Print this page

Desembarco poético no Porto para arrincar marcos entre Galicia e Portugal

Rate this item
(0 votes)

A poesía galega desembarcará este sábado 30 de marzo en Porto (Portugal) da man da editora compostelá Edicións Positivas.

Oitos poetas galegas participarán nunha xornada que terá como acto central un recitado conxunto na Livraria Poetria (Rua das Oliveiras 72, Loja 12). Trátase de Eduardo Estévez, Paula Carballeira, Quico, Rosalía Fernández Rial, Raúl Gómez Pato, Roi Vidal, Suso Díaz e Xabier Xil Xardón.

Este desembarco, que dende a organización denominan Arrincando marcos, é o inicio dunha serie de accións para que as letras galegas e portuguesas teñan un maior coñecemento mutuo, un intercambio necesario, vital. 

Para este acontecemento editouse unha antoloxía dos oito poetas participantes.

 

Programa

15.30 h. Entrega de cravos vermellos na estatua de Rosalía de Castro, na Praza da Galiza.

17.00 h. Rolda de Prensa.

19.00 h. Recital conxunto dos oito poetas.

21.00 h. Leitura colectiva do texto  QUE É GALICIA?, de Lois Pereiro.

24.00 h. Chamado aos pobos galego e portugués.

 

 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati