by
Mar, unha adolescente europea, viaxa a Senegal acompañando á súa nai, que traballa no proxecto de construción dunha biblioteca e unha emisora de radio nun pobo de agricultores e pescadores ao norte da rexión. Habituada ás comodidades e dinámicas do chamado primeiro mundo, a medida que se vaia aclimatando aos...
by
"Todas as vidas" recrea relatos de soñadores, perdedores, persoas frustradas ou de aspirantes á revolución. Son un monllo de vidas que abanean entre o marabilloso e o absurdo, vidas intensas que petan con forza á nosa beira. Un exlexionario fantasía con tempos felices sobre os areais de Melilla; un aspirante...
by
«Recordo que cando cheguei ao lugar do crime pensei que todo o mundo se volvera tolo». Así comeza esta historia de morte, paixón e loucura. Nunha noite de 2001, unha prostituta aparece asasinada no barrio coruñés dos Castros. A muller morreu desangrada e coa marca dos cairos na gorxa. O...
by
A vida na fundición publicouse en 1861 na revista bostoniana The Atlantic Magazine. Por múltiples razóns, como a orixinalidade coa que está escrita ou a denuncia aberta da realidade industrial do país, a obra tivo unha recepción extraordinaria e recibiu acendidos encomios saídos das principais plumas do momento en América do Norte:...
by
«A brea de avelaíñas» é unha obra sobre o cambio climático na que o prestixioso ambientalista Michael McCarthy combina lembranzas, anécdotas e datos rigorosos enfocados á urxencia de frear a perda de biodiversidade. A diferenza doutros libros de temática ambiental centrados na información numérica, este manifesto bebe directamente da memoria...
by
Camila viviu durante décadas unha mentira sostida coa complicidade dos que a rodean. No seu regreso á vila de Briana, no verán de 1987, deberá reunir o valor para enfrontarse á verdade. Alí, Antón, o ferreiro artista, pechouse no seu mundo, a arrastrar a dor e a culpa dos que...
by
Libro de poemas dunha autora que comeza o seu camiño literario, na procura dun verso limpo e fondo. No cruce da paixón e do pensamento, da instrospección máis sincera e na emoción máis pura. Un poemario dunha nova voz que dará moito que falar.
by
Ana Romani levaba unha década sen publicar un poemario pero a espera pagou a pena porque A desvértebra supón un xiro revelador na súa obra e descubre novas vertentes e expresións dunha poeta que xa é, en por si, unha das voces máis admiradas da poesía galega contemporánea. Estamos ante un libro...
Cemiterios egrexios e tumbas de poetas
by
Este libro vai de escritores devanceiros e da súa última morada: os cemiterios onde están entrerrados moitos deles. Non trata da morte, ese tránsito que non ten porque ser, por outra parte, "particularmente triste". Este libro quere ser de recordo a uns creadores que xa non están con nós, que nos deixaron...
by
Conversas mantidas con Isaac Díaz Pardo e Xosé Neira Vilas. Cando se cumpre o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo, lembralo xunto ao que foi durante cincuenta e seis anos un dos seus grandes amigos, Xosé Neira Vilas —oito anos máis novo—, supón sen dúbida un xesto de recoñecemento e...