Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Tes ata as 10 (Galaxia) de Francisco Castro

Rate this item
(0 votes)

Misterio, intriga, amor, suspense, envexas, libros… e, especialmente, unha incrible historia que engancha ao lector dende as súas primeiras páxinas. Velaquí algúns dos elementos que atopamos en Tes ata as 10 (Galaxia), a nova proposta literaria de Francisco Castro.

Narrada cun ritmo trepidante, o escritor vigués amalgama en Tes ata as 10 un nobelo que o lector terá que desenrolar e desenredar aos poucos. Notamos nas últimas achegas de Francisco Castro unha certa querenza por este tipo de historias que transportan ao lector velozmente páxina por páxina, pero sería totalmente inxusto deterse só nese aspecto. Abofé que Tes ata as 10 condensa moito máis no seu interior, aspectos que emerxerán ao longo da novela como os indicados ao inicio e que farán sentir ao lector estar ante un gran todo.

Enorme novela e magnífica lectura, para ler e reflexionar. E si, aparece nunha colección xuvenil, hai algún problema?.

 

 


 

 

 

Fervenzas Literarias: Temos nas librarías Tes ata as 10, a súa nova novela, publicada na colección xuvenil de Galaxia. Chama a atención que non sacara nada para este público dende o ano 2010, con O segredo de Marco Polo (Galaxia). É vostede consciente, á hora de escribir unha novela, cara que público vai ir dirixida? Ou pola contra, vai ser a propia novela quen determine iso?

Antes de empezar a escribir teño moi claro o chanzo de idade onde quero situar a novela, e esa decisión condicionará totalmente a forma na que escribo. Se eu decido contar unha historia para nenos escribirei dun xeito totalmente diferente que se escribo para adultos. Iso é de lóxica. Por exemplo, agora estou poñendo practicamente o punto e final a unha novela para adultos e estou empregando a lingua e unha estrutura interna dun xeito totalmente diferentes ao utilizado neste libro. No caso de Tes ata as 10 moita xente pregúntame a razón pola que aparece en Costa Oeste, a colección que Galaxia ten para literatura xuvenil, en lugar de facelo na de adultos. Coido que Tes ata as 10 é un libro de fronteira, e pode ser atraente para os lectores mozos (de feito está a funcionar moi ben no ensino) como  para o público adulto, uns lectores coñecedores da miña obra anterior e que seica, polos comentarios que me chegan, séntense cómodos na lectura de Tes ata as 10.

 

Non existe o medo de que unha parte do público non se achegue a un libro polo simple feito de aparecer nunha colección xuvenil?

Era un risco editorial. Non che vou negar que dentro de Galaxia houbo máis dunha discusión por mor disto, pero pola miña parte tiven sempre clara a decisión de publicalo na colección xuvenil. Tampouco son o primeiro en facelo, velaí está o caso de Agustín Fernández Paz, que aposta por tirar cara xuvenil coa idea –e concordo con el- de conseguir que a rapazada lea libros sen caer nos tópicos de amores adolescentes, etc. Nese sentido en Tes ata as 10 non aparece ningún personaxe adolescente, son todos adultos.

Ben é certo que pode existir un rexeitamento por parte do público adulto por aparecer nunha colección xuvenil, pero de verdade, non me chegou nada diso. Creo que acertamos en colocalo nesta colección.

 

Con Tes ata as 10 recunca nas historias de suspense e de intriga. Con toda a bibliografía que ten as súas costas élle unha necesidade escribir baixo estes marcos esquemáticos ou é a propia trama quen achega o escritor cara ese terreo?

Son as historias as que saen así. A vindeira novela que publicarei non será unha historia de suspense, nin conterá misterio ningún, pero é a historia quen me pedía que non fora así. No caso de Tes ata as 10 eu tiña moi clara a imaxe inicial do protagonista recibindo un correo electrónico de seu pai acabado de morrer, e iso levoume a desenvolver a estrutura da novela cara un marco de intriga. As grandes ideas que queres transmitir son as que che marcan a música que vas interpretar.

 

Escríbese do que se le en cada momento?

Non ten absolutamente nada que ver. Hai colegas escritores que mentres están escribindo non queren ler nada ou non queren ler nada sobre a temática na que escriben. Nese sentido hei de recoñecer que teño unha gran capacidade de abstracción, por outra banda algo inevitábel, porque o meu traballo de editor consiste fundamentalmente en ler libros doutros.

 

O pai de Toni, protagonista de Tes ata as 10, morre sendo o director do Eco de Vigo. A partires de aí o lector vai desenfiando unha historia híbrida en canto temas e mestura de xéneros: hai intriga, misterio, a nosa historia máis recente, amor…

Que supón para un autor escribir unha novela onde achamos tantos matices e historias?

Basicamente dúas cousas: un pracer enorme mentres escribes e, en segundo lugar, un xogo de equilibrios. Ti como lector les o libro de principio a fin, pero a escrita non é lineal. Construír a armazón da novela foi a parte máis dificultosa da escrita. Digamos que en Tes ata as 10 eu estou xogando de farol todo o rato, amosándolle ao lector unhas cartas determinadas, pero sempre has de ter un as gardado na manga. Esa é a esencia de escribir unha novela de intriga. O lector poderá comprobar a existencia de moitos elementos distintos, moitas  historias diferentes, pero ao mesmo tempo, eu hei de procurar que non perda o interese na trama. Polo medio está ese xogo de confusión para intentar saber quen está detrás movendo os fíos. Para desenvolvelo houbo moito traballo de esquemas, de tomar notas, … Foi moi pracenteiro facelo pero houbo que apuntalar moi ben tamén a novela para que non caese.

 

Grandes clásicos universais da literatura de aventuras terán unha grande relevancia en Tes ata as 10.

Quería que Tes ata as 10 reivindicara todos eses libros e lecturas que formaron parte da miña infancia, que fora unha reivindicación da propia literatura. É un tópicazo, pero ler fainos vivir máis, permítenos coñecer latitudes que ao mellor non imos visitar nunca. Mira a Jules Verne, un tipo aburridísimo que practicamente non saía da súa casa, e sen embargo estaba moi ben informado, lía canta revista científica caía nas súas mans. Extrapolado aos seus libros, cando describe a sabana africana en Nove semanas en globo semella en verdade que Verne estea pintando esas escenas. Eu bebín de todos eses libros e quería que estiveran aí como homenaxe, pero tamén me serven, dentro da novela, como un elemento que une a dúas xeracións. En Tes ata as 10 estes libros non son outra cousa que unha linguaxe común entre Toni e seu pai, ambos os dous están cangados polo amor ás grandes historias.

 

Cómo lle marcaron a vostede como persoa e como escritor eses referentes literarios?

Dun xeito absoluto. Dicías antes que cada vez máis as miñas novelas apostan máis pola intriga e polo misterio. Cos anos eu estou máis cómodo e relaxado no meu oficio de escritor e intento parecerme máis ao que me gustaba canda neno. Na miña infancia pasei moito tempo só na casa e nesa soidade a miña gran compaña, ademais da radio e dos Beatles, foron os libros. A pegada que deixaron en min, non só como escritor senón como persoa, foi enorme.

 

Pai liberal, nai da alta burguesía viguesa e dous xeitos totalmente opostos de relacionarse co fillo.

O único ou o mínimo que se lle debe esixir a quen exerza de pai ou de nai é que non sexa avaro á hora de impartir cariño, e iso faino o pai de Toni pero non a nai. De todos os xeitos, cando vou a faladoiros sobre Tes ata as 10 a xente dinme que son extremadamente duro coa nai. Eu retrúcolles afirmando que hai algo que o pai e a nai fan igual, que é querer. A nai de Toni quere ao seu fillo, o que acontece é que está moi decepcionada co rumbo que tomou na vida. Ela pensa que o fillo ten un xornal, que ten un apelido moi importante… e por que rexeita iso?

 

Sempre detrás, como compoñente perenne das súas novelas, unha reivindicación do amor, en maiúsculas.

Se me preguntas: escribes porque pensas que o amor é o gran motor da realidade? Eu diríache que si, pero non volvería ser nada orixinal. Dígocho eu pero dixérono xa os presocráticos. Nós somos paixón, somos animais sentimentais. Nietzsche explicou moi ben como dende Sócrates en diante -e fundamentalmente dende o cristianismo- se nos intentou convencer de que somos un animal racional. Non é certo. Se fósemos racionais non namoraríamos, non poríamos as nosas vidas en perigo por amor como facemos ás veces. Se fóramos racionais non escribiríamos libros. Basicamente somos emocións, e abofé que non hai fábricas que elaboren endorfinas, oxitocínas ou adrenalinas máis potentes que as historias de amor.

 

Chama a atención nesta novela o paralelismo que se pode crear entre o protagonista e a súa persoa: o feito de ser ambos os dous editores, resgos físicos semellantes, querenza polos elementos náufragos que aparecen na novela…). En que medida filtra en Tes ata as 10 a súa propia biografía?

Eu estou en todo o que escribo, pero nesta novela dunha maneira máis descarnada. Levo vinte e un libros publicados e é a primeira vez que escribo en primeira persoa. Decateime diso cando rematei o libro logo dun ano de traballo. De verdade que non foi nada decidido, saíu así. A primeira parte do libro era a morte do pai máis o soterramento e pensei que lle acaía ben contalo en primeira persoa. Seica iso motivou que –inconscientemente- eu fose un pouco máis transparente, ou me espira máis que noutras ocasións.

Logo aparecen na novela aspectos nos que creo e cos que me identifico, como a defensa do amor entendido como liberdade, do amor que fuxe do convencionalismo, que reivindica o dereito a ser a pesar da presión social. A alegación que fago da sexualidade feminina en pé de igualdade coa masculina. Eu quero que os meus fillos sexan educados así. Por iso decidín que Toni fose editor, que tivera corenta e seis anos, que son os anos que tiña eu cando escribín este libro, que fose calvo…

 

Con todo, Tes ata as 10 non deixa de ser senón unha viaxe interior de Toni cara a si mesmo.

Un dos espantos que vive Toni é o horror á certeza de pensar que coñecía moi ben a seu pai. Que a persoa á que el admiraba, a persoa coa que pasara tantas e tantas horas no seu despacho, era seu pai, cando en realidade ignoraba moitas cousas del. Toni vai ter que se enfrontar cunha realidade que el non agardaba, será un proceso  para se deconstruír e a partires de aí renacer.

 

Nun momento do libro Toni  di, en referencia ao seu pai: El era deses profesionais que, cando falaban do “compromiso cos lectores”, dicíao moi en serio. Cando non era doado escribir certas cousas nun xornal achega vostede aos lectores unha época e unha temática convulsa e complicada. Máis dun lector podería facer un paralelismo coa situación actual.

En Tes ata as 10 hai unha defensa da actitude heroica dos xornalistas daquela época. Seguramente hoxe tamén existen xornalistas heroicos. O que acontece é que houbo una época onde os xornais eran lidos de arriba a abaixo por un señor que tiña como oficio o de censor. A pesares do duro que podía ser esa situación houbo xornalistas que foron quen de contar o que estaba pasando aínda que fose entre liñas, e darlle cabida a moitas voces críticas aínda que iso supuxera que ao día seguinte o gobernador chamase para facer advertencias. E non era ningunha coña esas advertencias.

Hoxe non hai censores pero as empresas xornalísticas están moi condicionadas polos ingresos procedentes da publicidade, e entre esa publicidade ten un grande peso a publicidade institucional. Cando un xornal ou unha canle de televisión ou de radio recibe miles e miles de euros dunha administración case que imposibilita a posibilidade de facer un xornalismo crítico. Como podo criticar á Xunta cando a Xunta está metendo millóns na miña cabeceira?

No caso da novela esta quere ser unha homenaxe non só a ese tipo de xornalistas heroicos senón tamén a sindicalistas e a imprentas que de noite, cando tecnicamente estaban pechadas, imprimían xornais e follas voandeiras que contaban a realidade e chamaban á revolta. Estaban xogándose o pan e a vida, pero sen embargo estaban facendo.

 

 

 

 

 Santiago de Compostela. Abril, 2015

 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Entrevista >

Axenda LIX >