Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

As chaves do tempo, un re-encontro con Luisa Villata

Rate this item
(0 votes)

Luísa Villalta e as chaves do tempo é unha actividade organizada pola AELG e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, coa colaboración de Monty4, Deputación da Coruña e Concello da Coruña. As chaves do tempo quere ser un espazo de re-encontro multidisciplinar co verso, coa prosa, co diálogo atemporal, mais en presente continuo, coa poeta coruñesa Luísa Villalta. Para ler a Cidade Alta tatuada nos ollos da poeta que máis se representou nela.

 

Programa

Sábado 18 de novembro. Ás 12.00 h.

A cidade sobre o espello do mar e do vento, con María Casar.

A inscrición previa, necesaria e gratuíta, farase en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 981-133233, en horario de 09:00 a 14:30 horas, de luns a venres.

Un percorrido polos espazos da cidade da Coruña que Luisa Villalta poetizou nos libros En Concreto e Papagaio ofrécenos a fusión entre poesía e paisaxe que sinala o territorio como xerme da creación. A cidade do vento e do mar que se sabe sempre aí, medrando en ondas que mollan os ollos e lamben as xanelas, faise palabra e debúxase no vento en ceos poboados de nubes. A poeta re-constrúe a Cidade como lugar mítico, actualizando a súa inclusión no inventario dos TERRITORIOS literarios do noso país.

María Casar. Licenciada en Filoloxia Hispánica e en Humanidades. Presidenta da A.C. Ergueitos de Sarria e organizadora dende o ano 2000 do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. Coordinadora dos roteiros Fiz Vergara na Xabreira por Santalla de Lóuzara, Sons de Mulleres na cidade de Vigo para Mulheres Nacionalistas Galegas e a concellaría de Igualdade e o roteiro Luisa Villalta na Coruña.

Plano do roteiro:

1. Xardíns Méndez Núñez. Estatua Pardo Bazán.

2. Obelisco.

3. Porta de Ares.

4. Pazo Municipal.

5. Papagaio.

6. Asilo rúa Adelaida Muro. Campo de Marte.

7. Cemiterio de San Amaro.

Desde o martes 21 de novembro. No Monty 4 (R/ do Papagaio, 2)

Exposicións

  • O Papagaio: A poesía de Luísa Villalta e as fotografías de Maribel Longueira.
  • Eu en nós: Soledad Penalta, Xurxo Gómez-Chao, Julia Ares e Ana Pillado reinterpretan a poesía de En concreto.

Venres 24 de novembro. No Monty 4 (R/ do Papagaio, 2) ás 20.00 h. 

Conferencia: A memoria da cidade... da Coruña. Entender o pasado, abordar o presente.

Nesta palestra aportaremos algunhas chaves interpretativas do crecemento urbanístico da nosa cidade no século pasado con José María Cardesín Díaz, profesor na Facultade de Socioloxía da UdC.

Venres 24 e sábado 25 de novembro. De 19.00 h. a 20.00 h.

O meu nome é o da cidade alta.

Un paseo en bicicleta pola Coruña. A poesía de Luísa encherá de luz os espazos da cidade.

Sábado 25 de novembro.

13.30 h. Revolta literaria.

Para loitar contra o vento de esquecemento ateigado de orgullo percorremos a Cidade coa lectura da obra de Luísa.

16.00 h. No Monty 4 (R/ do Papagaio, 2)

Escultura ao vivo con Olalla Franco.

18.30 h. No Monty 4 (R/ do Papagaio, 2)

Concerto para un home só.

Eis a música que brota como o río da existencia. Dramatización de textos con Nacho Pena.

19.30 h. No Monty 4 (R/ do Papagaio, 2)

Recital poético.

@s poetas a recitala… outra vez, sempre o vento dos ventos rodeando este ponto no mundo: Cabeza, Garda, Chave, Forza e Antemural do reino renacido.

Domingo 26 de novembro. 

12.00 h. Igrexa das Capuchinas (R/ Panadeiras)

Música reservada. Grupo Instrumental Siglo XX / Florian Vlashi.

“Adagio” (Samuel  Barber)

“Preludio” (P. Pereiro)

“Arte de Fuga” (J. S. Bach)

Con Florian Vlashi e Caroline Bournaud, violín; Arben Llozi, viola, Rediana Lukaçi, violonchelo;  e a palabra de Yolanda Castaño.

Luns 27 de novembro.

19.00 h. No Monty 4 (R/ do Papagaio, 2)

Encontro c@s amig@s, para ler, reler, lembrar...

Mantedores: Flor Maceiras, Teruca Queiro e Xurxo Souto. Ven ao Monty e poderás percorrer a súa obra, pararte na que máis che guste, saborear, gozar con toda ela…

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Novas >

Axenda >

Xullo 2018
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom