Print this page

Ana Romaní, Premio Nacional de Xornalismo Cultural 2018

Rate this item
(0 votes)
Ana Romaní Ana Romaní Foto: Distrito Xermar - AELG

A xornalista e poeta noiesa Ana Romaní foi galardoada no día de onte co Premio de Xornalismo Cultural que outorga o ministerio de cultura e deporte do goberno español. O xurado motivou a escolla de Romaní “pola súa longa traxectoria no xornalismo, o seu constante labor en prol da cultura e da radio con formatos propios”, así como pola “súa visión de feminismo crítico e compromiso social”.

O ministerio de cultura recoñece con este premio o traballo de profesionais do xornalismo que, ben a través das súas obras, ben a través da súa participación activa en diversos eidos da creación artística ou literaria, fomentan as actividades culturais.

Nada en Noia en 1962, Ana Romaní conta cunha longa traxectoria en el ámbito periodístico, ademais de ser poeta e escritora. Romaní iniciou os seus pasos no xornalismo en 1983, ao participar na creación da revista Carabela de Xiada. A partir de 1988 principia a súa traxectoria profesional no mundo da radio. Tras o seu paso por Radio Nacional de España, dirixe o informativo Diario Cultural de Radio Galega.

Recentemente Ana Romaní entrou a formar parte da Real Academia Galega.

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati