Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Cultura difunde o calendario do libro e da lectura 2019

Rate this item
(0 votes)

O aniversario do nacemento de Castelao e de Rosalía de Castro, o día das Artes Galegas, ou o Día das Letras Galegas que se dedicará en 2019 a Antón Fraguas, son algunhas das celebracións que promove a Consellería de Cultura e Turismo do goberno de Galicia a través do Calendario do Libro e da Lectura 2019, que ven de presentar cun deseño da ilustradora Bianca Millán.

O obxectivo deste calendario é impulsar a realización de actividades arredor das principais datas e efemérides vinculadas co libro e coa lectura no próximo ano.

Os centros bibliotecarios, que celebran o Día do Usuario/a das Bibliotecas o 11 de xaneiro, comparten protagonismo no primeiro mes do ano coas artes plásticas, coa conmemoración do Día da Ilustración o 30 de xaneiro, data do nacemento de Afonso Daniel Rodríguez Castelao. Co mes de febreiro chegan a celebración do Día da Lingua Materna e do nacemento de Rosalía de Castro, o 21 e o 24 de febreiro, respectivamente.

No mes de marzo tamén celébranse os días da Narración Oral, o 20; da Poesía, o 21, e do Teatro, o 27. Nesta última data tamén se cumpren os 90 anos da publicación dun dos poemarios máis senlleiros da literatura galega, De catro a catro, de Manuel Antonio.

A apertura do mes de abril chega coa celebración do Día das Artes Galegas o día 1, que en 2018 se lle dedica a Luis Seoane, mentres que o 2 e o 23 se conmemoran o Día do Libro Infantil e Xuvenil e o Día do Libro, respectivamente. Así mesmo, o día 26 conmemorarase o Día da Propiedade Intelectual. O mes das Letras homenaxea, nesta ocasión, a Antón Fraguas, a quen a Real Academia Galega lle dedica o 17 de maio e, previamente, o 3 de maio celebrará o Día da Liberdade de prensa. No día 9 de xuño lémbrase a importancia dos arquivos coa celebración do seu día.

Xa no verán, o 26 de xullo, celebrarase o Día da Comprensión Lectora. No mes de setembro conmemorarase o 8 o Día da Alfabetización, o 26 o Día Europeo das Linguas e o 30 o Día da Tradución. Coa celebración co Día das Escritoras e o Día da Biblioteca, os días 16 e 24 de outubro respectivamente, chegamos a novembro cando se celebra o Día das Librarías.

O Calendario do Libro e da Lectura pecha 2019 co Día da Edición, o 17 de decembro, e cunha celebración destacada arredor do aniversario do nacemento de Ánxel Casal.

Con esta iniciativa, a Consellería de Cultura e Educación ten como obxectivo facilitar a planificación anual das actividades culturais e animar o conxunto da cidadanía a participar na celebración das principais efemérides e datas sinaladas arredor do libro e da lectura para a súa difusión e posta en valor. 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
14
Data : 14/12/2018