Print this page

Un libro para coñecer e achegar aos rapaces a figura de Lois Pereiro

Rate this item
(0 votes)

O concello de Monforte presentou a edición dun libro conmemorativo da figura do poeta monfortino Lois Pereiro. Trátase dunha edición enmarcada nos actos programados pola administración local para conmemorar o ano 2015 como Ano Lois Pereiro.

O libro, do que se editaron 200 exemplares, ademais de estar a libre disposición para a súa descarga na web, será repartido nos centros educativos da localidade e nas bibliotecas públicas da Comarca, co obxectivo de dar a coñecer máis a figura deste emblemático poeta.

A publicación divídese en dúas partes. Unha primeira que recolle as intervencións dos membros da Real Academia Galega no 2011, cando se dedicou o Día das Letras Galegas a Lois Pereiro. A segunda parte está composta por unidades didácticas dirixidas a nenos e nenas de Educación Infantil, 3º Ciclo de Primaria, ESO e Bacharelato.

Estas unidades foron elaborados pola profesora de ensino secundario María Dolores Cid Cid, e combinan traballo tradicional con dinámicas de xogo, novas tecnoloxías e investigación, co fin de dar a coñecer Monforte e a figura de Lois Pereiro dunha forma lúdica e dinámica.

 

Additional Info

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati