Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

As Bibliotecas Municipais de Oleiros elaboraron unha guía con 278 recomendacións de libros, DVD e CD titulada Lecturas para ti, na que se presentan recomendacións de obras que emocionan, divirten, entreteñen, informan, instrúen ou fan pensar; que invitan a coñecer mellor a nosa cultura ou outras diferentes; bos libros para ler, analizar ou mirar; películas ou discos para gozar e compartir. Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos, intereses, preferencias e idades. Son 278 libros, DVDs e CDs que están nas bibliotecas do concello, dispoñibles para o seu préstamo a domicilio,…
Presenza galega nos Premios aos Libros Mellor Editados do 2011 feitos públicos onte polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Estes premios, sen dotación económica, son moi valorados polo seu prestixio e recoñecemento, así como pola difusión que conleva, ao ser incluídos nas accións de promoción do libro e expostos nas principais feiras nacionais e internacionais. O xurado valorou 251 obras en total, incluídas en cinco grupos temáticos. Entre eses grupos está a categoría de Libros Infantís e Xuvenís, e o primeiro premio correspondeu ao libro Kipling ilustrado, da editorial pontevedresa Kalandraka. A edición de Kipling Ilustrado xorde da exposición…
O vindeiro 9 de xuño celebrarase no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela a V Xornada dos Clubs de Lectura, organizada pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Desde o curso 2007/2008, este departamento de Educación contempla, dentro do programa Hora de Ler para o fomento da lectura en centros de ensino, unha convocatoria de axudas para incentivar o funcionamento de clubs de lectura en centros de ensino públicos que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional, educación de persoas adultas ou…
A Editorial Galaxia ven de presentar Aula Virtual, un espazo de traballo en liña pensado para completar a oferta de Libro de Texto da editorial viguesa e que permitirá aos docentes e ao alumnado traballar coas novas tecnoloxías na materia de Lingua e Literatura Galega en todos os cursos da ESO. Na Aula Virtual de Galaxia estarán dispoñibles, por unha banda, os PDFs dos libros de texto, pero, sobre todo, unha serie de materiais pensados para o profesorado e os alumnos e alumnas que lles permitirá afondar e mellorar o seu proceso de aprendizaxe na materia de Lingua e Literatura…
A agrupaçom cultural O Facho ven de facer públicos os gañadores do concurso literário “Contos de nenos para nenos: Carlos Casares” na convocatoria do ano 2012, segundo acordo do xurado formado polos escritores Xabier P. Docampo, Breogán Riveiro Vázquez, Xosé Manuel Martínez Oca, e Soledade González Maside (sen voto). Gañadores. Premio da Categoría A (Nenos e nenas de 9 a 12 anos) Primeiro premio: Carta a Pilar de Andrés Vázquez García. Alumno do CEIP Eloísa Rivadulla (Chantada). Segundo premio: A néboa de David Carpacho Pérez. Alumno do IES Manuel Murguía (Arteixo) Premio da categoría B. (Rapaces e rapazas de 13…
Xa hai os gañadores do V Premio Literario Escolar Novacaixagalicia. O xurado, formado polo escritor Francisco Castro, que actuou de presidente; pola escritora Beatriz Fraga; a poeta Dores Tembrás; o crítico literario Ramón Nicolás; e o escritor Álvaro Otero, acordaron os nomes das alumnas e alumnos gañadores deste galardón. Na modalidade de bacharelato, o premio recaeu en Alfonso Francisco Traficante Fernández, do IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela (profesor: Manuel Maseda Deán); na de segundo ciclo de ESO, a premiada foi Leticia Álvarez Teruelo, do CPI Tomás Terrón Mendaña de Carballeda de Valdeorras (profesora: María Blanco Crespo); na de…
Se hai uns días entregábanse os premios Frei Martín Sarmiento para a 4ª (1º e 2º ESO ) e 5ª categoría (3º e 4 de ESO e Bacharelato) a Dragal e a Menú de enganos, respectivamente; vense de entregar, nun acto celebrado no Museo de Galicia da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, os restantes galardóns. O acto de entrega destes galardóns enmárcase na Festa da Lingua, unha iniciativa que promove anualmente a Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas, e que este ano congregou na Cidade da Cultura 600 escolares de educación primaria. Precisamente, son os alumnos e…
David Pintor, un dos nosos ilustradores máis internacionais e recoñecidos, acaba de recibir o 2º premio de ilustración do Festival Internacional de Literatura Infantil de Sharjah, nos Emiratos Árabes, polas ilustracións do libro de poemas Almanaque musical, publicado recentemente por Kalandraka editora. O ilustrador coruñés acudiu persoalmente a recoller o galardón e participou -xunto co ilustrador mexicano Gabriel Pacheco, gañador do 1º premio do certame- nun obradoiro de debuxo dirixido a público escolar. As ilustracións de Almanaque musical permaneceron expostas no recinto feiral ata a finalización do festival. Almanaque musical contén doce poemas, un para cada mes do ano, nos…
Na Festa da lingua celebrada o 24 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra fixéronse públicos os/as gañadores/as da VIII Edición do Premio Frei Martín Sarmiento para a 4ª (1º e 2º ESO ) e 5ª categoría (3º e 4 de ESO e Bacharelato). Este premio está organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas e son os propios alumnos de diferentes cursos (entre 1º de Educación Primaria e 4º da ESO) quen escolle os gañadores en cinco categorías, ás que hai que sumar unha sexta onde é o público adulto quen elixe o gañador. Na 4ª categoría…
Unha viaxe de ida e volta é o lema da XII Campaña Municipal de Animación á Lectura que se realizará ata o 31 de maio na Galería Sargadelos de Santiago, organizada polo Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka Editora. Sesións de contacontos, obradoiros de escrita creativa e ilustración, visitas guiadas pola exposición de ilustracións, libros e elementos tridimensionais... son algunhas das actividades coas que os escolares de Compostela e o público xeral poderán gozar. A programación está dirixida ao alumnado das Escolas Infantís de Conxo, As Fontiñas, San Roque, Polígono do Tambre e Trasparlamento. Tamén participan escolares…
Páxina 21 de 28

Buscar en Novas >

Axenda LIX >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
10
11
12
13
14
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
28
29
30