Print this page

Este venres arranca o XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Rate this item
(0 votes)

Todo listo para unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se desenvolverá entre os días 1 e 23 do próximo mes de abril nesta a súa edición número dezasete.

O programa deste ano, que leva como lema “Canta bichería!”, está conformado por case 350 actividades abertas a todo o público. Dende o concello de Pontevedra, organizador do acto, indican que o Salón do Libro ten como fin “seguir traballando para achegar os libros a xente de todas as idades, pero sobre todo ao público infantil”.

Durante o próximo mes de abril e ao longo de 6 mañás realizaranse 5 contacontos e 6 obradoiros para agasallar ao alumnado de infantil e primaria dos centros colaboradores, realizando todos eles a posteriori unha visita guiada á Sala. Ademais, nas actividades concertadas con centros de ensino colaboradores participarán un total de 45 -9 máis que o ano pasado-. Isto suporá o paso duns 5.000 nenos e nenas de educación infantil, primaria e secundaria, tendo así un incremento de máis de 750 alumnos e alumnas.

A maiores, 7.000 escolares – 1.200 máis que en 2015- asistirán aos 7 espectáculos programados para infantil, primaria e secundaria e ás visitas guiadas á sala.

O Salón, en colaboración con ONCE, fan na súa XVII edición unha forte aposta pola integración e por achegar a literatura a todos os públicos, creando nesta edición un espazo especialmente deseñado para os discapacitados visuais que levan anos visitándoo. Ademais, polo Pazo da Cultura pasarán un ano máis o CEEPR Mecos, da Asociación BATA, de tratamento do Autismo e participarán por primeira vez integrantes da asociación Amencer Aspace (Parálise cerebral).

O Pazo non será o único escenario no que se desenvolverán as actividades previstas para este ano. Como antesala á inauguración do evento -para o que Lucía Aldao e María Lado prepararon un espectáculo específico xunto co Seminario Permanente de Jazz-, Orbil, a mascota do Salón, percorrerá as rúas pontevedresas e achegaralles aos nenos/as do hospital provincial un lote de libros especiais.

 

Additional Info

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati