Print this page

Falece o escritor Carlos Mosteiro aos 61 anos

Rate this item
(0 votes)
Carlos Mosteiro Carlos Mosteiro Foto: Eduardo Castro Bal

O escritor Carlos Mosteiro finou no día de onte tras loitar os últimos meses contra a enfermidade. Carlos nacera en Xeve (Pontevedra) no ano 1955.

Carlos Mosteiro estudou maxisterio e viviu e exerceu de mestre na Pobra do Caramiñal.

Literariamente centrouse con especial dedicación á literatura infantil e xuvenil. En 1999 publicou un libro de relatos para rapaces que leva por título o do primeiro deles, O día que Miguel Induráin pasou por Gonderande (Galaxia). No ano 2001 gañou o Premio Abril de narrativa, que se convoca nas diferentes linguas do estado español máis o portugués, coa novela Manual de instruccións para querer a Irene, editada en varias linguas, en galego saíu co selo editorial de Galaxia. Logo virían Ese unicornio rosa (Tambre) e Unha bruxa ben rara (SM), coa que Mosteiro gañou o premio Barco de Vapor no ano 2006.

Carlos será despedido nun acto fúnebre previo á súa incineración esta tarde ás 18.30 h. no tanatorio Xesús do Nazareno da Pobra.

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati