Print this page

A IV Gala do Libro Galego recoñece a excelencia das nosas letras

Rate this item
(0 votes)

Onte o Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu a IV edición dos Premios Gala do Libro Galego, que convoca anualmente a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG), onde se deron a coñecer as obras gañadoras.

Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2018 en Galicia. As modalidades Iniciativa cultural ou de fomento da lectura, Proxecto literario na rede e Xornalismo cultural, recoñecen a traxectoria de varios anos, valorándose, por tanto, a constancia ao longo do tempo nestes ámbitos.

Estas distincións, sen dotación económica, xorden, en primeira instancia, das propostas das bases asociativas das tres entidades convocantes, para posteriormente seren sometidas a un proceso de revisión e posterior fallo por parte dun xurado externo.

A Gala, presentada pola actriz Iria Pinheiro, contou coa actuación musical do grupo Habelas Hainas.

 

Obras gañadoras por cada modalidade dos premios:

Ensaio e investigación: Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte (Xerais) de Emílio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González.

Divulgación: Castelao na arte europea (Garañón) de Siro López.

Narrativa: Natura (Galaxia) de Iolanda Zúñiga.

Infantil: Os contos da avoa Pepa (Kalandraka) de Francisco Xosé Fernández Naval.

Xuvenil: O bestiario científico de Anxos Nogueirosa (Urco) de Antonio M. Fraga.

Libro ilustrado: Man de Camelle (Kalandraka) por Carmen Hermo.

Libro de banda deseñada: O puño e a letra (Xerais) por VV. AA.

Iniciativa bibliográfica: Biblioteca de Pedagoxía, por Kalandraka Editora.

Tradución: A señora Dalloway (Irmás Cartoné) de Virginia Woolf, por Celia Recarey Rendo.

Poesía: Memoria do corpo (Galaxia) de Xesús Rábade Paredes.

Teatro: Eroski Paraíso (Kalandraka) de Chévere.

Libro mellor editado: Seis Poemas Galegos (Alvarellos) de Federico García Lorca.

 

Premios ás traxectorias:

Iniciativa cultural ou fomento da lectura: Asesoría de Bibliotecas Escolares.

Proxecto literario na rede: Brétemas, de Manuel Bragado.

Xornalismo cultural: Revista Luzes.

 

Ademais, entregáronse os premios honoríficos de cada unha das entidades convocantes:

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega nomeou Maria Teresa Horta como Escritora Galega Universal 2019.

A Asociación Galega de Editoras premiou a María Xosé Queizán.

A Federación de Librarías de Galicia premiou a Antonio Fernández Maira.

 

A Gala do Libro Galego contou co apoio da Xunta de Galicia, Concello de Santiago de Compostela e a Deputación Provincial da Coruña.

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati