Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

María Canosa, Manuel Lourenzo e Santiago Lopo protagonizan os premios Xerais 2017

Rate this item
(0 votes)

Na illa de San Simón, no concello de Redondela, este pasado sábado 3 de xuño celebrouse esa grande festa do libro que son os premios Xerais, que ven realizando a editorial viguesa dende o ano 1984.

Esta celebración literaria consistiu nun acto literario-musical, celebrado no Auditorio da illa de San Simón. Á velada asistiron trescentas persoas, entre as que se atopaban representantes das asociacións profesionais do sector do libro, escritoras, editoras, libreiras, críticas, bibliotecarias, profesoras e outras persoas colaboradoras da editorial. O acto foi emitido en directo por Internet.

Celia Torres, coordinadora e presentadora dos premios, abriu a velada, na que A banda dos cueiros se ocupou do apartado musical, lembrando con agarimo a figura do escritor Agustín Fernández Paz, a quen Xerais dedicou estes Premios Xerais 2017. Sinalou, despois, a importancia da continuidade dende hai tres décadas destes premios, nos que nesta edición de 2017 participaron 96 orixinais entre as tres modalidades de novela, literatura xuvenil e literatura infantil.

O profesor e divulgador científico, Xurxo Mariño, autor de Terra. Ciencia, aventura e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo (Xerais), actuou como mantedor literario da velada. No seu discurso, titulado A pedra negra, defendeu a convivencia das humanidades e das ciencias experimentais como compoñentes dunha única cultura, reivindicando tanto o coñecemento humanístico para os como o coñecemento experimental para artistas, poetas e novelistas.

De seguido fíxose a comunicación das obras gañadoras das tres modalidades: o premio Merlín de Literatura Infantil, o Jules Verne de Literatura Xuvenil e o premio Xerais de novela.

O xurado da XXXII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, formado por María C. Alonso Seisdedos, licenciada en Filoloxía Hispánica e tradutora; Ana Domínguez Santomé, directora do CEIP Carlos Casares de Nigrán e adestradora de ximnasia rítmica; Mª del Carmen Ferreira Boo, doutora en Filoloxía Galega e profesora de lingua e literatura castelá no ensino secundario; Carlos González Rodríguez, libreiro na libraría Wells de Cangas; Lucía Cobo, ilustradora; e Helena Pérez Fernández, secretaria do xurado, en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar por maioría como gañadora a obra presentada baixo o lema Fígaro, que, despois de aberta a plica, resultou ser de María Canosa corresponde ao título Muriel.

No seu ditame o xurado da XXXIIª edición do Premio Merlín de literatura infantil sinalou: «Ás veces cústanos prender no sono. Iso sucede cando nos falta algunha das pezas que integran o puzzle tan complexo da mente. Ás veces, nin sequera sabemos que peza é esa que nos falta. E buscámola, búscaa o maxín, veña voltas e reviravoltas polo labirinto gris dos miolos, veña voltas e reviravoltas do corpo na cama. O peor, con todo, non é que nos falte unha peza. O peor é que esa peza é a que activa o sorriso e o sorriso é o que nos permite aferrarnos á vida cos dentes. A historia que decidimos premiar é orixinal, sedutora, nela cada palabra conta, pois é esa a súa esencia, a das palabras, a das que se din e a das que se calan. É tamén un canto á imperiosa necesidade da cor. E todos sabemos, desde que fomos á escola, que no branco se concentran as cores todas».

María Canosa confesou que «Muriel naceu da necesidade de dar voz á sinxeleza e complexidade simultánea de espir os sentimentos, ao calado, expresado en voz baixa. Do mesmo xeito que fala o amor, a ledicia e a tristura».

Pola súa banda, o xurado da IX edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, formado por Xabier Campos Villar, profesor de lingua e literatura no IES Armando Cotarelo Valledor de Vilagarcía de Arousa e autor de libros de texto; Mar Montenegro Prado, profesora de lingua e literatura no IES Politécnico de Vigo; Yaiza Peixoto Sánchez, profesora de educación infantil no CEIP Serra-Vincios de Gondomar e Vicepresidenta de Espazo Lectura; Inés Fernández Prieto, alumna de 1º de bacharelato no IES Otero Pedrayo de Ourense; Manuel Loureiro Giráldez, alumno de 2º da ESO do IES Auga da Laxe de Gondomar e membro do Comando Le de Espazo Lectura; e Xosé Manuel Moo Pedrosa, secretario do xurado, en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar como gañadora a obra presentada baixo o lema Ceiba de Luz, que, despois de aberta a plica, resultou ser de Manuel Lourenzo González e corresponde ao título Ceiba de Luz.

O xurado declarou que Ceiba de Luz arranca co achado nunha tenda de antigüidades dunha pequena estatuíña humana, de ouro macizo e de fasquía precolombina, que é o motivo que desencadea a organización da expedición Ceiba de Luz por parte da Universidade de Salamanca no mes de maio de 2007. Comandado pola profesora de Historia Sandra Olivares, un grupo heteroxéneo formado por dezaoito persoas, entre elas dúas galegas, embarcarase na aventura de chegar ao mítico Eldorado a través da selva amazónica no Perú. Aí, no curso alto do río Marañón, tentarán descubrir as culturas taimahuara e arapanac, ás que se lles atribúe a peza escultórica atopada.

O autor da obra explicou que «a historia de Ceiba de Luz é a dunha expedición arqueolóxica formada por dezaoito persoas, estudantes e especialistas de distintos ámbitos, que emprende unha viaxe por unha rexión inexplorada da Amazonía peruana á procura dos restos dunha primitiva cultura. Mais algúns dos seus membros teñen obxectivos propios, que van da cobiza pirata duns ao delirio místico doutros, o que converterá a viaxe, nun medio descoñecido e moitas veces inhóspito, nunha mera loita pola supervivencia».

E para rematar, o xurado da XXXIV edición do Premio Xerais de Novela, formado por Ana González Liste, xornalista; Marcos Lorenzo, xestor cultural; Diana Pastoriza, profesora de inglés da EOI e asesora TIC no CAFI; Lois Pérez Díaz, mestre e contador de historias, Afra Torrado, poeta e estudante de Belas Artes; e Fran Alonso, secretario do xurado, en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou por maioría declarar como gañadora a presentada baixo o lema Bennu», que, despois de aberta a plica, resultou ser de Santiago Lopo e corresponde ao título A arte de trobar.

Para o xurado A arte de trobar aproxímase á novela de aventuras e ao tempo, abrangue o referente cultural dun período histórico esplendoroso para a cultura galega, o século XIII. E ese é o marco no que a lírica provenzal e a lírica galega se atopan, fanse cómplices e comparten intereses comúns que viaxan, da man dos personaxes desta poderosa novela, ao longo do Camiño de Santiago. Por el viaxa Elvira, esa moza valente e afouta que foxe da represión que nobre Guy de Lille exerce, apoiado pola nobreza do norte de Francia, sobre os cátaros, as súas crenzas e sobre a lingua de Oc; por el, viaxa tamén a compañía dos cómicos Nuno e Xoán, Manrique Fadhila e o anano Máximo; e por este camiño tamén viaxa o perigo que ameaza en nome dun tempo de represión cultural e lingüística en Occitania que axiña se vai estender… ata onde?.

Santiago Lopo afirmou sobre a súa obra que A arte de trobar é unha novela que acontece no século XIII. Nela, unha troupe de artistas procedentes de Galicia percorre os camiños dunha Europa inmersa en duras loitas de poder. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas coinciden co auxe das cantigas galaico-portuguesas e co declive da lírica provenzal.

Pechou o acto Manuel Bragado, director da editorial, que agradeceu a axuda proporcionada pola Consellaría de Cultura e Educación do goberno de Galicia na celebración da cerimonia. Agradeceu o traballo das persoas do xurado e parabenizou á gañadora e gañadores que expresan o dinamismo e a vontade de renovación constante da literatura galega.

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Novas >

Axenda >

Dicembro 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
14
› Os mundos de Carlos Casares
00:00
Museo Interactivo da Historia. Lugo, Lugo
Exposición central que conmemora o Día das Letras Galegas 2017
› Trece estampas da traizón. 80 anos da publicación
00:00
Fundación Luís Seoane, A Coruña
Proxecto expositivo que xira ao redor do álbum de debuxos homónimo de Luis Seoane
› Presentación As receitas de Rosaura en Bueu
17:00
Xoguetería El Parque, Bueu
O evento tamén contará coa firma de exemplares e cun Taller de Ilustración a cargo de Luz Beloso
› Lecturas de Avilés de Taramancos, María Mariño, Pondal e Cabanillas en Compostela
17:30
Fundación Granell, Santiago de Compostela
Lecturas de Avilés de Taramancos, María Mariño, Pondal e Cabanillas
› Conversa con Xurxo Souto e Kirmen Uribe na Coruña
18:30
UNED, A Coruña
Dentro dos XIV Encontros con Escritores da UNED
› Presentación de Viaxeiros de Peto en Compostela
18:30
Centro Sociocultural do Ensanche , Santiago de Compostela
Un álbum ilustrado dirixido a nenos e nenas de ata 7 anos aprox.
› Presentación de Cando John Lennon coñeceu a Valle Inclán en Ourense
19:00
El Cercano , Ourense
Beatriz Maceda presenta a súa novela xuvenil publicada por trifolium
› Roteiro con Héctor Cajaraville sobre Once portas en Compostela
19:00
Alameda, Santiago de Compostela
Con Once portas Cajaraville gañou o Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole do 2016
› Recital Aquel Deus, aquelas escuridades, en Compostela
19:30
Biblioteca Pública Ánxel Casal, Santiago de Compostela
A cargo de Carlos Arias e Xoán Paulo Jouvencel
› Os xoves do Vindel, en Vigo
19:45
Edificio Cambón, Vigo
Organizado polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo
› Presentación de Alma e o mar en Compostela
19:45
Libraría Couceiro, Santiago de Compostela
A nova novela de Francisco X. Fernández Naval, publicada por Galaxia
› Conferencia Eduardo Pondal, poeta na Coruña, na Coruña
20:00
Biblioteca Municipal de Estudos Locais, Coruña (A)
Acto de homenaxe a Eduardo Pondal
› Presentación de Que contan as ovellas para durmir? en Pontevedra
20:00
Casa da Luz , Pontevedra
Contacontos de Kiko da Silva con música de Roger Subirana
› Presentación de A senda de sal en Nigrán
20:00
Salón de Plenos, Nigrán
Último Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia
› Presentación de Estrelas da despensa galega en Compostela
20:00
Vide, Vide! , Santiago de Compostela
Os produtos e a cociña de Galicia son unha parte moi importante da nosa expresión cultural.
› Presentación de A lentitude en Compostela
20:00
Libraría Chan da Pólvora, Santiago de Compostela
Último libro de María Do Cebreiro, publicado pola Chan da Pólvora Editora
› Presentación de Tripas en Vigo
20:00
Libraría Andel, Vigo
Novo poemario de Alberte Momán
› Presentación de Saturno tamén é deus en Compostela
20:00
Libraría de Mulleres Lila de Lilith , Santiago de Compostela
Uxía Casal redita en Urco esta nova edición que ve a luz 20 anos despois da súa publicación
› Recital de A cadencia da fractura en Pontevedra
20:00
Libraría Paz, Pontevedra
Isaac Xubín recitará sobre o seu novo poemario, 'A cadencia da fractura'
› Lendas de tradición oral no Deza, en Lalín
20:30
Círculo Recreo, Lalín
A cargo de Xoán Carlos García Porral
› Presentación de Baixo os arcos da ponte en Pontedeume
20:30
Biblioteca Municipal, Pontedeume
Cuarta parte do cancioneiro popular eumés
Data :  14/12/2017
15
› Trece estampas da traizón. 80 anos da publicación
00:00
Fundación Luís Seoane, A Coruña
Proxecto expositivo que xira ao redor do álbum de debuxos homónimo de Luis Seoane
› Os mundos de Carlos Casares
00:00
Museo Interactivo da Historia. Lugo, Lugo
Exposición central que conmemora o Día das Letras Galegas 2017
› Mesa redonda e presentación da publicación Anna Turbau. Galicia, 1975-1979, en Compostela
11:00
Consello da Cultura Galega , Santiago de Compostela, A Coruña
No Consello da Cultura Galega
› Sesión de contos en pontevedra
17:45
Libraría Patakafrita, Pontevedra
Contos pintacontos realizada por Olalla González e Marc Taeger
› Lanzamento dos Wombis na Coruña
19:00
Marineda City, A Coruña
Esta obra forma parte dunha colección de libros que contan a historia dos Wombis
› Presentación na Illa de Arousa de Cociña galega tradicional
19:00
Gradisela, Illa de Arousa
Receitas, tradición, historía e evolución
› Presentación do libro BdG70. A revolta do comic galego na Coruña
19:30
Alita Cómics, A Coruña
Repasando a história da BD clásica
› Presentación de Tinta de luz en Compostela
20:00
Libraría Chan da Pólvora , Santiago de Compostela
Chan da Pólvora Editora estrea con este título a colección Udra de poesía para nenos e nenas
› Apresentação de Galeguia em Vigo
20:00
Andel, Vigo
Um livro poético aberto ao mundo,publicado por Chiado Editora
› Daniel Salgado presenta a plaquette O Gran Rexeitamento en Compostela
20:00
Númax , Santiago de Compostela
O Gran Rexeitamento/Flores para Albert Ayler é unha ofrenda e unha ofensa, un asalto e o mito reduci
› Presentación en Pontevedra de O Códice esmeralda
20:00
A Casa das Campás , Pontevedra
Alberte Blanco presenta a súa nova novela, publicada por Xerais
› Presentación de Alma e o mar en Ourense
20:00
Cercano , Ourense
A nova novela de Francisco X. Fernández Naval, publicada por Galaxia
› Presentación de Luns en Ordes
20:30
Museo do Traxe, Ordes
Obra gañadora do Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega, 2016
› Presentación en Lugo de A raiña das velutinas
20:30
A.C. Cultura do País, Lugo
Libro co que Lionel Rexes acadou o Premio Manuel Lueiro Rei de novela curta 2016
Data :  15/12/2017