Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Martes, 30 Agosto 2011 09:48

VI Ciclo de Escritores/as na Universidade

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a colaboración da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, organiza o VI Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade, que chega á súa sexta edición, desta volta co lema Literatura galega hoxe (alba de gloria ou solpor dos deuses): poesía, narrativa, teatro. Os escritores/as perante a crise. Os/as autores/as falarán da súa obra persoal e as súas expectativas perante a grande crise (galega, española, europea; literaria, social, de comunicación, de visibilidade..., etc.) na que estamos e como saír dela.…
O xoves 8 de setembro a Irmandade Manuel María celebrará, un ano máis, a Memoria da Chaira Enteira, acto de homenaxe coincidindo co cabodano do poeta Manuel María. Programa En memoria de Manuel María 14.30 h. Xantar no Río Ladra 16.30 h. Recital de poesía en Penas de Rodas 18.00 h. Pregaria no Cemiterio de Outeiro de Rei, arredor de Manuel María, coa palabra de Xosé Vázquez Pintor. Rito da navalla Con entrega a David Otero Recital da poesía de Manuel María musicad por Miro Casabella, Antón Valcarce, Tino Baz e Mini e Mero. Para apuntarse a xantar no teléfono 646413890…
A AGE volverá participar de novo na Bienal do Livro de Brasil, evento que ten lugar nas dúas cidades punteiras dese enorme e emerxente estado: São Paulo e Río de Janeiro. No ano 2008 a AGE mantivo unha rolda de negocios cos editores brasileiros na que contou coa inestimable axuda e colaboración da Cámara Brasileira do Livro e da responsable do proxecto APEX para ese sector, Dolores Manzano. Daquela, oito editores galegos viaxaron nunha misión da Cámara de Comercio de Pontevedra, contando coa colaboración dun técnico do IGAPE, que participou tamén no desenvolvemento da axenda de traballo. A exposición de…
O Dicionario de pronuncia da lingua galega xa está dispoñible na rede para consulta aberta de todos os usuarios e usuarias de internet. A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia contribuíu á realización desta ferramenta en liña que propón un modelo de pronuncia estándar para o galego. Este novo recurso baséase na información fonética do Dicionario de pronuncia da lingua galega, do profesor Xosé Luís Regueira, publicado pola Real Academia Galega en 2010 no marco dun proxecto desenvolvido polo Instituto da Lingua Galega. Ademais da transcrición fonética que se ofrece nesta publicación, a versión electrónica do dicionario…
O Concello de Cambados concedeu a Xavier Castro a “Folla de Prata”, con motivo da quinquaxesimonovena edición da Festa do Albariño. O xurado valorou nomeadamente o feito de ser o autor do libro A rosa do viño, publicado por Editorial Galaxia, no que alude con amenidade e rigor ao viño albariño e tamén a Álvaro Cunqueiro, na súa faceta da catador de viños, a quen está consagrado este ano a festa do albariño. Esta é a terceira distinción que recibe o mencionado libro, que xa obtivo o Premio Deza Investigación, concedido polos Concellos da Comarca do Deza, e o premio Gourmand World Cookbook Awards 2010, na categoría Best…
Martes, 30 Agosto 2011 09:44

30 aniversario do Monolito Pondaliano

A Fundación Eduardo Pondal, Concellería de Cultura, Servizos Sociais e colectivos asociativos do Concello de Ponteceso, organizan unha serie de actos culturais de lembranza no XXX aniversario do Monolito Pondaliano que se desenvolverán ata o 4 de setembro. Dende onte pódese visitar, no Centro Cultural de Ponteceso, a exposicion “Terra de Bergantiños” e “Bibliografía dos escritor@s pontecesáns” e na Fundación Ricardo Pérez Verdes unha exposición e exhibición de xogos tradicionais, mentres que nas librerías A Pesqueira e A Tenda dos Libros haberá unha exposición e venda de libros de autor@s pontecesáns. Hoxe ás 19.30 h. , na Praza do Pan…
Martes, 30 Agosto 2011 09:44

Da páxina á grande pantalla

En vindeiras datas os espectadores de televisión e de cine poderán ver varios filmes baseados en libros galgeos. Se hai unhas semanas remataba a rodaxe de Si o vello Sinbad volvese ás illas, de Cunqueiro, dirixida por Antón Dobao e protagonizado por Xosé Manuel Olveira Pico e Sara Casasnovas, en breve comezará a rodarse Todo é silencio, do director nx0woé Luís Cuerda sobre o libro homónimo de Manuel Rivas. Cuerda volve sobre o autor coruñés tras a rodaxe de A lingua das bolboretas, baseado en tres relatos do libro Que me queres, amor?. O éxito da novela negra galega dos…
O presidente da Fundación Valle-Inclán, Xerardo Fernández Albor, e o Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asinaron un convenio de colaboración para a realización de actividades relacionadas co escritor. En total, a Consellería destinará 25.000 euros para conmemorar a figura do autor no 75 aniversario do seu pasamento. En virtude deste acordo, desenvolverase un programa de actividades sobre a figura do escritor, entre as que destacan actuacións da Escola de Teatro Valle-Innova. O obxectivo é que o traballo realizado polos alumnos nos anos de aprendizaxe nesta escola se materialice coa posta en marcha de obras de Valle-Inclán nos concellos…
O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luís Méndez Ferrín, e o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, asinaron un convenio de colaboración para que se continúe desenvolvendo os traballos da RAG de terminoloxía, lexicografía e  sociolingüística. Para o desenvolvemento de terminoloxía, un dos proxectos fundamentais que a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, mantén en colaboración coa RAG é o Termigal, o Servizo de Terminoloxía Científico-Técnica en Lingua Galega. En segundo lugar, en canto aos traballos lexicográficos, o convenio permitirá finalizar a nova edición do dicionario…
Domingo, 31 Xullo 2011 18:03

Comeza a Feira do Libro da Coruña

A Federación de Libreiros de Galicia40º edición da Feira do Libro desenvolverase, como todos os anos, do luns 1 ao mércores 10 de agosto, nos Xardíns de Méndez Núñez, con horarios entre as 11.00 h. e as 14.00 h. polas mañás, e de 18.00 h. a 22.00 h. polas tardes. A inauguración oficial terá lugar ás 13.00 h. e estará a cargo de Alfonso García Sanmartín, presidente do Cluster do Libro de Galicia. A Feira, organizada pola Federación de Libreiros de Galicia en colaboración coa Consellería de Cultura, contará con sinaturas de libros, presentacións de novidades e actividades dirixidas a…
Páxina 155 de 175

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!