Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

A escritora viguesa Ledicia Costas é a gañadora do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que concede o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte do estado español na súa edición do 2015 pola novela Escarlatina, a cociñeira defunta (Xerais). Este galardón concédeo Cultura para distinguir unha obra escrita en calquera das linguas oficiais do estado e editada no propio estado no ano 2014. O xurado destacou a Escarlatina, a cociñeira defunta por ser “unha obra extraordinaria, humorística e rompedora no contexto da literatura infantil e xuvenil actual que destaca tamén pola súa doada lectura, polo seu humor escalafríante, e…
A versión en castelá de O meu pesadelo favorito, da escritora e xornalista María Solar e ilustracións de María Lires, ven de ser escollido para formar parte do prestixioso catálogo White Ravens, unha listaxe compilada por especialistas da Biblioteca Internacional da Xuventude de Múnic, e que reúne obras que -na súa consideración- merecen a atención mundial debido a súa temática e excepcional estilo artístico e literario. O meu pesadelo favorito (Galaxia) xa acadara no 2014 o Premio Lazarillo, que organiza a Organización Española Para o Libro Infantil e Xuvenil. Ademais, os White Ravens 2015 contan con máis presenza galega, o…
O xurado da décima edición do Premio de literatura infantil e xuvenil “Raiña Lupa”, convocado pola Deputación da Coruña, decidiu premiar a obra Vidas cruzadas do escritor Héctor Cajaraville Araújo. O xurado destaca, por unanimidade, que Vidas cruzadas trata un tema actual, con ingredientes abondo para atraer o interese dos lectores e lectoras: emoción, intriga, misterio, mais tamén tenrura, dinamismo, vitalidade; a boa construción das personaxes, con personalidades complementarias, que empatizan co público mozo, o sentido do humor, o carácter interxeracional e o final circular son outros alicientes desta obra. O xurado estivo composto por Paz Castro, Mª de las…
O proxecto O Grilo Máxico forma parte das iniciativas desenvolvidas pola Asociación Berce de Vigo co gallo do seu 20 aniversario, que celebran neste 2015. O obxectivo do presente proxecto é realizar un labor de sensibilización da sociedade cara ás casas de acollida de menores e os menores que nelas residen, tratando de ofrecer unha visión normalizada dos Centros de Menores, afastada dos prexuízos herdados de modelos xa anticuados, principalmente asistenciais e pouco integradores (orfanatos, correccionais, etc.). Dende a Asociación Berce cren necesario facer "visible" a existencia destes recursos educativos, os Centros de Menores, co obxectivo de normalizalos e evitar…
O programa “Ler conta moito”, promovido pola Secretaría Xeral de Cultural en colaboración cos concellos, percorrerá durante este mes de setembro as bibliotecas e axencias de lectura de 27 concellos do país para lle achegar o libro e a lectura a toda a cidadanía en forma de obradoiros creativos, contacontos, espectáculos de danza, teatro e maxia, e actividades que teñen a música como protagonista. Neste mes, o programa ofrecerá un total de 37 actividades en centros da Rede de Bibliotecas de Galicia dos municipios de Muxía (o pasado día 4 e o 26), Santiago de Compostela (días 8, 11, 12,…
Os días 25 e 26 de setembro e 2 e 3 outubro de 2015 terá lugar na Biblioteca Afundación de Santiago de Compostela o XII Curso de Formación "Obras imprescindibles para o ensino primario e secundario sobre conflitos bélicos”. Este curso, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, está dirixido especialmente a mestres e profesorado de secundaria e bacharelato, aínda que tamén pode acceder ao mesmo calquera interesado no tema. "Obras imprescindibles para o ensino primario e secundario sobre conflitos bélicos"…
O premio Frei Martín Sarmiento, organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas de FERE de Galicia, e que se concede ás mellores obras de literatura infantil e xuvenil escritas en galego, máis outra categoría para adultos, ven de facer público os títulos das obras finalistas. Este premio ten a singularidade de que os gañadores son elixidos a través do voto dos seus lectores finais, onde participan miles de nenas e nenos a través do colexio. Finalistas da XII edición do Premio Literario Frei Martín Sarmiento: Educación Infantil Unha viaxe polo mundo (Galaxia) de As Maimiñas. 1ª categoría: 1º…
O libro e a lectura terán unha especial importancia este verán. O programa Ler conta moito, desenvolvido pola Secretaría Xeral de Cultura achegará un total de 77 actividades en centros da Rede de Bibliotecas de Galicia de 37 concellos galegos, entre as que se inclúen obradoiros creativos, contacontos, espectáculos de danza, teatro e maxia, música e xincanas fotográficas, todas elas destinadas a achegarlle a lectura á cidadanía dun xeito lúdico e participativo. Coa colaboración dos concellos, este programa de dinamización da lectura chegará neste período estival ás localidades de Crecente, Cambados, Boqueixón, Tomiño, Poio, Celanova, Salceda de Caselas, Lalín, Irixoa,…
As guías de lectura son ferramentas importantes para favorecer a lectura e completala, xa que, grazas ás propostas que estas formulan, fan que o lector reflexione. As bibliotecas escolares galegas comezan a difundir as súas recomendacións de lectura para este tempo de verán con títulos para toda a familia. Estas guías de lectura teñen como obxectivo que as e os pequenos lectores e os seus achegados coñezan as últimas novidades que hai na biblioteca e ofrecer referencias daqueles libros que poidan interesar ao lector. Grazas ao labor dos bibliotecarios escolares, con estas guías, se alguén anda despistado e non sabe…
A comunidade educativa do IES Castro da Uz inaugurará o vindeiro día 18 de xuño a súa alameda literaria das árbores celtas, un proxecto que nacía hai máis dunha década da man de varios alumnos e mestres que decidiron investigar e afondar nas raíces dos seus apelidos, ata identificar a cada un cunha árbore, tal e como facían os celtas séculos atrás que, deste xeito, pretendían honrar á natureza. Con esta base hai 12 anos, asignábase a cada alumno do centro unha das 21 árbores sagradas dos celtas, atendendo ao día e mes do seu nacemento, e incluso realizaron unha…
Páxina 5 de 23

Buscar en Novas >

Axenda LIX >

Agosto 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

Non hai eventos nos vindeiros días