Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O burato do inferno (Faktoría K) de Xosé Manuel e Ramón Trigo

Rate this item
(1 Vote)
A Guarda, segunda metade do século XIX, unha Galicia empobrecida onde o día a día é a loita pola supervivencia. Ese é o escenario onde Xosé Manuel e Ramón Trigo ambientan O burato do inferno (Faktoría K), unha magnífica novela gráfica poboada de piratas e raqueiros. Unha historia de ambición, de violencia e de sede de xustiza.
Os irmáns Trigo afondan no negror para ofrecer ao lector un relato truculento, cun trasfondo social e unha atmosfera abafante. Os textos de Xosé Manuel introdúcenos no mundo dos piratas e as ilustracións expresionistas en branco e negro de Ramón incrustan ao lector nese tempo tormentoso.
A banda deseñada en Galicia está a vivir un dos seus mellores momentos, e este imprescindible O burato do inferno confírmao con creces.
 


 

Traizóns, abordaxes, botíns, violencia... Coñecemos as historias románticas de piratas que nos legou o cine máis a literatura, en O burato do inferno presentades unha historia onde se recolle todo o mencionado pero que foxe radicalmente do aspecto romántico.

Xosé Manuel Trigo: Os piratas que aparecen en O burato do inferno son piratas malvados, non teñen nada de bo neles, pero son piratas reais e auténticos. Quixemos recuperar neste libro -a xeito de crítica- a realidade desa Galicia negra que estivo aí ata hai ben poucos anos. E é nesa Galicia onde moraban este tipo de piratas: raqueiros e contrabandistas.

 

Descubrides uns personaxes habituais das costas occidentais de Europa que se moven entre a lenda e a realidade: eses piratas de terra que acendían fachos para despistar aos barcos que se achegaban á costa.

Ramón Trigo: Acender fachos para que encallasen os barcos non debía de ser habitual, pero de seguro que nalgunha ocasión si que ocorreu.

X.M.: Dos raqueiros hai máis de lenda que de realidade. Hoxe en día aínda hai o costume de “ir á praia” para recoller os restos que caen dos barcos, e en tempos pasados pasaba exactamente o mesmo, coa excepción de ver se os naufraxios eran ou non provocados. Como che comentaba hai moito de lenda, pero nesa lenda sempre hai un pouso de realidade.

R: E nós situamos xeograficamente O burato do inferno en A Guarda, que foi de sempre un viveiro de contrabandistas pola súa situación raiana con Portugal.

 

Tras unha vida truculenta e perseguido polas pantasmas do pasado Bieito 'O Lindo' busca a redención a través do seu fillo, quen procura resarcir as contas pendentes do pai nun último acto de xustiza.

R: Bieto resárcese no leito de morte diante do fillo e este adopta o rol de heroe no libro. O fillo ten moralmente o deber de reparar o mal que fixo o seu pai.

X.M.: Esta novela gráfica está ambientada nunha época na cal existía un forte sentimento relixioso. Nesa escena e noutras que aparecen no libro quixemos reflectir precisamente iso: definir a fronteira entre o ben e o mal.

 

Dende os piñeirais baixaron [...] mulleres, rapaces, vellos, cans. Realmente estaba asimilada a pillaxe como unha forma de supervivencia?

X.M.: Isto ven ao fío da pregunta anterior, entre diferenciar o ben do mal. Vemos por unha banda que o contrabando é ilegal, que é delito, pero por outra está aceptado pola sociedade. O contrabandista non ten a sensación de estar facendo unha cousa pecaminosa. Vese iso na escena que comentas, cando os contrabandistas baixan ao barco para recoller o importante e unha vez rematan o resto da vila vai buscar o sobrante. Queremos insistir en que o contrabando non estaba tipificado popularmente como un delito, xa que toda a xente participaba del. Nesa Galicia empobrecida había que sobrevivir.

 

Ramón Trigo presenta na novela unhas ilustracións moi cinematográficas, tétricas, en branco e negro, que lle acaen realmente ben ao que é o contido da historia.

R: As ilustracións teñen un sentido cinematográfico porque Xosé Manuel concibiu o guión para ser levado ao cine. Un guión para cine e un guión para banda deseñada manteñen moitos paralelismos, por non dicir que son idénticos: hai secuencias, diferentes tipos de planos... Traducir iso á banda deseñada é doado.

Como os textos de Xosé Manuel son moi claros e visuais, a min o que me saíu finalmente é unha storyboard, é dicir, un guión cinematográfico debuxado. Entón, o lector vai vendo as secuencias como se se tratara dun filme.

A estética xa correspondería ao tipo de historia que conta Xosé Manuel. Toda a historia se desenvolve de noite, nun ambiente tormentoso, de sombras, etc. O relato que queremos contar está encadrado nunha Galicia oprimida, escura e de miseria. A nosa idea era amosar unha historia lúgubre que se apreciase tanto no texto como nas ilustracións.

 

Son imaxes dunha gran forza visual e dun ritmo trepidante. Ás veces parecen fuxir do texto, un texto moi directo e espido de todo o innecesario.

R: Si, porque o que fixemos foi ir sacando texto. O texto segue a estar pero contado nas imaxes.

X.M.: Dimos máis importancia á imaxe que á palabra. Todo o que amosa a imaxe non se relata.

 

Ramón, que referentes utilizou para definir esa Galicia lúgubre das ilustracións?

R: As ilustracións están feitas en lapis e carbón. A min gústame moito o cine expresionista alemán, con moita sombra e escorzo e iso acaía perfectamente na historia. Ademais se te fixas na portada podes atopar similitudes co Nosferatu de Murnau.

X.M.: O que queriamos era crear unha atmosfera que turrara do lector para que se introducira nela.

 

Tras o magnífico resultado de O burato do inferno, pensades seguir nesta liña de traballo?

X.M.: Estamos pendentes de publicar Kartoffel, que quedou finalista do premio Castelao de banda deseñada o pasado ano. Unha historia que trata sobre o contrabando de wolfram por parte dos nazis en Galicia.

R: Temos varias ideas xa preparadas. O vindeiro que sairá será Kartoffel pero hai máis cousas... 

 

 

 Vigo, Setembro do 2010

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!