Print this page

Salvaterra de Miño acolle ata o sábado o IV Encontro Literario-Musical Entreverbas

Rate this item
(0 votes)

Dende hoxe e ata o sábado 29 de setembro Salvaterra de Miño acollerá una nova edición do Encontro Literario-Musical Entreverbas, un encontro coa palabra, un evento que xira arredor da maxia das verbas na voz das súas autoras e autores.

Neste 2018, no que se celebra o cuarto Encontro, arrancará esta tarde, ás 20.30 h., coa charla de Branca Novoneyra titulada Uxío Novoneyra, pai e poeta. Será na Casa do Conde de Salvaterra.

Na xornada de mañá proxectarase, tamén a partires das 20.30 h., o filme Mulleres da raia, tras o cal haberá un coloquio coa directora Diana Gonçalves. Celebrarase na Carpintería Acuña de Cabreira. 

Este IV Encontro Entreverbas rematará o sábado cun recital poético a cargo de Xosé Iglesias, Antía Otero e Diego Alfonsín. Será ás 19.00 h. no Centro Cultural Xerme de Cabreira. Tras o recital Sonia Lebedynski porá o peche musical.

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati