Print this page

As feiras do libro de Galicia chegan a Rianxo cos títulos máis recentes

Rate this item
(0 votes)

As Feiras do Libro de Galicia fan parada esta semana no concello de Rianxo, onde estarán desde hoxe e ata o domingo 22 de xullo na praza Castelao. A nova edición da feira, que inclúe unha completa e variada programación de actividades, contará co pregón inaugural a cargo de Carlos Callón, a partires das 12.00 h..

A vila que veu nacer a escritores de referencia das nosas letras como Castelao, Rafael Dieste ou Manuel Antonio converterase por catro días en epicentro do libro e da dinamización da lectura. 

A Feira do Libro de Rianxo permitirá ao público asistente coñecer e adquirir a produción editorial máis recente, a través das librerías que participan na edición deste ano e de recoñecidos escritores e escritoras, entre as que se inclúen a Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, Xosé Ricardo Losada, Xosé Duncan ou Manuel Miragaia, entre outros.

Ademais, para dinamizar o encontro, desenvolverase unha completa e variada programación de actividades, que inclúe propostas para todos os públicos como maxia, noites de cine, teatro infantil, actividades de ilustración, danza, música, etc.

Como acontece nestas Feiras, todos os libros terán un desconto do 10%. O horario da Feira será de 12.00 h. a 14.00 h. e de 18.30 h. a 22.30 h. A fin de semana o peche de mañá será ás 14.30 h.

As librarías participantes serán Deputación da Coruña, Pedreira, Ler, Aenea, Galaxia, Urco, Cándido, Cortizas, Cartabón, Arigató, A libraría de Rosa e a Ben.

Máis información:

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati