Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

A Real Academia Galega homenaxeará a Salvador García-Bodaño o día 21 de marzo co gallo do Día Mundial da Poesía. A celebración terá lugar a partir das 19.30 h. do xoves 21 de marzo no salón de actos da RAG, institución á que Salvador García-Bodaño pertence como membro de número desde 1992. Recitarán os versos do poeta vigués Dorés Tembrás, Xulio López Valcárcel, Alba Cid, Baldo Ramos e os membros da Academia Luz Pozo Garza, Margarita Ledo Andión, Xosé Luís Franco Grande, Darío Xohán Cabana, Helena Villar Janeiro e Marilar Aleixandre. Andrea Porto conducirá o acto, que abrirá o presidente…
Venres, 08 Marzo 2019 13:00

50 anos da libraría Couceiro

O sábado 9 de marzo a libraría Couceiro (Pza. de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela cumpre 50 anos e queren celebralo con todos os amigos e clientes. Aínda que ao longo de todo o mes de marzo a libraría ten previstas varias actividades como encontros de escritores con alunos de centros educativos de toda Galicia ("Libros: lectura e escritura en primeira persoa), unha xornada aberta ao público dun obradoiro de escritura... o propio día 9 queren facer unha grande festa con música e contacontos.   Programa. 12.15 h. Vivas e atranque das "Generalinhas" da Semente.  12.45 h. Actuación de De ninghures. De Ninghures é…
O escritor Manuel Rivas foi galardoado co Premio Internazionale de Scritture in Lingua Madre de Ostana 2019. Este premio, que vai pola undécima edición, está organizado pola comuna-concello de Ostana, no Val de Po (Italia), e a Asociación Cultural Chambra d’Óc. O Premio Ostana naceu no ano 2008 coa intención de poñer en valor aos creadores que escriben as súas obras na “lingua materna”, linguas de pequenos territorios e minoritarias no mundo. O Premio Ostana  desta edición recoñece tamén o labor como tradutor de Craig Patterson, autor da primeira versión en inglés do Sempre en Galiza de Castelao, Forever in Galicia (Boutle, 2016). A…
O poeta punxinés Manuel Vilanova faleceu este martes 5 de marzo en Vigo aos 75 anos de idade. Manuel Vilanova estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidade Complutense de Madrid cunha tese sobre a poesía de Luís Cernuda. En Vigo foi catedrático de ensino medio de Lingua e Literatura española. Como poeta está considerado como un dos que marcou o paso da literatura socialrealista á preocupación máis esteticista dos anos oitenta xunto con Xosé Luís Méndez Ferrín e Arcadio López-Casanova. Para Ramiro Fonte Manuel Vilanova é o introdutor da poesía artellada sobre a intertextualidade.…
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, depositario do legado de Luísa Villalta, organiza a xornada de homenaxe Palabra de muller. Lembrando a Luísa Villalta no seu quince cabodano, que se celebrará mañá mércores 6 de marzo, a partir das 16.30 h., no salón de actos do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela. Baixo a coordinación do investigador e crítico literario Armando Requeixo, a xornada de homenaxe a Luisa Villata principiará coa inauguración oficial, na que participarán, alén das autoridades, a nai e a irmá da escritora homenaxeada, María Gómez Castro e Susana Villalta Gómez. De seguido haberá…
A poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño impulsa a creación da Residencia Literaria 1863. Situada na emblemática rúa coruñesa Rego de Auga, a poucos pasos de onde naceran a Real Academia Galega e as Irmandades da Fala, eríxese o histórico edificio de 1863 que alberga o novo e meirande proxecto de Yolanda Castaño. Do ano en que se publican os Cantares Gallegos de Rosalía e se dá inicio ao Rexurdimento Literario datan os muros de pedra dun espazo que se enfoca por enteiro ao traballo creativo. Nunha vía histórica do corazón da cidade, fronte á Biblioteca Provincial e con vistas…
A Casa-Museo de Álvaro Cunqueiro, sita na Praza da Catedral, en Mondoñedo, abrirá as súas portas este venres 1 de marzo tras estar os últimos meses traballando no seu acondicionamento. En pleno centro histórico de Mondoñedo, a Casa-Museo consta de tres andares. A planta baixa da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, á que se accede dende os soportais do chamado Cantón Grande, alberga a recepción aos visitantes e un punto de información turístico e acolle, ademais, na súa parte interior, a Taberna de Galiana. O primeiro andar do edificio que habitou Álvaro Cunqueiro ao longo de tres décadas alberga, por unha banda,…
Vocacións e ideais de Plácido Castro é o título dunha xornada que se celebrará o venres 22 de febreiro no Centro Exposalnés de Cambados, organizado polo propio concello de Cambados e a Comisión de Acción Exterior do Consello da Cultura Galega coa colaboración da Fundación Plácido Castro. Baixo a coordinación de Xulio Ríos, esta xornada pretende afondar nos tres eixes que marcaron a vida de Plácido Castro: tradución, xornalismo e universalismo. Plácido Castro (1902-1967) é un dos símbolos máis sobranceiros do universalismo galeguista. Pola súa orixe e a súa formación, foi unha rara avis no galeguismo dos anos trinta. Humanista,…
A Cidade da Cultura de Galicia súmase aos actos polo Día de Castelao  botando a andar o 30 de xaneiro o ciclo Diálogos ao redor de Castelao, un espazo de conversa, análise e reflexión sobre a época, a figura e a obra do escritor, pintor, político e intelectual galeguista, que contará coa participación de destacados especialistas en historia, arte, ilustración, política e movementos migratorios. Estas xornadas, de balde con inscrición previa, inxírense dentro do programa de actividades para arroupar e dinamizar  a exposición Castelao maxistral, do Museo Centro Gaiás, na que se exhibe por vez primeira en Galicia o lenzo A derradeira leición do…
A Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, acolle ata o 19 de febreiro a exposición Bibliotecas no espello. Unha viaxe polo libro e a literatura a través das edicións facsímiles. Esta exposición forma parte das actividades anuais do programa Nortear, creado en 2015 a través dun memorando de entendemento asinado entre o goberno de Galicia, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal. Bibliotecas no espello amosa, cunha selección de 80 libros de produción literaria, a riqueza do patrimonio literario e librario…
Páxina 4 de 166

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
26
Data : 26/04/2019

Exposicións >

No upcoming event!