Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Xosé María Álvarez Cáccamo, Luz Darriba, o Festival Internacional de Outono de Teatro-FIOT, o grupo A Roda, o Festival de Cans, Antón Santamarina, a Asociación O Sorriso de Daniel e Ramón Villares son os galardoados dos Premios da Cultura Galega 2018. Os premiados foron distinguidos nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior, respectivamente, por un xurado que estivo presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do goberno do país, Román Rodríguez. Na modalidade de Letras o galardoado é Xosé María Álvarez Cáccamo, un dos escritores máis destacados do panorama…
Dende hoxe e ata o sábado 29 de setembro Salvaterra de Miño acollerá una nova edición do Encontro Literario-Musical Entreverbas, un encontro coa palabra, un evento que xira arredor da maxia das verbas na voz das súas autoras e autores. Neste 2018, no que se celebra o cuarto Encontro, arrancará esta tarde, ás 20.30 h., coa charla de Branca Novoneyra titulada Uxío Novoneyra, pai e poeta. Será na Casa do Conde de Salvaterra. Na xornada de mañá proxectarase, tamén a partires das 20.30 h., o filme Mulleres da raia, tras o cal haberá un coloquio coa directora Diana Gonçalves. Celebrarase…
A xornalista e poeta noiesa Ana Romaní foi galardoada no día de onte co Premio de Xornalismo Cultural que outorga o ministerio de cultura e deporte do goberno español. O xurado motivou a escolla de Romaní “pola súa longa traxectoria no xornalismo, o seu constante labor en prol da cultura e da radio con formatos propios”, así como pola “súa visión de feminismo crítico e compromiso social”. O ministerio de cultura recoñece con este premio o traballo de profesionais do xornalismo que, ben a través das súas obras, ben a través da súa participación activa en diversos eidos da creación…
O futuro do libro galego pasa pola súa proxección exterior. Un sistema literario coma o do noso país, dotado dunha contrastada e premiada calidade, e cunha variedade —ou “biodiversidade”— manifesta, en xéneros, temáticas e formatos editoriais, debe procurar a exportación dos contidos e dialogar dun xeito bilateral con outras culturas.  En colaboración coa Asociación Galega de Editoras, o Consello da Cultura Galega organiza este mércores 26 de setembro, a partires das 10.00 h., a xornada A internacionalización do libro galego. Esta xornada está dirixida ás empresas editoras que desexen iniciar ou afondar no proceso de proxección exterior e de comercialización. O obxectivo…
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) celebra o seu Encontro Galego de Ilustración, unha cita anual que este ano chega a súa edición número 15, e ofrece máis contidos e actividades de interese tanto para profesionais como para o público xeral. Este encontro desenvolverase os días 28 e 29 de setembro en Santiago de Compostela. Os convidados principais deste ano son tres nomes de grande relevancia dentro do panorama actual da ilustración: Ana Galvañ, Juan Díaz-Faes e Miguel Gallardo. O venres 28 a Unitaria (Calzada de San Pedro, s/n) acolle dúas actividades: un obradoiro de ilustración a cargo de Miguel Gallardo —co irónico título de Eu non sei…
A Asociación Galega de Editoras organiza o I Encontro da Edición galega e portuguesa - I Encontro da ediçao galega e portuguesa, unha xornada profesional, baixo o lema Galiza e Portugal: dous mercados que se ignoran?, que vai celebrarse o vindeiro 25 de setembro, no marco do Auditorio do Consello da Cultura Galega, en Compostela, en xornada de mañá e tarde. Houbo un tempo en que unha grande parte das galegas e dos galegos ollabamos a Portugal como un irmán que podería axudarnos a potenciar a nosa propia lingua, a nosa cultura, para achegarnos como pobo diferenciado a gran familia da lusofonía. Soñabamos con normalizar o…
A Coruña acollerá a 47ª edición da Feira do Libro, que se desenvolverá do 1 ao 10  de agosto nos xardíns de Méndez Núñez. O escritor Xavier Senín será o pregoeiro da inauguración da Feira, hoxe ás 12.30 h., na que participarán un total de 36 casetas, das cales 34 serán de librarías e editoriais, e outras dúas pertencerán á secretaría técnica. En total, durante os dez días da Feira, tanto a Federación de Libreiros como as librarías da Coruña organizarán numerosas actividades, así como preto dun cento de sinaturas de autoras e autores, entre as e os que se atopan…
A obra Os bicos feridos, de Anna R. Figueiredo, impúxose por unanimidades no I Premio Viadutos de Novela que convoca o concello de Redondela. A obra gañadora será publicada por Galaxia o vindeiro outono. O xurado, formado polas escritoras Inma López Silva e Tamara Andrés, as libreiras Mercedes Corbillón e Esther Gómez, e a editora Malores Villanueva, salientou a orixinalidade dos temas tratados na novela, a depuración do estilo "poderoso" e "por veces lírico", "a utilización da ironía e a personalidade das voces", así como a complexidade da trama. En Os bicos feridos, a través da historia dunha moza emigrante…
Cincuenta autores e autoras da literatura actual galega foron retratadas pola mirada singular do fotógrafo Anxo Cabada, que as reúne nunha mostra na que cada imaxe se acompaña dun texto literario da persoa fotografada. A exposición, que leva por título  O imaxinario do país. Letras de magnesio. Retratos fotográficos e autorretratos literarios de escritores e escritoras, chegou o pasado venres 27 a Vigo, onde permanecerá na Casa das Artes ata o 9 de setembro. Recuperar o pulso da calma e da reflexión a través da fotografía é un dos obxectivos deste proxecto, co que Anxo Cabada quere contrapoñer o acto…
A Consellería de Cultura e Educación do goberno de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Cultura, acaba de resolver as axudas á tradución a outras linguas de obras publicadas en galego e á tradución ao galego de obras publicadas noutras linguas, así como para a súa edición. Trátase dunha subvención de carácter bianual, á que se destinan 200.000 euros e da que se van beneficiar 67 publicacións de 22 editoras diferentes. Con esta orde de axudas preténdese facilitar que se atopen no noso país e na nosa lingua os textos significativos producidos no exterior, ao mesmo tempo que proporcionar…
Páxina 4 de 161

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
27
Data : 27/01/2017