Print this page

La huerta de Simón, da arxentina Rocío Soledad Alejandro, gaña o X Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado

Rate this item
(0 votes)

A ilustradora arxentina Rocío Soledad Alejandro gañou o X Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado pola obra presentada co lema La huerta de Simón. O certame, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago e por Kalandraka Editora.

O xurado, formado pola autora Teresa Durán, o escritor Xabier P. Docampo, o ilustrador Miguel Calatayud, o concelleiro de Educación e Cidadanía de Santiago, Manuel Dios, o xefe do Departamento de Educación e Cidadanía, Xosé Manuel Rodríguez-Abella, Beatriz Varela como secretaria e Manuela Rodríguez en representación de Kalandraka, elixiu La huerta de Simón por unanimidade, tras unha longa deliberación.

Descrito como “un álbum ideal para nenos e nenas”,  indica o xurado "dáse unha progresividade narrativa en todo o álbum. Amosa unha clara intención ecolóxica, unha relación colectiva coa terra. Unha historia aparentemente simple que é universal. Non só se trata de ilustración senón tamén de deseño gráfico, sacando proveito da resolución visual das personaxes. É sinxelo pero non é simple. Moi acertada na contención da cor e na construción da páxina dando múltiples niveis de lectura".

Nada no 78 e afincada en Bos Aires, Rocío Alejandro formouse como deseñadora gráfica pero considera a ilustración infantil como a súa “verdadeira vocación”. Participou en varios talleres e cursos que a orientaron na súa traxectoria artística. Ilustrou libros que foron publicados tanto en Arxentina como noutros países.

A finalista desta edición do certame foi Diana Sofía Zapata Ochoa, pola obra titulada Distinta, unha "historia rica en cor e procedementos acerca dunha protagonista soñadora en contraste cun mundo rutinario de adultos. Podemos destacar unha composición técnica notable, cun bo uso de imaxes con carga metafórica".

O xurado seleccionou a obra gañadora e a finalista de entre un total de 212 álbums ilustrados, procedentes de 20 países: Galicia, México, Sri Lanka, Reino Unido, Arxentina, Brasil, Chipre, Colombia, Cuba, Ecuador, Grecia, India, Israel, Italia, Xapón, Noruega, Holanda, Polonia, Portugal, Salvador e España.

Rocío Soledad Alejandro, ademáis da cantidade económica estipulada nas bases do concurso, verá o seu traballo publicado por Kalandraka en en todas as linguas peninsulares.

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati