Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O suplemento cultural Revista das Letras celebra o seu vixésimo aniversario. Incluído inicialmente nas páxinas de El Correo Gallego e agora no Galicia Hoxe todos os xoves, é o suplemento cultural máis lonxevo dos medios galegos. Segundo lemos no Galicia Hoxe, os responsables do suplemento (M. Dopico e A.R: López) prepararon sete monográficos especiais e que inclúe unha entrega específica para o 17 de maio, dedicado como é habitual cada ano á figura do escritor homenaxeado co Día das Letras, Lois Pereiro.
O padroado da Fundación do Pedrón de Ouro acordou recoñecer a exemplar traxectoria vital e conceder o Pedrón de Ouro 2011 á sindicalista labrega Lidia Senra. Na mesma reunión decidiu outorgar o Pedrón de Honra 2011 aos profesores de Filoloxía Latina da Universidade de Granada, Aurora López e Andrés Pociña, pola súa traxectoria de escritores, estudosos e divulgadores da cultura e lingua galega. Lidia Senra, líder indiscutible do sindicalismo labrego galego, feminista galega e referencia obrigada dentro do movemento agrario europeo e internacional, naceu en casa labrega da Pobra do Brollón (1958), comezou a participar desde moi nova nas loitas…
Onte tivo lugar a entrega do VII Premio de artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo a Marcos Abalde Covelo polo artigo titulado Empoderármonos. O xurado do premio fixo público o artigo gañador deste certame o pasado luns 2 de maio. Segundo o xurado, o recoñecemento do artigo de Abalde Covelo débese ao «paralelismo entre a situación das mulleres e a da lingua galega, adentrándose na violencia simbólica exercida contra o galego e contra as mulleres». Na acta do xurado sinálase que o artigo «fala sobre a hibridación do galego co castelán, ten interesantes conexións intertextuais e chama a atención individual…
O xurado da XXVI edición dos premios Antón Losada Diéguez, composto por Francisco Fernández Rei representando á Real Academia  Galega; Henrique Monteagudo, polo Consello da Cultura Galega; Francisco Fariña, polo Museo do Pobo Galego; nx0woé Luís Valladares, representando á Deputación de Ourense; Anxo Tarrío, pola cátedra de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago; Xosé Henrique Costas, pola Universidade de Vigo; e Xosé Ramón Freixeiro, pola Universidade da Coruña; e actuando como presidente Cipriano Caamaño e vicepresidenta María nx0woefa Pérez, outorgaron o premio de creación literaria a Xulia Alonso, pola súa obra Futuro Imperfecto, editada por Galaxia. O xurado…
Os socios e socias da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) escolleron o pasado sábado os gañadores dos premios outorgados polos 408 membros da AELG, quenes escolleron os mellores libros publicados no 2010. Este acto tivo lugar en Santiago de Compostela no transcurso da Cea das Letras. Alén das diferentes categorías, coñecíamos de antemán outros dous galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG: o premio para a Institución que se caracterizase pola súa contribución á divulgación da literatura galega, que este ano será para a Fundación Penzol; e mais o Premio AELG 2011 “Escritor Galego Universal”,…
Este mes de maio que principia trae consigo a rodaxe do filme Sinbad, unha adaptación da novela de Álvaro Cunqueiro Se o vello Sinbad volvese ás illas. Antón Dobao será o encargado de elaborar o guión e de dirixir este filme para tv, coproducida pola TVG e por Ficción Producciones. Sinbad suporá unha homenaxe a Cunqueiro no seu centenario. Entre o elenco de actores atopamos a Mela Casal, Sara Casasnovas, nx0woé Ángel Egido, Mariña Sampedro, Luís Zahera e Xosé Manuel Olveira “Pico”.  Para seguir os pormenores deste filme, do que xa se conta co cartel de David Rubín, está aberta unha…
Xerais ven de publicar no seu web un capítulo da que será a primeira novela de Agustín Fernández Paz que verá a luz nunha colección de adultos, Non hai noite tan longa. Autor de prestixio internacional, a obra de Fernández Paz centrouse nos últimos vinte anos en producir libros destinados a un público xuvenil e infantil. A súa obra recolleu algúns dos premios e mencións máis importantes en canto a literatura infantil e xuvenil e está traducida a máis de dez idiomas. Agora, con Non hai noite tan longa, cambia de rexistro para ofrecer ao lector a historia do regreso…
O pasado sábado arrancou unha nova edición da Feira do libro de Santiago de Compostela, que neste ano chega a súa trixésima edición e se celebrará ata o 8 de maio na Alameda compostelá. O acto inaugural, a cargo da Banda Municipal de Música e da Asociación do Traxe Galego, contou coa lectura do pregón oficial do escritor Diego Ameixeiras, gañador do Premio Irmandade do Libro ao mellor libro do ano 2010. Ao longo das diferentes xornadas, os visitantes poderán disfrutar de sinaturas de libros, actividades para escolares, charlas, presentación de libros, recitais poéticos, teatro ou sorteos de libros, entre outras…
O cómic Titoán, do debuxante compostelán Iván Suárez e o guionista de Lalín Ignacio Vilariño, é a obra gañadora da VII edición do premio de banda deseñada Castelao, convocado pola Deputación da Coruña. A concesión do xurado foi feita público esta mañá polo presidente da institución provincial coruñesa, Salvador Fernández Moreda, e o comisario do certame, Miguelanxo Prado, durante unha rolda de prensa na que se destacou o excelente nivel medio dos traballos presentados a esta edición, o que supón “unha progresión” do certame. Segundo explicou Miguelanxo Prado, Titoán é “unha achega adulta a un personaxe histórica como Castelao, a…
A colaboración entre a Xunta de Galicia e a Municipalidade de General Pueyrredón permitiu que as bibliotecas da cidade arxentina de Mar del Plata ofrezan a posibilidade de achegarse á literatura e á cultura galega a través da nova Sección Galega ‘Castelao’, creada con fondos bibliográficos doados pola Xunta de Galicia. A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos distribuirá un total de 900 libros entre os distintos centros de lectura municipais. No marco da XXXVII edición da Feira Internacional do Libro de Bos Aires, o director xeral do Libro, Bibliotecas e…
Páxina 146 de 157

Buscar en Novas >

Axenda >

Xullo 2018
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom