Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Antía Veres Gesto, gaña a XVIIIª edición do Premio Plácido Castro de Tradución

Rate this item
(0 votes)
Antía Veres Antía Veres Foto: Fundación Plácido castro

O xurado da XVIIIª edición do Premio Plácido Castro de Tradución resolveu premiar a Antía Veres Gesto pola tradución da novela A Lost Lady ou Unha muller perdida, da estadounidense Willa Cather. O xurado valorou especialmente “a capacidade de recreación da autora así como o acerto do uso dun galego extremadamente natural e próximo, empregando unha fraseoloxía propia sen alterar a atmosfera orixinal da novela. Ademais chamou a atención sobre a significación da autora e a obra elixidas, inédita ata agora no noso sistema literario, que gozou sempre de amplo recoñecemento tanto nos Estados Unidos de América como a nivel mundial”.

Nesta edición, formaron parte do xurado Olga López, Xunta de Galicia; Fernando Moreiras, Asociación de Tradutores Galegos; Ana Luna Alonso, Universidade de Vigo; Víctor Caamaño, Fundación Plácido Castro; Xulio Ríos, IGADI; e Xosé Luís Franco Grande, Real Academia Galega.

Unha muller perdida é unha novela de 1923 na que un dos personaxes, o mozo Niel Herbert, narra a historia dunha peculiar muller chamada Marian Forrester. Esta casa co rico capitán Forrester e acaba asentándose na pequena localidade de Sweet Water, no Oeste norteamericano. Non obstante, o seu modo de actuar é tan singular e tan diferente ao do resto de mulleres da época que non deixa indiferente a ninguén e provoca as críticas ou o interese da veciñanza.

Antía Veres é licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, co Premio Extraordinario de Fin de Carreira. No 2017 recibiu pola tradución de Detrás da máscara, de Louisa May Alcott, o I  Premio Realia de Tradución, galardón convocado pola editora Hugin e Munin e polo Concello de Santiago de Compostela. Ademais, no 2013, gañou o primeiro accésit pola tradución d’O conto de Nadal de Auggie Wren, de Paul Auster, nos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria da Universidade de Vigo. Firme defensora da lingua galega, no 2009 foi unha das fundadoras da asociación Trabalingua, da Universidade de Vigo, que avogaba pola normalización da lingua galega no eido universitario.

Entre outras traducións realizadas por Veres, atopamos Un amante fantasma, de Vernon Lee (inglés-galego), publicada por Hugin e Munin; Unha historia detectivesca de dobre canón, de Mark Twain, publicada por Kalandraka; ou O planeta dos simios, de Pierre Boulle, publicada por Kalandraka.

O Premio Plácido Castro de Tradución en lingua galega está impulsado pola Fundación Plácido Castro en colaboración coa Asociación de Tradutores Galegos e ten como finalidade a de promover entre todos e todas as tradutoras de Galicia versións en lingua galega das grandes obras da literatura universal.

 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom