Print this page

Escolas Católicas de Galicia dan a coñecer os gañadores do XIII Premio Frei Martín Sarmiento

Rate this item
(0 votes)

O pasado venres 9 de xuño coñecéronse os gañadores da décimo terceira edición do Premio Frei Martín Sarmiento, organizado polo departamento de Dinamización Lingüística de Escolas Católicas coa colaboración da Secretaria Xeral de Política Lingüística.

O acto, que estivo presidido por Juan Manuel Buján, presidente de Escolas Católicas de Galicia, contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valetín García así como coa de distintas personalidades do ámbito da cultura, ademais dunha representación do alumnado e dos pais que participaron no premio literario.

Os gañadores desta XIII edición do Premio Frei Martín Sarmiento foron:

Educación Infantil. Fíos do querer (S.C.G. Miudiño) de Cé Orquestra Pantasma.

1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria. A estrambótica Illa do Tesouro (Bululú) de Pinto&Chinto.

2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria. Viaxe a Dragonia (Rodeira) de Xan López Domínguez.

3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria. O home que sabía voar (Tambre) de Xabier López López.

4ª categoría: 1º e 2º de ESO. O inspector Chumbo (Ir Indo) de Xosé Lois Ripalda.

5ª categoría: 3º e 4º de ESO. A cea das enaguas (Tambre) de An Alfaya.

6ª categoría: Adultos. As horas roubadas (Xerais) de María Solar.

O Premio Frei Martín Sarmiento é unha actividade de animación á lectura en lingua galega mediante a cal dende a organización propoñen unha serie de libros finalistas en diferentes categorías dende Educación Infantil ata Bacharelato que as alumnas e alumnos len ao longo do curso e emiten as súas valoracións para elixir o libro gañador en cada unha das diferentes categorías.

 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati