita levar bastante tempo elaboralos. Isto débese a que o que hai que presentar é unha idea que teña a suficiente forza como para erixirse no propio relato, sen aderezos superfluos. En ocasións ves a luz axiña; pero outras hai que romper moito a cachola ata que che sae o que procurabas.

Fala da complexidade da brevidade. Nos seus microrrelatos atopamos non só esa imaxinación ou ese humor ao que xa fixemos referencia. Hai do mesmo modo un desborde imaxinativo, hai sorpresa, hai un coidado lirismo. Hai un estilo moi necesario para que o relato curto non renxa a ollos do lector.

Claro. Que ninguén se chame a engano. Non resulta máis complexo escribir unha novela que un microrrelato, senón dunha complexidade diferente. En canto ao estilo, convén non só elaborar un pastel saboroso, senón tamén presentalo o mellor posible.

Tres libros e tres ilustradores diferentes. Non sei se traballou con eles no desenvolvemento das ilustracións ou se eles ilustraron directamente os seus textos. Iso si, a verdade que o resultado final é magnífico, sendo como son tres estilos totalmente diferentes.

Cada un dos ilustradores traballou sobre os textos con total liberdade, interpretáronos ao seu xeito. Penso que resultaron tres traballos gráficos de excelente calidade, de belísima factura, impregnados de gran lirismo.

Son os tres profesionais de extensa traxectoria e moi recoñecidos. O certo é que á vista está que entregaron unhas ilustracións fermosísimas que farán as delicias dos lectores.

 

 

 
 

Buscar en Entrevista >

Axenda LIX >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28

Nestes días >

No upcoming event!