Print this page

O libro Lendo lendas, digo versos incluído na Lista de Honra do IBBY 2018

Rate this item
(0 votes)

Lendo lendas, digo versos (Xerais) de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa, con ilustracións de Xosé Cobas, ven de ser incluído na Lista de Honra do IBBY 2018, unha selección bienal de libros representativos, publicados recentemente, e que destacan a escritores, ilustradores e tradutores de estados e países membros de IBBY.

Se Lendo lendas, digo versos, foi seleccionado na modalidade de escritores, a produción editorial galega tamén está representada polos libros Despois da chuvia (Kalandraka) de Miguel Cerro na categoría de ilustradores; e os libros Botchan (Sushi Books) de Natsume Soseki e traducido ao galego por Mona Imai, e Un clot és per cavar-hi (Kalandraka) de Ruth Krauss e traducido ao catalán por Miquel Desclot.

O catálogo, do que se imprimirán 3.000 exemplares, será distribuído tras o 36º Congreso IBBY que terá lugar en agosto en La Habana, Cuba. Os libros, ademais, formarán parte dunha exposición itinerante que viaxará a Xapón, Rusia e Italia (Feira de Bologna), e se incorporarán a bibliotecas de centros de investigación como a IJB de Múnic.

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati