Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Do 17 ao 19 de xuño, no Consello da Cultura Galega (CCG), celébrase a xornada A internacionalización da literatura galega en tradución ao inglés: novas oportunidades perante un mercado editorial en apertura, organizada polo propio CCG e coordinada por Olga Castro, Laura Linares e Dolores Vilavedra, en colaboración coa AELG, a Asociación Galega de Editoras, CEDRO, o Centre for Language Research at Aston, Aston University e o Irish Centre for Galician Studies, University College Cork. O encontro ten como obxectivos fomentar o diálogo entre as/os axentes implicados, identificar novas estratexias de acción, promocionar sinerxías entre contextos académicos e iniciativas editoriais…
A praza da Quintana de Santiago de Compostela acolle dende hoxe e ata o 16 de xuño a III edición da SELIC, a Semana do Libro de Compostela. Novamente, a exposición de librarías e editoriais irá acompañada dun amplo programa de actividades ao redor da literatura, con presentacións de libros, propostas infantís ou actuacións musicais. Nesta ocasión, a cidade invitada será La Habana, cadrando co do 500 aniversario da capital cubana. A concelleira de Acción Cultural en funcións, Branca Novoneyra, presentou onte a III edición da SELIC, acompañada por dous dos integrantes da Mesa do Libro, Henrique Alvarellos, de Alvarellos Editora, e…
Se anunciabamos hai uns días o premio para Antonio Piñeiro no XIV Premio de Narración Curta Concello de Curtis agora o escritor ribeirense ven de gañar o VII Premio Internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira coa obra Celada. Antonio Tizón, membro do xurado, indicou sobre Celada que estamos ante unha novela que contribúe á recuperación da nosa memoria máis recente, en concreto, a dos últimos aos do franquismo, e faino no marco das revoltas estudantís que se deron en Compostela nos anos 70 do século pasado. Piñeiro, ademais da cantidade económica estipulada nas bases do premio, verá a…
Venres, 07 Xuño 2019 12:00

Novos paseos pola Pontevedra literaria

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza, co patrocinio do concello de Pontevedra, tres percorridos literarios pola cidade do Lérez da man de autoras e autores que escribiron sobre Pontevedra. A inscrición, de balde, debe realizarse a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., indicando a interesada ou interesado os seus datos (nome completo, teléfono e enderezo electrónico). A inscrición farase por orde de chegada ao correo electrónico, xa que cada roteiro está limitado a 50 persoas. Todos os paseos comezarán ás 11:30 h. Programa. Sábado 15 de xuño. Cando o rural comezou a abaterse sobre a cidade…
O  xurado do certame do XIV Premio Narración Curta Concello de Curtis fallou xa os premios destacando o alto nivel dos relatos presentados, así como o récord no número de participantes, 115 de todo o país. A proposta temática deste ano foi un reto literario no que se convidou á xente a escribir un relato no que tiñan que aparecer vacas, un tren e... zombis! Os premiados, das dúas categorías, foron: Categoría A (xente nova) 1º premio de 200 euros para Nee Barros Fernández, de Marín, polo seu relato RE(IN)SURRECCIÓN 2º premio de 100 euros para Alba Guzmán Falcón, de…
Un ano máis chega a Pontevedra Sete falares, o Encontro Internacional de Contadores de Historias que, como cada primavera, volve para encher de narración oral a cidade do Lérez. Do xoves 6 de xuño ao domingo 9 poderase gozar en diferentes recunchos da cidade das contadas de Cándido Pazó, Tamara Bezerra, Ángela Arboleda, Xurzo Souto, Carolina Rueda e Pavís Pavós. O Teatro Principal será o escenario principal das mesmas pero tamén están programadas actividades no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, nas Ruínas de San Domingos e unha ruta pola cidade (4 grupos) con retirada de invitacións no Principal a…
Arancha Nogueira resultou gañadora do XXII Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu polo seu poemario titulado O silencio das gaivotas. O xurado, conformado polas poetas Míriam Ferradáns, Tamara Andrés e Berta Dávila valorou o interese da proposta, “con hábil manexo da sinxeleza e da tenrura, coherencia estrutural dunha historia áxil e luminosa que é quen de conmover pero tamén de deitar achados poéticos”. Destacable é tamén a “honestidade da proposta autorial e a verdade da escrita, e os eixes temáticos aluden a unha revisión do mundo infantil, contemplado desde o rescate do paraíso perdido e do que se conserva del”. Arancha Nogueira é Licenciada…
José Carou Rey ven de gañar, co seu libro Desvelando a Ademar Escambia, o XVIII Certame de Relato de Aventuras 'Antón Avilés de Taramancos' que convoca o Concello de Noia e organiza a revista 'Casa da Gramática' do IES Virxe do Mar. O xurado desta edición estivo formado por Xerado Agrafoxo, Xavier Castro, Antonio Piñeiro e Baldo Ramos, actuando como presidente o alcalde de Noia Santiago Freire e como secretaria Oliva Fraga, responsable da Casa da Cultura de Noia. O xurado declarou o traballo de Carou Rey gañador por maioría. Como voceiro do xurado, Antonio Piñeiro referiuse á obra gañadora como…
Xurxo Alonso, coa súa obra En luz escrita resultou gañador do XXII Premio de Poesía “Concello de Carral”. É a segunda vez que o poeta vilagarcián gaña este premio, que xa acadara no 2004 co libro Breviario de Aldemunde. O xurado salienta neste poemario a súa sólida arquitectura, a forza intensional do conxunto e a admirable estratificación conceptual do discurso, inzado de citas, homenaxes e intertextualidades que entroncan este texto coa mellor tradición galega e foránea. Tamén si, o xurado destacou a singular voz poética que espella nun léxico celmoso, o perfilado de visopoemas que recrean unha moi particular e xenuína atmosfera…
Tui celebrará a XXII Feira do Libro Galego, que terá lugar este venres, 17 de maio, co gallo do Día das Letras Galegas, que este ano se dedica a Antón Fraguas. Haberá postos de libros no Paseo da Corredoira das librarías Espazo Lector Nobel e Iris, de 11.00 h. a 22.00 h., que ofrecerán un 10% de desconto. Ademais exporanse Maios e paneis informativos sobre a figura do historiador e xeógrafo, Antón Fraguas, realizados polos centros educativos e asociacións culturais de Tui. A escritora Iria Misa abrirá a feira ás 11.00 h., dando paso a continuación ás actuacións musicais do…
Páxina 3 de 168

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
26
Data : 26/04/2019

Exposicións >

No upcoming event!