Print this page

Emma Pedreira gaña o Concello de Carral de poesía

Rate this item
(0 votes)

A poeta coruñesa Emma Pedreira, coa súa obra Libro das mentiras, resultou gañadora do Concurso de Poesía “Concello de Carral” do presente ano.

O xurado resaltou da obra gañadora a súa orixinalidade, facendo un diálogo e reescritura dos contos tradicionais infantís; a súa expresividade, cunha gran brillantez das figuras literarias e un gran equilibrio entre contido e continente, un ton auténtico e fluído, resultando no seu conxunto un libro unitario de corte novidoso, intelixente e reflexivo.

O xurado estivo formado polos poetas Miro Villar, Xulio López Valcárcel e Olga Patiño, baixo a presidencia da Concelleira de Cultura, Mª nx0woé García Fariña, e asistidos en calidade de secretario, polo técnico municipal de Cultura e coordinador do premio, Carlos Lorenzo Pérez.

O xurado quixo resaltar tamén a dificultade coa que contou na deliberación, xa que o nivel literario demostrado nas 53 obras presentadas foi moi alto. Desde a Concellería de Cultura maniféstase a satisfacción de ter batido o record de participación na presente edición, o que ven a demostrar o prestixio que lle conceden os escritores a este certame.

O premio de Carral, amais da dotación económica estipulada nas bases, conleva a publicación da obra na colección de poesía de Edicións Espiral Maior.

O acto de entrega  do premio terá lugar o 27 de maio, na Casa da Cultura de Carral, dentro da programación de Letras Galegas 2011.

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati