Print this page

O III Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta para nenos ou adolescentes recae no pontevedrés Pedro Rielo

Rate this item
(0 votes)
Pedro Rielo Pedro Rielo Foto: Instagram

A Fundación Neira Vilas en Gres (Vila de Cruces) acolleu o pasado sábado 3 de novembro o Día de Xosé Neira Vilas, co gallo do 90º aniversario do nacemento do crucense máis universal en Gres. A conmemoración incluíu a entrega do III Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta para nenos ou adolescentes, que este ano recaeu no escritor Pedro Rielo Lamela pola obra Detrás dos perdidos, e a representación do espectáculo de baile e música tradicional Balbino, a cargo da formación compostelá Cantigas e Agarimos.

O xurado do premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta declarou gañadora, por unanimidade, a obra Detrás dos perdidos, de Pedro Rielo. Na elección influíu a viveza dos seus diálogos, o logrado da ambientación dos escenarios e a caracterización dos personaxes, que converten a narración nun texto de agradable lectura que combina a intriga coas evocacións paisaxísticas e as reflexións transcendentes.

O Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta, convocado pola Fundación Xosé Neira Vilas está dotado con 1.000 euros e coa publicación da obra gañadora.

Pedro Rielo Lamela (Pontevedra, 1972) é escritor e xornalista. Como poeta publicou Illado na incerteza (2002) e As palabras furtivas (2006). Como ensaísta, é autor da monografía Ovidio Murguía (2004). Na súa faceta de xornalista, actualmente traballa nos informativos da TVG. Rielo sumará o seu nome ao dos gañadores das dúas primeiras edicións: David Daniel Vázquez Álvarez na súa primeira edición por Brian o chinés (Embora) e An Alfaya por O home de negro (Embora) na segunda.

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati