Print this page

Berta Dávila gaña o XXXI Premio García Barros

Rate this item
(0 votes)
Berta Dávila Berta Dávila Foto:AELG

A compostelá Berta Dávila ven de gañar o XXXI Premio de Novela Manuel García Barros que organiza o concello da Estrada cos súa novela Carrusel.

O xurado, composto por Eulalia Agrelo Costas, Carlos Lema, Armando Requeixo, Inma Otero e Carlos Loureiro, actuando como secretario, destacou a “depuración estilística, o traballo lingüístico e o coidado das imaxes”, que nos achegan a un “mundo interior gobernado pola autenticidade dos sentimentos”.

En Carrusel, unha narradora magoada polas súas experiencias precisa revisar os camiños andados e as relacións afectivas que pularon pola súa faceta de escritora. Unha proposta narrativa construída a través de varias trabes discursivas que, con cada reviravolta, engade un detalle que resultará fundamental para a trama na que se combina a sensualidade, a dor e a ilusión coa lóxica das ciencias como ancoraxe racional do incomprensible.

Berta Dávila é autora dos poemarios Corpo baleiro (Espiral Maior), Dentro (Fervenza) e Raíz da fenda (Xerais). No eido da narrativa publicou Bailarei sobre a túa tumba (Biblos), o libro de relatos A arte do fracaso (Barbantesa), e O derradeiro libro de Emma Olsen (Galaxia). O seu último libro publicado é o poemario infantil A pel do mundo (Galaxia).

Carrusel verá a luz os vindeiros meses da man de Galaxia.

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati