Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Isela (Embora) de Carlos López e Nuria Díaz

Rate this item
(4 votes)

Achegarse a un libro de Carlos López é como caer nunha fervenza de fantasía, orixinalidade e surrealismo mentres nos empapamos coa inspiración e o lirismo nos que mergulla os seus textos. Cincuenta por cento de Pinto & Chinto, con quen ven publicando dende hai case dúas décadas, Carlos retoma agora con Isela (Embora) un camiño un pouco afastado a ese labor creativo que desenvolve con xenialidade canda David Pintor, e volve ao rego da novela curta, xénero que xa tocara con anterioridade con A peripecia de Roi, por exemplo.

E desta volta faino acompañado nas ilustracións de Nuria Díaz, responsable de presentarnos tanto a Isela como ese mundo tan fascinante que a rodea na súa cidade, Cidade Clara.

Unha nova alfaia que nos entregan, desta volta, Carlos López e Nuria Díaz. Unha cidade que abre as súas portas para que as lectoras e os lectores de todas as idades gocen de todos os encantos que nos ofrece e de todos os estrambóticos e fantásticos personaxes que nela moran.

 

 

 

 

portada IselaAínda que os seus últimos libros para o público infantil miraban máis cara o álbum ilustrado (velaí están as estrambóticas revisións dalgúns clásicos da literatura universal que ven publicando Bululú), parece aproximarse máis, con esta Isela, ao formato de Raros e curiosos*, o seu primeiro libro para o público adulto.

Carlos López (C.L.): Con Isela quixen facer unha cousa diferente respecto a esa feitura de álbum ilustrado á que fas referencia. Aínda que poida compartir algúns aspectos co libro Raros e curiosos, como é esa querenza miña cara as historias breves, Isela ten un formato totalmente diferente. Eu atreveríame a dicir que Isela ten feitura de novela curta, non no sentido máis pechado de novela, isto é, cunha formulación, nó e desenlace. Ten en conta que este libro está conformado por pequenas historias, protagonizadas case todas elas polo mesmo personaxe de Isela. Nese sentido coido que o conxunto deses contiños conforman unha novela. De feito, se suprimimos os títulos de cada un dos capítulos e os numeramos pareceríase máis a unha novela, e non dun xeito artificial. Se penso no libro véxoo como unha novela curta. Comparten un universo, unha protagonista…

*Raros e curiosos, publicado por Edicións Embora no ano 2014.

Concordo coa súa apreciación de novela curta, cada conto de Isela como unha tesela cuxo conxunto forma o mosaico global da historia.

C.L.: O feito de que o libro estea formado por historias independentes permitíame crear de xeito fragmentario. Unha vez que tes as pezas dese mosaico fun encaixándoas onde mellor pensei que cadrarían. Ao final o que tes é unha visión global tanto do personaxe de Isela -que é a protagonista- como da urbe, Cidade Clara, que ten tanto ou case tanto protagonismo como a propia Isela.

É moi diferente -creativamente falando- crear un álbum ilustrado, como acontece con Pinto & Chinto, a escribir un libro como este? A soidade como un factor creativo engadido.

C.L.: Na creación dun álbum ilustrado o peso da ilustración é igual ou, en algúns casos, superior ao do texto. Nese sentido os libros feitos como Pinto & Chinto responden a iso.

No caso de Isela a súa extensión é maior que a dun álbum ilustrado, como unha noveliña, tal e como dicía antes. No proceso de escrita si que é diferente; intentas compoñer unha estrutura distinta, cambiar o chip.

Dende o meu punto de vista un dos meirandes méritos deste libro é ver como, da man de Isela, a cidade medra ante os ollos do lector. Que traballo hai detrás de erguer Cidade Clara?

C.L.: Un mundo de seu, iso foi o que intentei crear. Un mundo pechado onde rexen unhas leis creadas para Cidade Clara. Se ben é certo que Isela é o personaxe catalizador de todo o que acontece no libro, non quería centrarme só nela. Isela facilitábame o xeito de presentar o resto de personaxes. De feito, en algúns contos non é ela a protagonista, senón os personaxes cos que se atopa.

Eu gusto de escribir, de crear espazos literarios onde poder fabular, e Cidade Clara da pé a todo iso. Por iso vai ser unha cidade onde acontecen cousas fóra do común, onde eu podo inclinarme cara o inverosímil, ao igual que no surrealismo, no disparate e no absurdo. Son territorios onde eu me atopo moi a gusto.

Tiña ben definida Cidade Clara dende o comezo do libro? Ou foi medrando case que sen vostede se decatara?

C.L.: Probablemente nacera antes Cidade Clara que Isela. O xerme do libro foi crear unha cidade onde houbera personaxes extravagantes e divertidos, unha cidade onde acontecesen cousas estrafalarias. Logo apareceu Isela, que é quen nos fará de cicerone pola cidade na que ela vive e que nos ensinará ao longo das páxinas do libro. Coido que esa foi a idea central, tívena dende o principio. Logo, co paso do tempo, fun debullando o resto das historias.

Nuria, como decidiu vostede o tipo e estilo de ilustración que acompañaría a Isela?

Nuria Díaz (N.D.): Isela forma parte dunha colección de libriños coas ilustracións en blanco e negro. Xoguei coas masas de negro e coa liña para crear contrastes e afondar máis na psicoloxía dos personaxes. Recordando un pouco ao cine expresionista na forma. Non hai fondos, para que a atención estea centrada soamente no personaxe principal.

bosquexos

Como foi o proceso de interpretación de todos estes personaxes que aparecen en Isela. Como foi ese momento no que le a historia e empeza a xestar na súa cabeza a transformación de palabras en ilustracións?

N.D.: Por norma xeral o meu proceso á hora de ilustrar un libro é o mesmo.

Primeiro fago unha lectura superficial. Nesta fase aparecen as primeiras imaxes, moi rudimentarias pero interesantes en canto á frescura. É un momento estupendo porque é o primeiro contacto que tes co libro. Fago sempre pequenos esquemas de cousas que se me van ocorrendo.

Logo deixo repousar todo unha ou dúas semanas. Vou traballando noutros proxectos, pero inconscientemente a cabeza está a traballar xa niso.

Pasado este tempo volvo facer unha lectura mais fonda do libro. Nesta fase se intentan encontrar emocións, relacións entre personaxes, entre espazos...

Volvo revisar os primeiros apuntes, e vou decidindo o que vale e o que non.

Non acostumo a facer moitos bocexos, as veces as primeiras ideas son as que conforman a ilustración final.

Carlos amosa aquí, neste libro, unha literatura que non me atrevería a denominar como fantástica, pero si fondamente fantasiosa.

C.L.: É un terreo onde me sinto cómodo. En Isela hai unha literatura fantasiosa pero sempre procuro moverme nos marcos da realidade, que non pareza inverosímil, vaia! A ver, algo inverosímil sempre é, porque os tornados non viven nun piso, por exemplo, pero unha vez que introduzo ao lector na historia si procuro darlle unha certa lóxica. A lóxica interna, que rexe dentro dos parámetros da narración. A miña pretensión é que grazas a Isela o lector chegue a coñecer unha cidade que non sabía que existía.

Esa simbiose entre fantasía e realidade tamén se mostran nas ilustracións de Nuria. Como foi levar ao seu territorio esas historias contidas en Isela?

N.D.: O libro conta historias oníricas pero que chas crees. É como una fantasía cotiá. Atópome moi a gusto traballando neste eido. Gústanme este tipo de historias porque dan pé a imaxinar moitas posibilidades. O meu labor como ilustradora é contar algo máis do que se conta no texto. Seica dun texto no que acontecen moitas cousas eu quedo cun detalle pequeno para representar.

Para min Isela é un libro de personaxes. Hai personaxes humanas e personaxes que son obxectos ou paisaxes. Neste traballo fago moita presentación de personaxes, como son, que é o que fan, como unha especie de retrato en movemento... Trato os obxectos como se fosen un personaxe mais. Dotándoos do mesmo protagonismo. Velaí o por que de cohabitar no libro tantas ilustracións de persoas como de obxectos. Todos teñen a mesma importancia dentro do libro.

o veterinarioo home que pintabao zoo

A esa imaxinación que asolaga todo o libro hai que lle engadir os acontecementos estrambóticos e singulares.

C.L.: Si, parece que é un pouco o meu selo. Móvome na fabulación, e aquí volvemos de novo a Raros e curiosos. Isela está dirixido a un público infantil, polo que tes que coidar dos aspectos formais, como empregar unha linguaxe máis sinxela. Pero fóra da forma, o motor que me levou a escribir este libro foi o mesmo que nos outros.

Moitas veces dise que os escritores estamos a escribir sempre o mesmo libro. No meu caso, con cada obra vou engadindo novas rexións a un mundo literario e fabuloso que creei. No caso de Cidade Clara non é unha cidade ao uso; é en verdade unha cidade disparatada na que suceden cousas disparatadas, onde o vento fai cousas non cotiás, etc… Eu gozo moito escribindo.

Teñen algún por qué os nomes de Isela e Cidade Clara?

C.L.: Isela é un nome que me gusta. En canto ao nome da urbe quería que constase de dous termos, no que o primeiro sería a palabra "Cidade". Para o segundo, a palabra "Clara" remitíame a "alegría", a "luz", porque este é un libro optimista.

Ler Isela é caer rendido ante a súa capacidade de unir situacións marabillosas sen respiro. Acáelle á perfección esa cita de Turgueniev quen afirmaba que non existe nada máis fatigoso que un enxeño triste.

C.L.: É o que busco, espremer a realidade e a surrealidade ata que non poida máis. Todos coñecemos como é a realidade, por veces aburrida. Eu gusto de crear mundos diferentes. Gustaríache a ti vivir en Cidade Clara? A min si, abofé. E xa que a realidade non me deixa vou creala dende o meu labor de escritor. Ese é o meu oficio.

Outra pata é o humor. Vostede fai do sentido do humor o máis común dos sentidos.

C.L.: Non sei se o intento ou se non teño máis remedio. A dicir verdade moitas veces hai máis do segundo que do primeiro. Eu sinto unha fonda inclinación a escribir cara o humorístico. Para os adultos o humor é necesario; e tamén para os nenos é fundamental, que sorrían, que se divirtan. Eu non podo subtraerme a iso, é a miña condición. De todos os xeitos, en Isela o humor convive co lirismo, como cando a nena escribe na area da praia unha mensaxe para o océano e este lle responde con outra mensaxe a través dunha onda. O humor e o lirismo acompáñanme na miña traxectoria literaria.

Non é doado como lector atopar moitos textos onde abonde o humor, en especial nos últimos anos. Padecemos unha crise de seriedade?

C.L.: É posible que corra paralela aos tempos que estamos a vivir. Aínda que debería ser ao contrario: a crise resulta máis doada de sobrelevar se empregamos o humor. Pero a literatura galega non está exenta de humor, aínda que non abunde. E non entendo moi ben por que, cando ao longo da historia o fixemos moi ben; velaí está ese humorismo delicadísimo e marabilloso dos textos de Castelao; ou Cunqueiro, dende logo, cuxa obra está traspasada dun humor finísimo, extraordinario. Seica os escritores deberían animarse máis!

Esíxese algún tipo de disciplina á hora de escribir? Ou este tipo de escrita tan característico de seu xurde de forma natural?

C.L.: Partes dunha idea xerme e tes o libro máis ou menos composto na cabeza. Reúnes unha serie de materiais e cando o consideras oportuno principias a escrita, pero moitas veces métome na historia sen saber como vai finalizar; iso é algo que a min me gusta moito.

Hai autores que o levan todo perfectamente ensamblado antes de escribir, ou que teñen un croquis con todo o que vai acontecer. No meu caso hei de recoñecer que non son dese tipo de escritor. Moitas veces estou escribindo e digo: “Vou tirar por este camiño, a ver cara onde me leva”. Divírtome facéndoo e creo que iso tamén se transmite ao lector. Ás veces hai que deixarse levar.

No caso de Isela, hai un escenario común que é Cidade Clara e un personaxe principal que é Isela; pero logo, ao ser historias independentes, fun colocándoas onde me parecía máis oportuno. Tendo en conta, iso si, que me permitía certa independencia e liberdade en cada un dos relatos agás no derradeiro, que non é unha casualidade que estea colocado xusto aí. O capítulo final é un pouco unha oda á literatura.

Retorcer o cotiá para convertelo en algo fantástico. O crítico Ramón Nicolás escribía sobre Isela nas páxinas de La Voz de Galicia sobre a importancia de cómo se contan as cousas.o libro de contos

C.L.: Hai que ser coidadoso coa forma, especialmente se escribes para os nenos. Escribir para eles conleva unha responsabilidade grande: pode que sexas o causante de que un neno quede para sempre na literatura ou marche dela.

Tamén un debe coidar e cultivar o seu propio estilo, que vai evolucionando ao longo do tempo.

Vostede corrixe moito?

C.L.: Cada vez menos, pero tamén é certo que cada vez detéñome máis á hora de escribir.

Se o preguntas pola forma, cóidoa moito. Releo moito. Son minucioso e dedico tempo a coidar a forma, a buscar a palabra axeitada.

Tampouco é o mesmo escribir relatos curtos que unha novela longa. O conto breve, ou nos capítulos que son curtiños como os de Isela, obrígache a desenvolver un traballo case que de ourive. Tes que evitar o superfluo; non podes parar no detalle, tes que ir rápido. A miña literatura, a pesar de amosar un gusto pola brevidade, é vertixinosa, acontecen moitas cousas en pouco tempo.

E como foi o traballo de ilustración de Nuria Díaz?

C.L.: Nuria, co seu traballo, plasmou á perfección o universo de Isela. É unha ilustradora estupenda, moi lírica e imaxinativa. As súas ilustracións enriquecen grandemente a novela.

N.D.: Carlos púxose á miña disposición dende o primeiro momento. Isto é marabilloso porque se tes algunha dúbida nos textos podes resolvela directamente co autor.

Pola parte da ilustración un dos grandes acertos de Nuria foi poñer rostro a Isela. A pesar de aparecer só en tres das ilustracións é unha imaxe que nos acompaña ao longo do libro. Cando leu por vez primeira esta novela sabía que Isela ía ser tal e como a debuxou logo?

N.D.: Isela naceu nun desde debuxos primeiros e más automáticos. Quería que fose una nena esperta, curiosa e un punto pícara. Tiña claro que a quería representar, pero sen restar importancia ao resto dos personaxes.

Que técnicas empregou para desenvolver as ilustracións de Isela.

N.D.: Neste caso utilicei única e exclusivamente tinta e lapis. Normalmente os meus traballos de ilustración son unha mestura de técnicas, traballo a lapis e despois aplico a cor de maneira dixital, pero concretamente en Isela tódalas ilustracións están feitas con lapis e tinta.

Calquera que se achegue á súa páxina web (http://www.nuriadiaz.es) poderá ver que estamos ante unha ilustradora polifacética. Cambia moito o chip cando desenvolve traballos de ilustración para libro infantil?

N.D.: Non só cando fago libro infantil. Cada proxecto é diferente e ten unha necesidades específicas. Quizais á unha historia quédalle mellor un tipo de gama cromática porque coa cor se expresa . Coa técnica tamén se conta, coa combinación das cores, coa composición...

O estilo é semellante sempre, gústanme as composicións sinxelas, os planos frontais, as personaxes solitarias, pero a técnica sempre se adecúa ó proxecto.

Evidentemente, non é o mesmo realizar unha ilustración para produto que para editorial, son dúas linguaxes diferentes. O meu labor é intentar que a ilustración se adecúe a cada linguaxe, a cada ámbito e soporte.

Carlos, que observa, unha vez rematado o libro, cando mira a Cidade Clara? Que reflicte?

C.L.: Moita satisfacción. É un lugar que eu fun quen de sacar da miña imaxinación, onde acontecen feitos extraordinarias pero con verosimilitude. É unha cidade que ten corpo. Estou contento de tela fundado.

Quedou algunha historia fóra?

C.L.: A verdade é que no quedou nada no caixón. Se unha idea que me roldaba pola cabeza non me convencía para esta novela, non perdía o tempo desenrolándoa. Nese sentido non desbotei nada.

Pode dar pé este libro a unha continuación do que lle acontece a Isela?

C.L.: Non o descarto. Eu escribo o que a min me presta. Non rexeito retomar a personaxe de Isela e continuar ou ampliar ese mundo.

 

 

 A Coruña, verán 2016

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Entrevista >

Axenda LIX >

Nestes días >

Non hai eventos nos vindeiros días