Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Este pasado sábado faleceu o escritor, profesor e político ribeirense Plácido Betanzos. Betanzos naceu no ano 1952 en Palmeira (Ribeira) e foi profesor de tecnoloxía no I.E.S. Leliadoura de Ribeira. Na súa vertente política foi voceiro do BNG de Ribeira entre os anos 1992 e 2002, sendo candidato a alcaldía dese mesmo concello nos anos 1995 e 1999. Como narrador gañou algúns certames de relato e publicou varias novelas, a última Bágoas na chuvia, publicada hai un par de anos en edicións Fervenza.
Máis dunha trintena de expositores, entre editoras, librarías e institucións tomarán parte na segunda Semana do Libro de Compostela (SELIC), que se desenvolverá na praza da Quintana dende hoxe ata o domingo 10 de xuño. A SELIC buscar converterse nun espazo singular, con postos heteroxéneos que reflictan a diversidade do sector do libro da capital do país. Será unha semana de celebración ao redor do libro, con actividades que inviten á participación de toda a familia. Por iso, máis alá das presentacións e firmas de exemplares, na Semana do Libro fomentaranse actividades paralelas como visitas guiadas pola cidade, espectáculos infantís,…
Santiago de Compostela acolle unha nova edición de roteiros literarios guiados pola cidade. Estes paseos literarios procuran homenaxear a obra de autoras e autores galegos e a pegada da capital galega na literatura. Esta actividade é unha iniciativa da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG) desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Santiago de Compostela e outras entidades como a Asociación Cultural O Galo.   Programa Xoves, 31 de maio, ás 18.00 h. Compostela negra, con Diego Ameixeiras. Punto de partida: Praza de Cervantes. Sábado 2 de xuño, ás 19.30 h., Paseo por unha cidade na palabra, homenaxe…
Ourense acolle dende hoxe a  trixésimo cuarta edición da Feira do Libro de Ourense, que se desenvolverá ata o sábado 2 de xuño na súa localización habitual na rúa do Paseo. Esta edición contarase coa asistencia de 13 casetas. Baixo o lema Ler sen fronteiras, inspirado pola escritora María Victoria Moreno, homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas, ata Ourense chegarán autoras e autores como Pablo Nogueira, Manuel Uhía, Genaro da Silva, Manuel Miragaia ou Alberto Ramos, entre outros moitos. Entre as múltiples actividades a realizar, como presentacións e sinaturas de libros, contacontos, obradoiros, etc. dirixidas a todas as idades, de…
O Instituto Cervantes de Múnic acollerá, do 14 de xuño ao 19 de xullo, unha exposición do debuxante Kiko da Silva. O vigués exporá orixinais das súas obras Baixo a sombra das pedras flotantes, FIZ Curso de cómic e de Castelao, Alma galega. A exposición contará o día 14 cunha charla co propio Kiko da Silva, que estará moderada por Rainer Schneider, comisario da exposición e un dos directores artísticos da mesma, a modo de inauguración. Nas súas redes sociais, da Silva destacou a importancia do Festival de banda deseñada Viñetas desde o Atlántico para a visibilidade no exterior dos…
A familia de Ramón del Valle-Inclán cede a Universidade de Santiago de Compostela (USC) a biblioteca persoal do escritor arousán, así como o arquivo familiar, documentación sobre representacións teatrais das obras do autor, traducións e outros documentos diversos. Esta nova cesión contén arredor de 5.000 volumes dos que máis de 600 son libros dedicados por outros escritores; o arquivo da familia, con máis de 30 volumes; e o fondo documental de Mercedes Alsina Gómez-Ulla e Carlos del Valle-Inclán Blanco que integran unha colección de tomos encadernados con documentación de prensa do período 1936-2006, entre as que se atopan novas sobre…
Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, e o debuxante Kiko da Silva presentaron en Santiago de Compostela o lanzamento dun novo produto cultural en lingua galega que promove a Mesa e dirixe Kiko da Silva. O produto será unha revista de banda deseñada chamada A viñeta de Schrödinger.  A viñeta de Schrödinger nace para dar voz e visibilidade ás bandas deseñadas breves de autoras galegas e galegos, mais tamén para que o lectorado, tanto adolescente como adulto, poidan ler e descubrir a banda deseñada de calidade que se fai en Galicia. Kiko da Silva anunciou que son 16 os colaboradores e…
O poeta lucense Lois Pérez ven de gañar o certame aRi(t)mar, en que compiten creadores de Galicia e Portugal e que está organizado polas escolas oficiais de idiomas. Foi polos versos de Blues do rei Bergman recollidos no libro Long Play, publicado o ano pasado por Xerais. Escollérono estudantes de Galicia e Portugal a través de votacións na rede. Lois Pérez competía cos versos de Eli Ríos, Fran Alonso, Lupe Gómez, Marta Dacosta, Olalla Cociña, Pura Tejelo, Sther F. Carrodeguas, Xulio L. Valcárcel e Xurxo Alonso. Este proxecto didáctico-cultural ten por obxectivo dar a coñecer e difundir cada ano a poesía…
O Centro Ágora da Coruña acolle hoxe a celebración de Ferrados de Letras, un festival de poesía, baile e música organizada pola Asociación Veciñal da Agra do Orzán, co patrocinio do Concello da Coruña, e que conta coa colaboración da AELG e da Sociedade Cultural Medulio. Ao longo da xornada, que dará comezo ás 20.30 h., o publico asistente poderá gozar da música tradicional con varios colectivos da asociación (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., Bailador@s da vida, Pandereteir@s da paz) e o grupo Parabéns. Pola súa banda o colectivo Recitador@s de soños achegará á poesía de María Victoria Moreno, autora homenaxeada co Día das…
A Asociación Galega de Editoras (AGE), reunida en Asemblea Xeral Extraordinaria, renovou os cargos da súa Xunta Directiva para os dous próximos anos e decidiu por unanimidade reelixir como presidente a Xosé Ballesteros Rei, director de Kalandraka Editora, nunha aposta da Asociación pola consolidación e continuidade na liña de traballo desenvolvida nestes dous últimos anos. O equipo directivo queda tamén configurado polo vicepresidente, Henrique Alvarellos Casas (Alvarellos Editora); a secretaria, María Xesús Gómez (Rodeira); a tesoureira, Ana Guerra Cañizo (Edicións Obradoiro) e catro vogais: Andrea Jamardo (Urco Editora), Miguel Toval (Edicións Embora), Francisco Alonso (Edicións Xerais de Galicia) e Xulio…
Páxina 4 de 157

Buscar en Novas >

Axenda >

Febreiro 2018
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
› Trece estampas da traizón. 80 anos da publicación
00:00
Fundación Luís Seoane, A Coruña
Proxecto expositivo que xira ao redor do álbum de debuxos homónimo de Luis Seoane
› Presentación de Poemas do Carricanto en Ferrol
19:30
Antigo Hospicio, Ferrol
Compilación de todos os versos inéditos escritos polo intelectual Fernando Pérez-Barreiro Nolla
› Presentación de O xardineiro dos ingleses na Coruña
19:30
Libraría Moito Conto, A Coruña
Novela coa que Marcos Calveiro acadou o Premio García Barros 2017
› Presentación de Díaz Castro: poeta en formación (1914-1939) en Compostela
19:45
Libraría Couceiro, Santiago de Compostela
Emilio Xosé Ínsua López presenta este estudio sobre o poeta guitiricense
› Presentación de Limiar de conciencia en Compostela
20:00
Libraría Lila de Lilith, Santiago de Compostela
Cris Pavón presenta a súa novela, publicada por Urco editora
› Presentación de Alma. Un sopro de aire fresco en Compostela
20:00
Numax , Santiago de Compostela
José Lorenzo Tomé presenta a súa última novela, publicada por Baía
› Presentación de O xardineiro dos ingleses en Vigo
20:15
Café Badía, Vigo
Novela coa que Marcos Calveiro acadou o Premio García Barros 2017
› Teñamos a poesía en Paz, en Pontevedra
20:30
Libraría Paz, Pontevedra
Con Lara Dopazo Ruibal, Xosé María Álvarez Cáccamo e Berta Álvarez Cáccamo
› Presentación en Lalín de Long Play
20:30
Casino, Lalín
"Long Play" soa coma unha poesía incitada polas persuasións da aventura e do risco
Data :  01/02/2018