Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Catro pedras vellas (Baía) de Pere Tobaruela

Rate this item
(0 votes)

Xela e os seus amigos Fuco, Carlos e Ana comparten verán en Vilar de Abade, no concello de Rois. A partires de aí a fascinación e o amor por descubrir cousas novas da aldea onde pasan as vacacións e a súa contorna dá pé a unha historia de misterio, de amizade e de valor no mellor sentido clásico.

Pere Tobaruela consegue con Catro pedras vellas (Baía) unha breve e estupenda novela infantil, que engaiola ao lector dende a primeira páxina e non o solta ata que pecha o libro. Polo medio as aventuras dos rapaces mestúranse con gran acerto coa constatación do maltrato ao que está sometido o noso mundo rural, co abandono dun forma de vida, dunha riqueza léxica e o estado de abandono no que se atopa boa parte do noso patrimonio.

A través de Catro pedras vellas Tobaruela alza a voz, con gran acerto, para enviar unha mensaxe crítica. Pero non nos podemos esquecer de que estamos ante unha novela destinada ao público infantil. O lector máis novo gozará das aventuras dos catro amigos e vivirá con paixón todo o que lles acontece.

Unha novela para desfrutar e para reflexionar.

 

 

 

 

Catro pedras vellas está localizada na aldea roisensa de Vilar de Abade e na súa bisbarra. Vostede vive en Rois e de seguro que é un lugar que coñece moi ben. De que xeito o entorno inflúe no escritor?

Efectivamente, vivo en Rois, pero na aldea do Sisto, a uns cinco quilómetros en liña recta de Vilar de Abade. Mais para chegar ata Vilar de Abade a estrada dá unha boa volta, porque esta aldea está situada nun pequeno val no corazón dunha montaña cunha orografía caprichosa e bonita. A estrada asfaltada é de ida e volta, desde Vilar de Abade non se pode continuar máis alá... Con isto que estou a explicar xa dou pistas de que o entorno inflúe no escritor, polo menos influiu en min na confección desta obra, pero por unha cuestión moi concreta: quería reflectilo, quería que o entorno fose parte propia, un protagonista máis da novela.

E parte dese protagonismo atopámolo na marabillosa toponimia que aparece en Catro pedras vellas: Campo das Cordas, a Toxeira da Pía, a Fonte da Mixerica, Alto do Berce, etc.

Bendita toponimia. Que seriamos sen ela? Cada lugar, cada recuncho ten un nome. Un nome que, ao debullalo, ábrenos un mundo de significados: a historia, a xeografía, as tradicións... Por desgraza, a paso de día, con esta cultura urbanita que nos engule a pasos de xigante, estanse a perder moitos topónimos. Cando morre unha persoa vella, con ela desaparece unha chea de topónimos... Aínda non están todos recollidos e por iso caen no esquecemento colectivo cando os que os coñecen nos deixan. Neste sentido, en Catro pedras vellas tamén hai un esforzo intencionado de deixar constancia de topónimos que, quizais, cos anos desaparezan. A persoa a quen vai dedicada esta novela, Alfredo Morono, foi o informante que me proporcionou esta riqueza de nomes. 

A toponimia é unha forma de relación do ser humano co seu entorno, pero esta novela ten unha forte crítica contra o abandono dese patrimonio material e natural, especialmente o referido co noso pasado, a esas “catro pedras vellas” ás que fai vostede referencia no título.

O mundo rural desaparece ou canto menos transfórmase. É inevitable. A Xunta de Galicia está a gastar cartos en campañas publicitarias que convidan a vivir no rural. Palabras baleiras. A verdadeira inversión sería, para empezar, poñer en valor a nosa riqueza e darlle voz á xente que vive no rural, e non obviala como se está a facer. Que é vivir no rural? Que queremos? Ter un chalet mantendo o estilo de vida da cidade? Tamén está ben, pero o rural non é tan só iso. Supoño que, en certa maneira, todo isto que digo está detrás desa frase que usei como título da novela: catro pedras vellas.

Un libro como este Catro pedras vellas pode axudar -e en especial ao lector máis novo- a reencontrarse coa súa terra, a ver con outros ollos toda esa riqueza que o arrodea?

Pois si, estou convencido diso. Cando vou polos colexios para falar coa rapazada insisto en que fagan un esforzo por coñecer a realidade que os rodea a través dos seus propios ollos e non a través da pantalla dun ordenador. Dáme a sensación de que, cada vez máis, vivimos afastados da realidade máis próxima e deixámonos engaiolar por imaxes suxestivas nunha pantalla. É unha mágoa porque a realidade supera con creces calquera expectativa publicitaria...  Volvendo ao coñecemento do propio entorno, gustariame lanzar unha pregunta: por que estamos preocupados en coñecer lugares afastados se aínda non coñecemos os propios? Coido que temos que recuperar con urxencia o interese por coñecer o que nos rodea. A partir de aquí, quizais sexamos capaces de amalo. Se amamos acabaremos respectando... 

Hai poucos días unha escavadora escachizou un castro en Friol para unha plantación de eucaliptos. Se buscamos no Google xuntas as palabras castro, plantación e eucalipto veremos ducias e ducias de exemplos do noso patrimonio destruído. Un patrimonio que, por outra banda, está abandonado, descoidado, que está sen coñecer e sen querer que se coñeza. En parte é por iso que acontezan cousas como as que conta vostede en Catro pedras vellas.

Non quero ser repetitivo. Creo que xa contestei a esta cuestión antes: o rural non interesa, o propio tampouco. O patrimonio? Temos un país riquísimo neste sentido e dá pena ver no estado de abandono que están moitas cousas. Eu son un namorado de facer rutas para descubrir o noso rico e esquecido patrimonio. Este ano fun visitar a chea de torres e restos de castelos que hai esparexidos por Galicia. Un verdadeiro tesouro... Unha ruína pura. Éche o que hai, como diría aquel.

Compartir espazos e tempo. Aprender xuntos e vivir aventuras. A historia de Xela, Carlos, Ana e Fuco en Catro pedras vellas é sobre todo unha historia de amizade e lealdade.

É unha historia na que intento recuperar o sentido da camaradería, o sentido de compartir, de estar xuntos, de rir xuntos, de ter obxectivos comúns, de camiñar e, por ese simple feito, sentirse vivo. Unha historia para poñer enriba da mesa a emoción polo descoñecido, a capacidade de superación, a ilusión como guía...

De feito velaí están os puntos de encontro entre Xela, que vive todo o ano en Vilar de Abade, e Fuco e Carlos e Ana, que viven en Ourense e Lugo respectivamente e van á aldea en vacacións ou nas fins de semana. Eses dous mundos.

Dous mundos que cada vez teñen menos que ver, como apuntei antes. Dous mundos que poderían chegar a converxer se houbese vontade... Aínda que son bastante pesimista neste sentido. Tamén por iso escribín, recuperei un discurso narrativo que parece máis xa de tempos afastados.

Ofrécenos aos lectores como un dos fíos de Catro pedras vellas os acontecementos misteriosos no castro da Moura. As probas de valor e de camaradería as que se teñen que enfrontar as rapazas e rapaces da historia. O segredo deste libro, de atrapar ao lector dende a primeira páxina, está en saber combinar varios rexistros?

Para min, o sal de calquera novela é, precisamente, engaiolar ao lector. É importante contar cousas, pero aínda é máis importante como se contan. Se un escritor non é capaz de seducir ao lector desde o principio, ten moito perdido.

Acompaña ao texto as ilustracións de Xosé Tomás. Como foi traballar con el?

Desta vez non tiven ocasión de traballar directamente co ilustrador. Non coñezo persoalmente nin falei con Xosé Tomás. Foi cousa da editorial.  É una excepción porque noutras obras miñas o diálogo co ilustrador estivo presente, por exemplo con Andrés Meixide e Víctor Boullón. Con eles dous, sempre que traballo discutimos e compartimos como enfocar as ilustracións.

 

Xullo 2018

 
 
 
 
 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Entrevista >

Axenda LIX >