Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Mamá (Kalandraka) de Mariana Ruíz Johnson

Rate this item
(6 votes)

 Non é doado atopar libros onde calquera lector poida sentirse identificado, e velaquí estamos ante un álbum ilustrado que nos converte en verdadeiros protagonistas; e protagonistas somos, porque Mamá, o libro co que Mariana Ruíz Johnson acadou o VI Premio Internacional Compostela para álbums Ilustrados, fala de ti, de nós, das nais, da maternidade.

O lector acha un pequeno poema que nos abre as portas á maternidade e á crianza nas súas múltiples facetas, tanto animais como humanas, e o fío que as une a todas: o amor das nais cara a súa crías.

De subliñar o agradecido tratamento das ilustracións que realiza Mariana Ruíz Johnson neste álbum ilustrado, onde predominan as cores dunha forte intensidade que agariman a mirada do lector, que nos aproximan aínda máis ao libro e fainos emocionar. Xa que logo, estamos ante outro dos verbos co que poderíamos representar e definir este libro.

Mamá demostra, un ano máis, a calidade deste premio que percorre e pasea polas feiras máis importantes do eido da literatura infantil e xuvenil o nome da capital de Galicia, á vez que nos achega por estas latitudes novos autores e ilustradores que desexamos que non sexan só como as aves de paso, e que aniñen na nosa lingua novas alfaias como esta da que agora falamos.

 


 

Fervenzas Literarias: Tomar a propia experiencia como pulo necesario para a creación. En qué momento foi vostede consciente de que tiña que escribir e ilustrar Mamá?

Mariana Ruíz Johnson: A necesidade de escribir esta pequena homenaxe á maternidade xurdiu dun xeito natural, no contexto da miña propia experiencia como mamá.

Meu fillo tería sobre os nove meses cando tras varios meses de inactividade volvín a sentarme no meu escritorio para traballar. Non podo negalo, facía tempo que tiña ganas de escribir e de ilustrar e os primeiros meses de crianza fixeron que esa necesidade fose case imposible de satisfacer. Daquela, era case lóxico que o primeiro que me saíra espontaneamente -unha vez que tiven o tempo preciso para sentar e principiar a traballar- fora a imaxe da vaca aleitando o xato. E seguido a iso, un poema que falaba sobre a maternidade.

 

Ese pequeno poema, a modo de arrolo ou canción de berce, serve de guía para tecer este álbum ilustrado, as palabras que por el flúen desembocarán nunha auténtica alegoría á maternidade; en fin, á vida.

Ese poema aflorou inocentemente, pero a medida que avanzaba no proxecto, decatábame de que estaba a tratar un tema que nos toca a todos os seres humanos, pois todos temos mamá. Iso produciume certa vertixe: cómo facer para non deixar fora a ninguén? Cómo facer para explicar o inexplicable? O meu medo era ser categórica, crear un discurso pechado. Vivín con esa inquietude ao longo dun tempo pero de socate decidín que este libro sería a MIÑA visión sobre a maternidade, e coido que é a visión máis íntima, a que ven das entrañas das entrañas, é sincera e difícil de cuestionar.

 

Como ven vostede de explicar, abarca neste traballo un tema de carácter universal. Pero non só entre as persoas, na ilustración que abre Mamá reflicte marabillosamente a correspondencia existente entre outras mamás do mundo animal.

Unha das primeiras imaxes que naceron no transcurso de elaboración deste álbum ilustrado é o da osa preñada. Logo apareceu a mamá humana, e o río que atravesa todo o libro, que para min é a división que traza o paralelismo entre o humano e o animal, pero tamén é a vida, o cambio, o fluír. Mama principia cunha dobre páxina baixo a frase “Mamá é tantas cousas”. Ese é un texto que me gusta, e a idea de mamá-casa é a máis universal que puiden atopar. “Mamá é tantas cousas” axudoume para xerar unha boa apertura a este tema, creo que é a porta que se lle abre ao lector para que poida explorar as infinitas formas que pode tomar o concepto mamá.

 

Aínda que estamos ante un libro co que gozamos lectores de todas as idades, está destinado especialmente ao público infantil. Puido vostede comprobar, no transcurso da promoción de Mamá, cal é a relación desas nenas e nenos coa maternidade?

Isto é algo que pensei no proceso de crear o libro, non quería que o mesmo fose simplemente a catarse persoal dunha autora que acababa de se converter en mamá. Coido que por iso apareceron os animais en primeira instancia: a min sempre me gustaron canda nena e a meu meniño atraíanlle máis que calquera outra cousa no mundo. E cando tiven a oportunidade de ler Mamá a un grupo de nenos en Madrid, decateime de que os animais era o que máis lles conmovía do libro.

A idea de maternidade é algo que lles toca de preto pero non creo que sexa algo do que sexan moi conscientes. Este libro pon o foco no concepto da maternidade dende o punto de vista do amor. Todo o tempo imaxinei a un neno mirando o libro acompañado de mamá. Unha oportunidade de tratar e conversar sobre ese vínculo tan forte, de pensalo a través da lectura.

 

As ilustracións de Mamá desbordan colorido, calor, proximidade. Ten reminiscencias ao folclore suramericano, coa natureza sempre presente. Que podemos atopar tras o labor artístico de Mariana Ruíz Johnson?

Si, en verdade estou moi interesada na arte popular latinoamericana, tiven a oportunidade de viaxar moito polo meu continente e esas viaxes afectaron en grande medida tanto ao meu estilo como a miña forma de pintar. Paréceme que esa profusión de elementos e cores case que barroca ten que ver coa idea de vida que quixen transmitir. Ademais, a nai é unha figura moi forte neste tipo de representacións folclóricas. No meu país hai unha santa popular chamada a Difunta Correa, unha muller que morreu de sede no deserto pero que aínda así puido aleitar o seu bebé e salvarlle a vida. A xente deixa ofrendas no seu santuario e a ilustración final do libro penseina como unha sorte de altar á maternidade, tal vez como cita a este personaxe popular.

 

Nunha das ilustracións hai un agradecemento explícito a Paul Klee. Que se atopa tras esa gratitude ao pintor xermano-suízo?

Meu papá é un fanático do pintor suízo, e cando creei este álbum estaba coidando a casa de meu pais porque eles estaban de vacacións. Mentres exploraba a biblioteca, atopei un libro de Klee, e estivo no meu escritorio durante todo o proceso. Sinto que ver a súa obra deume a inspiración precisa para avanzar co libro. Unha das ilustracións de Mamá emula a composición dunha das súas obras máis famosas.

 

Que técnicas e recursos empregou para desenvolver as ilustracións de Mamá?

O libro realizouse por completo empregando técnicas dixitais, sobre bases que xa tiña escaneadas e feitas a man. Pero o proceso foi, na súa maior parte, dixital. Foi a técnica que tiña ao meu alcance e que era a máis compatible coas miñas tarefas maternais, xa que me permitía ir e volver facilmente ao ordenador sen “perder o fío”.

 

Dos seis premio Compostela de Álbum Ilustrado entregados ata o de agora, cinco premios foron para creadores americanos, sendo vostede a segunda arxentina. Por que pensa que gusta tanto en Europa a ilustración procedente de América?

En Arxentina o Premio Compostela ten moita fama e os ilustradores vémolo case como un sono, una meta importantísima para a nosa carreira. Para min foi iso, ofreceume a seguridade persoal da que precisaba e situoume internacionalmente como autora de libros álbum.

Cústame moito contestar a pregunta sobre o voso gusto pola ilustración americana, xa que eu admiro moito a ilustración europea. Pero pensándoo ben, máis alá da calidade, acho que os ilustradores latinoamericanos temos algo que podemos describir como “garra”, unha potencia na cor, nas formas, na capacidade de traballo. Esforzámonos moito por publicar, penso que quizabes temos menos facilidades e iso fainos fortes. Hai alegría e esperanza no noso traballo.

 

 

 SMTP (Ames/Buenos Aires). Febreiro, 2014

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Entrevista >

Axenda LIX >

Outubro 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
15
16
17
18
22
23
25
26
27
28
29
30
31