Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Marilar Aleixandre e Francisco Campos ingresan no Consello de Redacción de Grial

Rate this item
(0 votes)

 A escritora e catedrática de didáctica da ciencia, Marilar Aleixandre, e o xornalista e profesor de comunicación da Universidade de Santiago, Francisco Campos, veñen de incorporarse ao consello de redacción da revista GRIAL, que se enriquece deste xeito con novas liñas de traballo.

Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) ten un amplo e celebrado currículo como escritora, tanto no ámbito da creación literaria (narrativa e poesía) como no ensaio e na produción científica. Premios coma o Merlín en 1994, varias veces o Premio da Crítica, o premio Álvaro Cunqueiro de narrativa (A compañía clandestina de contrapublicidade), o premio Manuel Murguía, o premio Esquío de poesía, o premio Lazarillo (A banda sen futuro), o premio Xerais de novela (Teoría do caos), o premio Caixanova, o premio Fundación Caixa Galicia para literatura infantil, etc., salientan unha traxectoria dedicada ás letras galegas con importante proxección exterior, pois está traducida a varios idiomas. No ámbito científico (foi unha das máis novas catedráticas de Bioloxía de España), participou dende moi cedo no eido da didáctica da ciencia, producindo materiais en galego para o ensino destas materias e participando en numerosos foros internacionais e en libros colectivos.

Francisco Campos Freire (Castro de Rei, Lugo, 1953), xornalista, doutor en Ciencias da Comunicación, foi director xeral da CRTVG (1994-2005) e presidente da FORTA (1994, 1997, 2001 e 2004), ademais de exercer durante anos a profesión en distintos medios (director do xornal La Región de Ourense, 1985-1990) ou da Axencia Galega de Noticias (1990-1994). A súa especialidade académica son as industrias culturais e da comunicación, nas que vén desenvolvendo unha importante actividade como investigador, orientado cara ás novas tecnoloxías e as redes sociais, tanto dentro como fóra de Galicia, principalmente en universidades de Latinoamérica. Entre outras representacións é membro da Asociación Galega de Investigadores da Comunicación (ASGIC), do Arquivo da Comunicación do Consello da Cultura Galega, da Sociedade Española de Periodística (SEP), da ULEPICC-España, Fundación TIC, Asociación Internacional de Marketing de Periódicos (INMA) e Asociación Mundial de Periódicos (WAN).

A revista Grial é unha publicación trimestral editada pola editorial Galaxia (Vigo), desde 1963. Pode considerarse como un dos mellores referentes das revistas culturais galegas. Grial tivo o seu antecedente na Colección Grial, que iniciou a súa andaina ao tempo que a propia Editorial Galaxia. En 1951 apareceu o primeiro caderno dos catro que se chegarían a publicar. Cando Juan Aparicio foi nomeado Director Xeral de Prensa (no diario Pueblo xa escribira un duro ataque contra os cadernos), unha das primeiras medidas que tomou foi prohibir a colección. A partir de 1963, coa promulgación da Lei de prensa e imprenta, e baixo a constante ameaza de expedientes administrativos e xudiciais, inicia os corenta anos ininterrompidos de contacto permanente con lectores e subscritores. Dirixida por Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego, tiña por obxectivos servir de canle á produción cultural galega e ser testemuña da súa existencia autónoma, tanto fóra como dentro de Galicia, erixíndose como un espazo de comunicación entre a cultura galega e as culturas do mundo.

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom