Print this page

A LIX galega móstrase na Feira do libro de Bologna

Rate this item
(0 votes)
Expositor Galicia Expositor Galicia Foto: Asociación Galega de Editores

Hoxe luns principia a Feira Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Bologna, a feira europea máis importante para o libro especializado na literatura infantil. Trátase dun punto de encontro entre editores, escritores, ilustradores, axentes literarios para comprar e vender dereitos dos seus traballos, intercambiar experiencias e desenvolver novos proxectos. Sete pavillóns acollerán ata o día 2 de abril a preto dun millar de expositores.

Dada a importancia desta feira, e como non podía ser doutro xeito, a literatura galega estará presente en Bologna. A editorial pontevedresa OQO editora contará cun stand de seu, o mesmo Kalandraka e Nova Galicia edicións. Pola súa banda, o goberno galego patrocina un stand onde estarán os libros das editoriais Bululú, OQO Editora, Galaxia, Baía, Xerais, Hércules, Nova Galicia Edicións, Everest Galicia, Kalandraka Editora e Embora.






 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati