Print this page

Andrea Maceiras gaña o Lazarillo de creación literaria

Rate this item
(0 votes)
Andrea Maceiras Andrea Maceiras Foto.: Eduardo Castro - AELG

Andrea Maceiras ven de se facer co Premio Lazarillo de Creación Literaria 2018 por Rusgalía. Este Premio Lazarillo está organizado pola Asociación Española para o Libro Infantil e Xuvenil.

A obra da escritora coruñesa impúxose as outras 118 obras presentadas ao certame, das cales 69 son en narrativa, 36 en poesía e 14 en teatro. De todas elas 9 están escritas en galego, 2 en catalán e 108 en castelán. O xurado, integrado por Xosé Perozo, Presidente da OEPLI, e Marta Higueras, Joan Portell, Pilar Sampedro e Larraitz Uria, en representación das catro seccións territoriais da OEPLI, acordaron conceder por maioría o Premio Lazarillo ao traballo presentado por Maceiras, unha obra ben urdida e entramada cunha linguaxe poética con belísimas escenas que transportan ao lector a un mundo galáctico. Rusgalía supón unha aposta á imaxinación desbordante e á ciencia ficción.

Pola súa banda, no mesmo certame pero na modalidade de álbum ilustrado, o premio foi para Paloma Corral e Begoña Oro pola obra Un fuego rojo.

Licenciada en Filoloxía hispánica e en Filoloxía galega, Andrea Maceiras é actualmente profesora de Lingua Galega e Literatura en educación secundaria. Co Lazarillo, Maceiras suma un novo galardón á súa longa traxectoria literaria, onde atopamos, entre outros, os premios no Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior. o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil, o Fundación Nova Caixa Galicia, o Jules Verne ou o Fervenzas Literarias ao mellor libro de literatura xuvenil en dúas ocasións.

 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati