Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

A editorial Cuarto de inverno presentarase este sábado no Culturgal

Rate this item
(3 votes)

Sempre se fala (e aburre un pouco escoitar sempre a mesma ladaíña, a dicir verdade) do terrible momento que está a pasar o mundo do libro, onde todas as novas iniciativas que xorden ao abeiro dese territorio cultural parecen ter que vogar contracorrente e contra os malos presaxios. Por iso é unha alegría ver como xermola unha nova editorial entre tanto agoireiro. Cuarto de inverno. Nova editorial pero vellos coñecidos. Aos mandos atopamos a Andrea Jamardo e a David Cortizo, quen tras as súas saídas de Urco editora apostan por un proxecto de seu que se presentará en sociedade este sábado 30 de novembro, ás 19.15 h., no Culturgal. Os primeiros libros? A novela Be Water, de Antía Yáñez, e o poemario Irmá paxaro, de Tamara Andrés. Ambos os dous libros foron finalistas do I premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil.

Preguntamos a David Cortizo, un dos responsable de Cuarto de inverno, sobre o nome da editorial. “Buscamos que lectoras e autoras se sintan a vontade dentro do cuarto, para Andrea significa unha cousa e para min outra, e xa temos escoitado algunha que outra interpretación do mesmo”.

No seu momento, Urco naceu como unha editorial centrada na literatura gótica, de terror e ciencia ficción. Baixo a dirección de Jamardo e Cortizo, aínda que seguiron publicándose obras do xénero, houbo un xiro na editorial cara unha literatura máis feminista. Sobre a pregunta se Cuarto de inverno percorrerá ese camiño que iniciaron en Urco, para Cortizo “efectivamente, o feminismo vai estar presente xa non só nos nosos libros senón na nosa forma de traballar. Nós somos feministas e vivimos esa realidade entendendo isto ademais como unha aprendizaxe constante. Ademais queremos transmitir un gusto polo libro na súa totalidade dando valor a todos os procesos da vida do mesmo, desde a súa elaboración até a súa comercialización”.

Os dous primeiros títulos están destinados para un público xuvenil, pero en vindeiras datas a oferta de Cuarto de inverno ampliarase para o público infantil e o público adulto. “Cuarto de inverno terá coleccións de infantil, xuvenil e adultos. En cada unha desas tres, seguindo cadanseu criterio estético, irán editándose os libros que sintamos que poden formar parte de Cuarto de Inverno sen diferenciar se son ensaios, poemarios ou novelas”. A aposta de Andrea a David é publicar ao longo do ano un total de seis títulos, cunha cadencia fixa de dous por colección, polo menos no dous vindeiros anos, aínda que “xa se irá vendo”.

Nas redes sociais de Cuarto de inverno lemos que a aposta dos seus libros van ir “desde a portada até as gardas, desde o código de barras até o colofón“, destacando a importancia tanto do contido como o obxecto en si. Segundo David Cortizo “é dar importancia a todo o que hai nun libro, poñelo en valor e dotalo de personalidade. Por exemplo, un código de barras está aí por algo, pois no canto de ser un pegote branco e negro imos colocalo nun sitio no que se sinta acompañado de outros elementos e imos decoralo un pouco para que teña a súa función pero non desentoe”.

As dúas primeiras obras do catálogo son unha novela de Antía Yáñez e un poemario de Tamara Andrés. Podedes adiantarnos que futuras obras aparecerán en Cuarto de inverno? “Podemos, pero vai ser a través da nosa web xa que temos pensado darlle un pouco de emoción á cousa. Podo adiantar que serán unha novela e un poemario para público adulto”. De todos os xeitos, si que avisan que “no porvir inmediato están eses dous libros para público adulto que sairán xa a principios de 2020 para continuarmos con dous infantís e outros dous xuvenís. O ano que vén xa teremos poesía, teatro e narrativa no catálogo. E temos en mente publicar no 2021 ensaio e tradución.”

Cuarto de inverno presentarase no Espazo Libro do Culturgal o sábado 30 de novembro ás 19.15 h.

 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Novas >

Axenda >

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!