Print this page

No interior do vento, de Xurxo Alonso, gaña o XXII Premio de Poesía Avelina Valladares

Rate this item
(0 votes)

O poeta vilagarcían Xurxo Alonso ven de gañar o XXII Premio de Poesía Avelina Valladares, que organiza o Concello da Estrada dende o ano 1997, polo seu poemario No interior do vento. Alonso recunca co Avelina Valladares, que xa acadara no ano 2000 co seu libro Dime, Alexandría.

O xurado desta edición estivo composto por Guadalupe Porto, Neves Soutelo, Rosalía Morlán e David Otero, actuando como secretaria do mesmo Dolores Araújo.

O xurado, que seleccionou No interior do vento gañadora do x¡certame por maioría, destacou que se trata dun poemario cun interesante uso da linguaxe onde a explosión expresiva persegue a coherencia. Harmonía a diferentes ritmos onde a singularidade motiva a construción comprensiva dende a diversidade temática dos poemas e na que os versos demandan a complicidade lectora. En resumo, un vento con contido para que a lectora e o lector sexan quen de lle dar a forma precisa.

Xurxo Alonso, pintor e poeta, naceu en Bos Aires pero reside en Vilagarcía de Arousa dende os oito anos. A este premio de poesía Avelina Valladares súmanse anteriores galardóns, como o III Xosé María Díaz Castro de poesía este mesmo ano, o Premio de poesía Francisco Añón no 1998, o Xohán de Requeixo no 1999, o Feliciano Rolán no 2001, o Johán Carballeira no 2001, por Onde viven os saqueadores de naufraxios (Espiral Maior), o premio Fermín Bouza Brey no 2003 por Cidades de area (Espiral Maior), o Concello de Carral no 2004 por Breviario de Aldemunde (Espiral Maior) ou máis recentemente o premio de poesía Cidade de Ourense no 2016, por Cartas da fronteira (Espiral Maior). 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati