Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O libro e a lectura estarán presentes este verán grazas ao programa Ler conta moito

Rate this item
(0 votes)
Espectáculo Brinca Vai, de Paco Nogueiras Espectáculo Brinca Vai, de Paco Nogueiras

O libro e a lectura terán unha especial importancia este verán. O programa Ler conta moito, desenvolvido pola Secretaría Xeral de Cultura achegará un total de 77 actividades en centros da Rede de Bibliotecas de Galicia de 37 concellos galegos, entre as que se inclúen obradoiros creativos, contacontos, espectáculos de danza, teatro e maxia, música e xincanas fotográficas, todas elas destinadas a achegarlle a lectura á cidadanía dun xeito lúdico e participativo.

Coa colaboración dos concellos, este programa de dinamización da lectura chegará neste período estival ás localidades de Crecente, Cambados, Boqueixón, Tomiño, Poio, Celanova, Salceda de Caselas, Lalín, Irixoa, Coirós, Bóveda, As Pontes de García Rodríguez, Riós, Valga, Carnota, Sober, Santiso, Zas, Tordoia, A Baña, Verín, A Coruña, A Veiga, Bande, Pantón, Carballo, Redondela, Xove, Muxía, Santiago de Compostela, Ribadavia, Esgos, Teo, Cerceda, A Capela e Moaña e mais Ponte Caldelas.

Con esta programación, mozos e nenos poderán viaxar ao interior dos libros a través do espectáculo ‘Comelibros’, de Matapiollos Teatro; participar en xincanas fotográficas literarias, darlles vida aos personaxes dos contos coa técnica do stop-motion, traballar valores como a convivencia ou a igualdade a través dos contos máxicos de ‘Dada o duende’, experimentar e descubrir coa actividade ‘A ciencia é divertida’ e aprender a escribir con materiais propios da época romana co obradoiro ‘Scripta’.

Con ‘Ler conta moito’, os máis novos tamén terán ocasión de coñecer a vestimenta dos devanceiros e as pezas do traxe tradicional da man de Montse Rivera no obradoiro ‘Contoche un traxe’; de achegarse aos segredos dunha representación teatral co obradoiro de Teatro Buratini, ‘O lapis máxico’; de crear personaxes e mundos imaxinarios no obradoiro ‘Imaxinando minchapas con Pichük, a cargo do ilustrador Manel Cráneo’; ou de iniciarse no manga cun obradoiro de banda deseñada xaponesa.

A maxia tampouco faltará este verán nas bibliotecas que participan no programa, con actividades como ‘Tecnomaxia’, do Mago Richar, e ‘Maxia cómica’, de Leo Leíño. E tamén estará presente a música, a través de propostas como ‘Brinca vaia!’, de Paco Nogueiras, ou ‘Palabras percuDitas’, un espectáculo que combina a narración de historias co ritmo da música de diferentes instrumentos de percusión.

Todas as actividades, de carácter gratuíto, son difundidas a través da rede no blog de Ler conta moito http://blogs.xunta.es/lercontamoito/

 

 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Novas >

Axenda LIX >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
10
11
12
13
14
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30