Print this page

Un ciclo de conferencias afondará na música e na poesía dende a primeira infancia

Rate this item
(0 votes)

A Universidade de Vigo organiza a o Ciclo de Literatura Infantil Música e Poesía dende a primeira infancia, co que se continúa o vieiro iniciado en outubro do pasado ano titulado A pegada das mulleres desde a tradición oral á actualidade. Está coordinado por Isabel Mociño e Susa Herrera e conta coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega e da Secretaría Xeral de Política Lingüística do goberno galego.

Entre os obxectivos cos que xorde este ciclo están o de dar a coñecer estratexias, recursos e ferramentas para achegar a poesía e a música á infancia e adolescencia, divulgar experiencias e producións de Literatura Infantil e Xuvenil galega da man das propias creadoras (autoras, ilustradoras), aspecto fundamental entre futuro profesorado da Educación Infantil e Primaria; tomar conciencia entre o alumnado, mediadores e público en xeral da importancia de coñecer a literatura para os máis novos/as, saber recomendar as obras de calidade e sobre todo aquelas que promovan valores en positivo, entre eles a educación estética e musical , ou visibilizar a poesía e a música para a infancia e adolescencia, incidindo en criterios de selección coherentes e acordes ao coñecemento da evolución histórica destas producións.

Todas as sesións comezan ás 17.00 h. na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense).

A inscrición é gratuíta e non é obrigatorio, para a asistencia, formar parte da comunidade educativa. Para obter diploma de asistencia deberán dirixirse a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

 

Programa

5 outubro  |  Montse Rivera  |   A tradición oral nas aulas.  

Recollida da transmisión oral e versión musical.

11 outubro  |  Antonio García Teijeiro  |  A poesía e a música nas aulas: unha necesidade e un reto.

Creación poética de autor: a importancia da poesía nas aulas.

19 outubro  |  Uxía Domínguez Senlle  |  A música, universo suxestivo para a infancia.

A música e os proxectos poético-musicais para a infancia.

26 outubro  |  Elvira Riveiro Tobío  |  A poesía que queremos.

A experimentación poética para a infancia e adolescencia.

2 novembro  |  Fran Alonso  |  Poesía, a música da vida.

A experimentación poético-musical ao redor da lírica.

9 novembro  |  Susa Herrera  |  Músicas agochadas.

Música e poesía para a infancia, a súa importancia para futuros docentes de infantil e primaria.

 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati