Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O estrambótico Principiño (Bululú) de Pinto&Chinto

Rate this item
(1 Vote)

Un dos personaxes máis queridos polos lectores dende hai décadas é o Principiño, ese inocente neno que un día aterrou na Terra procedente do seu minúsculo e afastado planeta. Unha historia que hai xa setenta anos elevou á categoría de clásico o aviador francés Antoine de Saint-Exupéry.

E se o que chegou ata nós era o testemuño do aviador, agora comprobamos que algunhas cousas non aconteceron exactamente tal e como nolas contou Saint-Exupéry. Grazas aos xeniais Pinto&Chinto temos nas nosas mans o que realmente sucedeu, e contado por o Rei que, anos atrás, canda mozo, foi o Principiño.

Con moito humor e enxeño Carlos López (Chinto) ofrécenos en O estrambótico Principiño unha divertida historia que rende homenaxe ao relato universal de Antoine de Saint-Exúpey, dándolle unha reviravolta para nos achegar unha orixinal versión que entra e sae de O Principiño. Pola súa banda, David Pintor (Pinto) enfróntase ao grandísimo desafío de ofrecer ás lectoras e lectores unha nova visión do Principiño, un personaxe que temos tan interiorizado grazas ás ilustracións realizadas polo propio Saint-Exúpery para a obra orixinal.

Entrar nun dos grandes clásicos do século XX e saír cunha insólita e asombrosa recreación non debe de ser nada doado, e Pinto&Chinto saen airosos deste reto para achegarnos O estrambótico Principiño, un magnífico álbum ilustrado que nos permitirá reencontrarnos ou descubrir ao Principiño.

 

 


 

 

portadaFervenzas Literarias (FL): Antoine de Saint-Exupéry remataba O Principiño solicitando: “No me deixedes tan triste. Escribídeme en seguida, decídeme que o Principiño volveu...”. E vemos que o Principiño regresou, pero para contar unha historia un chisquiño diferente á que coñecíamos grazas ao aviador francés.

 Chinto (C): Pois si, a verdade é que volveu. Nós o que fixemos en O estrambótico Principiño foi retomar o espírito tanto do libro como dos personaxes para facer unha versión bastante libre e divertida, dándolle unha volta humorista ao texto orixinal escrito por Saint-Exúpery.

 

As orixes de O estrambótico Principiño localízanse en Corea. Como chega agora ata nós?

Pinto (P): Este é un proxecto totalmente diferente do que soe ser o nacemento dun libro ilustrado. Polo xeral a historia abrolla da cabeza do escritor ou guionista e posteriormente o debuxante resolve o traballo de ilustración. Neste caso non, O estrambótico Principiño xurde dunhas ilustracións que eu fixera para unha editorial coreana: unha colección de clásicos para nenos pequenos das que eu tiven a oportunidade de ilustrar O Principiño, entre outros libros.

Unha vez rematado ese traballo tiña a pena de que ficase tan lonxe e non se puidera ver en Galicia, daquela propuxen á editora Bululú a posibilidade de aproveitar as ilustracións e preparar un texto que se adecuase ás mesmas. Por parte da editorial coreana non puxeron ningunha traba e eu pensei en Carlos como a persoa máis idónea para desenvolver o texto, convencido que el sería quen de lle dar unha visión orixinal e completamente diferente a un libro universal coma este sen amedrentarse á hora de achegar unha nova escrita a esta historia.

Recoñézolle a Carlos un grande mérito co seu labor neste libro, porque soubo adaptar moi ben o texto ás ilustracións. Está todo tan ben amalgamado que non ten por que saberse que desta volta é o texto o que está adaptado ás ilustracións, e non ao contrario.

C: O que pasa é que tes que amoldarte, non ir contra as ilustracións ou desmentilas, foi un pouco como un traballo de enxeñería literaria: podía recrearme na escrita cando dispoñía de espazo abondo para facelo, pero noutros casos tiña que poñer unha simple pincelada de catro liñas onde estaba indicado. Creo que o resultado final foi satisfactorio, non só a nivel de contido senón tamén a nivel de edición, Bululú fixo unha edición estupenda en canto ao tamaño do libro, á calidade do papel,na elegancia no deseño... É en verdade un libro moi bonito.

 

Pinto&Chinto xa publicou anteriormente en Bululú As estrambóticas viaxes de Gulliver. Por qué esta revisión dos clásicos?

C: Facer estes libros supón un verdadeiro reto, xa que se trata dun traballo de escrita totalmente diferente á creación propia. Aquí tes que cinguirte a versionar unha historia xa feita, que no caso de O Principiño se trata dunha historia universal e cun resultado redondo. Afrontala do xeito no que nós o fixemos impón moito respecto á hora de traballar, porque como esvares o trompazo que recibes vai ser tremendo. Sinceramente creo que tanto nas ilustracións como no texto quedou unha homenaxe moi digna ao texto orixinal, e seica O estrambótico Principiño pode ser unha maneira diferente de entrar na historia ideada por Saint-Exúpery, unha das obras mestras da literatura.
 

 

principinho-3Un dos aspectos máis salientables de O estrambótico Principiño é a recreación que realiza vostede da obra de Saint-Exúpery. O doado sería conformar unha versión reducida ou infantilizada do orixinal, pero neste libro dálle unha nova existencia á historia do Principiño.

C: Gústame dicir que este é un libro case que paralelo a O Principiño. Á hora de escribilo procurei seguir as liñas mestras da obra principal pero deixando a miña pegada, dándolle a miña propia chispa. Aínda que miras sempre para o orixinal, o que fas é unha creación nova: tomas uns personaxes, ponos en situacións diferentes, fas un esperpento con eles... Neste caso sería como coller o libro de Saint-Exúpery e poñelo diante dun espello deformante, como dicía Valle-Inclán. Ao igual que un debuxante caracteriza os trazos dunha persoa eu caricaturicei os trazos dun libro.

 

E como decidiu vostede sobre o que se introducía na historia, sobre o que se mantiña da obra orixinal e sobre o que se modificaba?

C: Ao dispor das ilustracións en certa maneira tiña que me cinguir por unha banda ás ilustracións e por outra banda ao texto. Cando me enfrontei a esta historia o obxectivo que me marquei foi trazar unha liña sinuosa ao redor do texto do libro pero sen afastarme moito para evitar que a historia non chegase a ser recoñecible. Velaí estaba o equilibrio que quería buscar.

E logo estaban as ilustracións de David, que eu non podía perder de vista. O texto non podía entrar en contradición co debuxo. Coido que o resultado final quedou moi aceptable, eu divertinme moito escribindo e creo que o lector tamén vaise divertir léndoo.

 

principinho-1Unha cousa semellante acontece coas ilustracións. Temos tan metido no subconsciente a imaxe do Principiño que debeu ser un desafío afrontar un traballo destas características. Cómo se ilustra un clásico?

P: Cando teño que ilustrar un gran clásico como é O Principiño procuro dar a miña visión e aportar o meu propio estilo ao libro. Este caso en concreto é moi singular xa que practicamente non hai ningunha versión de O Principiño que non leve as ilustracións creadas polo propio autor; detecto aí unha especie de medo de tocar algo case que sagrado e iso, de primeiras, imponche moito respecto. Neste caso eu formuleino como un reto, preguntándome: “Por qué non podo dar unha volta a esas ilustracións do Principiño que todos coñecemos e situalas no meu propio estilo gráfico?”. Abofé que foi un grande reto, pero un reto moi divertido, imaxineime a Saint-Exúpery pedíndome ilustrarlle O Principiño, e fíxeno con total liberdade.

 

O esencial é invisible aos ollos. Que foi o esencial para vostede á hora de ilustrar ao Principiño? Que quixo resaltar nas ilustracións que podemos atopar en O estrambótico Principiño?

P: O que quixen destacar á hora de ilustrar O estrambótico Principiño foi esa pesquisa da atmosfera que impregna todo o libro: unha atmosfera do deserto, da luz do deserto. E por outra banda intentar que esa atmosfera casara co espírito fantasioso e surrealista que ten o libro.

 

En O estrambótico Principiño volve aparecer ese humor de Chinto, por veces surrealista, e que tan seriamente impregna aos seus relatos e historias.

C: É a miña maneira de escribir, ademais, creo que na literatura infantil o humor funciona moi ben. Facer rir é algo estupendo. De todos os xeitos tampouco me gustaría definilo só como humor, considero que en certo modo dentro desa literatura humorística tamén convive a poética.

 

Atópase en O Principiño unha reflexión sobre o mundo dos adultos, cheo de reviravoltas e ben complexo. No seu caso, á hora de escribir para un público tan esixente como é o infantil, hai que procurar ser como o aviador cando mira ao Principiño, condensando na escrita unha mirada sinxela, sen prexuízos, pura na forma e amosando o que é verdadeiramente importante?

C: Si. Iso sería o que intentamos conseguir. Eu creo que a vida adulta nos contamina con mil historias e entón, cando escribes para nenos, o que tes que procurar -polo menos no meu caso- é volver a ese mundo infantil do que ti formabas parte anos atrás. Seica perdeuse moito, pero sempre fica algo, sobre todo ese xeito de mirar o mundo que teñen os nenos. E cando escribo procuro contarlles as cousas dende o punto de vista do neno que fun, facéndoo dende o humor e, isto é moi importante para min, sen dar leccións de moral. A literatura é beleza, e a beleza non é doada de acadar, pero se logras alcanzar esa beleza non tes por que explicala, nin tes por que transmitir ningunha sabedoría a través dela. A beleza é importante, e se logras difundila a través da literatura perfecto. Diversión simple pero non simplona.

 

Pinto, á hora de ilustrar sempre fala vostede de experimentar, de dar un paso máis. Qué buscou de orixinalidade para ilustrar o Principiño?

D: Esa busca da orixinalidade á que fas referencia hai veces que é activa e outras veces que é pasiva. Polo xeral non me marco obxectivos á hora de buscar a orixinalidade, simplemente me deixo levar; pero o que si é certo é que con cada libro vou buscando novos camiños, pero actuando case que dende o instinto.

O caso de O estrambótico Principiño é peculiar porque o proceso dende que eu fixen as ilustracións ata que Bululú o publicou en Galicia pasaron catro anos. Como dixen anteriormente para ilustrar O estrambótico Principiño deixeime guiar polo espírito do libro, por ese ambiente do deserto, das estrelas, da fantasía… e a partires de aí, á hora de bosquexar e buscar as personaxes e imaxinando como serían os habitantes deses planetas, foi un proceso bastante natural.

 

principinho-2E tras a publicación de As estrambóticas viaxes de Gulliver e O estrambótico Principiño, gozaremos no futuro de novas achegas de Pinto&Chinto nesta liña? Qué clásicos gustaríavos recrear e ilustrar?

P: Hai outro proxecto, aínda por perfilar, que é o de A Illa do tesouro, un libro moi do gusto de Carlos.

C: Eu espero que a cousa non quede neses dous libros, pero tampouco depende de nós. No caso de A illa do tesouro non está asegurada a súa publicación, pero si está sementado o que é o xermolo dese libro.

D: A illa do tesouro é un libro de referencia, igual que pasa con O Principiño e o libro de Gulliver. De todos os xeitos, temos que recoñecer que a idea orixinal non era crear unha colección estrambótica de clásicos, senón que xurdiu de unha maneira moi casual.

No caso de levar a cabo o libro de A illa do tesouro xa estaría feito de maneira máis tradicional, quero dicir, Carlos realizaría o texto e eu ilustraríao a posteriori, baseándome nos seus textos.

C: Pero o proceso a nivel creativo tampouco diferiría moito do realizado nestes dous libros. Sería coller a obra e tratala do mesmo xeito e respecto que estas dúas.


 

 

 

 

 A Coruña. Agosto, 2014

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Entrevista >

Axenda LIX >

Outubro 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
15
16
17
18
22
23
25
26
27
28
29
30
31