Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Animais extraordinarios (Faktoría K) de X. Gutiérrez e N. Fernández

Rate this item
(9 votes)

Abrimos as nosas páxinas á fauna planetaria; dende os animais que nos poden ser máis habituais como o polbo, a lamprea ou a abella ata os máis estraños e os procedentes dos lugares máis afastados como a lebre ártica, o oso formigueiro ou o elefante africano. Esta colección de Animais extraordinarios que nos presenta Faktoría K de Libros nos achega o marabilloso mundo da diversidade animal que convive connosco no planeta.

A través dos textos clarificadores e concisos do profesor Xulio Gutiérrez e grazas a unhas espectaculares ilustracións a cargo de Nicolás Fernández, as lectoras e os lectores que se acheguen ata esta colección de Animais extraordinarios poderán gozar, tanto textual como visualmente, dunha fauna á que debemos observar, coa que debemos aprender e á que debemos de coidar.

Bocas, Nacer, Construtores e Ocultos son os catro primeiros títulos -ao que seguirán dous máis- que conforman a colección de Animais extraordinarios. Unha orixinal agrupación, de forma monotemática, que abrangue exemplares das latitudes e dos climas máis variados.

A destacar igualmente o labor da editorial, que apostou para desenvolver esta colección cun formato de auténtico luxo, en formato grande, para que non nos perdamos nin o máis ínfimo detalle.

Entrade e gozade, pois, co extraordinario mundo da NATUREZA!

 

 


 

Bocas, Nacer, Construtores, agora o de máis recente publicación: Ocultos. Como nace esta colección de libros de animais extraordinarios agrupados dun xeito non menos extraordinario?

X.G.: Esta colección xurde da procura dun tipo de libros de animais e de natureza que me gustaban cando era neno e que agora, sendo adulto, fun incapaz de atopar. Por mor do meu labor docente coñezo moitos libros tanto para preparar as miñas aulas como para aconsellar a súa lectura aos meus alumnos, pero non localicei ningún libro ao meu gusto. Polo tanto pensei que se non existían habería que facelos. Propuxen á editorial facer unha colección de libros cunhas características moi determinadas e, para a miña sorpresa, non só aceptaron senón que puxeron a dispor deste proxecto un grupo de xente que comprendía ilustrador, maquetador, técnicos... Polo que o resultado final mellora espectacularmente a miña idea orixinal.

Sobre o outro aspecto ao que facías referencia, son consciente de que o normal é agrupar os animais por tipoloxías tales como insectos, mamíferos, peixes... Pero eu non son desa corda, prefiro seguir o estilo marcado por esas publicacións que son máis próximas ao alumnado, como poden ser as revistas de divulgación, onde se toma un tema monográfico e se desenvolve. Polo tanto non é nada orixinal, é unha idea sacada do mundo das revistas de divulgación e trasladada ao mundo dos libros.

N.F.:Como ven de comentar Xulio, é un proxecto que iniciou el xunto a Chema [Heras] coa editorial. Faktoría K enviou a proposta a un feixe de ilustradores e finalmente fun eu o elixido para desenvolver a parte de ilustración desta colección de Animais extraordinarios.

 

Un dos grandes méritos deste libro é o asombro que sente o lector por estes Animais extraordinarios que nos mostrades tanto Nicolás coma vostede. Aparecen animais de todos os continentes, uns facilmente identificables pero outros non tanto.

X.G.: Tratamos de facer libros que poidan ser lidos en calquera país. Por outra banda queríamos amosar un abano amplo de animais sen limitarnos a unha familia específica. Velaí están os mamíferos, as aves, os moluscos… Do mesmo xeito alternamos continentes e medios para conseguir unha grande variedade.


Esta colección de libros teñen un grande compoñente divulgativo e educativo. Vostede, que imparte aulas de Bioloxía na Pobra do Caramiñal, considera que sofren os nenos un déficit de natureza?

X.G.: Non afirmaría que se trate dunha carencia pero si creo que existe unha visión moi adulterada da natureza. Hoxe en día para as rapazas e para os rapaces é máis próximo un león africano ou un pingüín emperador do Ártico que un teixugo que poden ter a trescentos metros da súa casa. Quero dicir, a visión que teñen os nenos da natureza está máis relacionada co que ven na televisión que con unha vivencia persoal. Mira, cando estou cos meus alumnos no laboratorio e pola xanela vemos un paxaro pousado e pregúntolles que tipo de paxaro é non saben contestarme. Para eles son todos gorrións ou gaivotas, dependendo se son aves pequenas ou grandes. Poderían explicarte como é un tigre ao que nunca viron pero son incapaces de recoñecer a fauna que teñen nos xardíns das súas casas.


Ese descoñecemento estaría relacionado con que as nosas nenas e nenos reciben unha educación ambiental globalizada e estamos dando un pouco as costas a esa educación ambiental máis local?

X.G.: É certo. Hai un aforismo moi empregado no mundo da educación ambiental que é Pensar globalmente e actuar localmente. É dicir, ter unha idea planetaria dos grandes temas da natureza pero actuar localmente sobre o que é posible incidir dunha maneira máis activa. Parte do problema está en que na escola se imparten conceptos pero logo falta que os nenos e as nenas saian ao monte, que peguen chimpos como se facía noutras épocas e adquiran vivencias. Quizabes esteamos pecando de sobreproteccionistas limitando a súa independencia e iso vailles limitar a posteriori no seu proceso vivencial.


De feito, dende a Sociedade Galega de Educación Ambiental á que vostede pertence lóitase para que non desapareza a Educación Ambiental en Galicia.

X.G.: Eu pertenzo a esa asociación dende hai máis de dez anos. Esa pugna que comentas é por mor de que se quere rematar cunha educación de carácter ambiental que se está a exercer dende hai máis de corenta anos a través de moitos ámbitos: a escola, as asociacións, as redes ecoloxistas... Somos moita a xente que traballamos en prol dese tipo de educación promovendo actitudes respectuosas e adecuadas co medio ambiente. O que sucede é que nestes últimos anos, por culpa da crise económica, moitas das subvencións que se destinaban a fomentar este tipo de educación desapareceron e non hai unha cultura dentro da sociedade como para pagar por recibir este tipo de educación. Por exemplo, as rutas guiadas por centros naturais de interese sufragáronse, polo xeral, polos concellos para amosar e dar a coñecer os lugares do propio concello. A esas rutas acudía o alumnado dos centros escolares, xente da terceira idade, asociacións, etc. e nunca se pagou por isto. Os monitores cobraban dos promotores culturais e na cidadanía asentouse a idea de que estas cousas son de balde. Hoxe en día, sen ese fluxo de cartos que tradicionalmente chegou por parte das administracións, os profesionais da educación ambiental buscan desenvolver actividades deste tipo profesionalmente. O problema é que o público non está disposto a pagar polo que case sempre foi de balde, aínda que sexan cantidades pequenas. Tratase dun sector moi fráxil que dependeu durante moito tempo das subvencións publicas e actualmente, se non cambia a situación e a mentalidade, está abocado case á súa desaparición.

Nós estamos moi preocupados por esa deleiba da educación medioambiental. A que si se mantén, por suposto, é a que se realiza dentro do ámbito escolar.


Vendo a web profesional de Nicolás (http://www.ilustracionesnaturaleza.com) vemos que grande parte dos traballos realizados ata o de agora por vostede céntranse no mundo animal e natural. De onde ven ese gusto por este tipo de ilustración?

N.F.: Dende que lembro sempre gustei de debuxar e a miña fascinación polos animais tamén ven de neno, pero houbo un momento en que esas dúas afeccións fundíronse nunha soa: Na época dos documentais de Félix Rodríguez de la Fuente e o seu famoso “Caderno de campo”. Lembro que a primeira guía de aves que tiven fíxena eu mesmo con quince anos e agora, moitos anos despois, segue a ser o que máis me gusta: debuxar animais, en especial aves.


Ao remate de cada un dos libros aparece a ficha de cada un dos animais mostrados no libro correspondente, amais dunha clasificación segundo o seu perigo de extinción. Se é consciente do fracaso que supón perder toda esta riqueza animal?

X.G.: Para nada. A consideración do entorno natural, pola meirande parte da poboación, é utilitarista. Se dá diñeiro convén mantelo. Se non dá cartos hai que readaptar o seu uso. Se temos un bosque autóctono e non é rendíbel economicamente tiramos con el e plantamos no seu lugar un bosque de eucaliptos ou un campo de golf, por exemplo.

Esa consideración utilitarista e curtoplacista está fortemente arraigada. A protección do noso entorno natural segue o denominado en inglés como sistema NIMBY (Non in my back yard Non no meu patio traseiro). A xente está a favor de protexer o medio ambiente sempre e cando non lle amolen. No bosque do veciño plantamos bosque autóctono, pero no meu eu planto eucaliptos.

A conciencia ambiental existe dunha forma intensa, pero xerarquicamente está por baixo doutros intereses como o económico ou a comodidade.


A publicación de libros como os que conforman esta colección de Animais extraordinarios axuda, entre o público máis novo, a tomar esa conciencia de conservación?.

X.G.: Sonche un pouco escéptico sobre o poder que ten o coñecemento fronte as actuacións. Coñecer o problema non implica traballar dunha forma proactiva para resolvelo. Abofé que é máis frecuente o caso contrario; é máis doado buscar unha xustificación a unha cousa que sabes que está mal feita que pensar en como actuar correctamente. Porén, como docente, e como a meirande parte dos profesores, intentamos inculcar valores aos nosos alumnos; entre eses valores de convivencia, de respecto, de solidariedade, está o valor ambiental. Que eu sexa pesimista, de que teña poucas perspectivas de éxito, de ningunha maneira me bota para atrás o feito de inculcar dende as aulas formas de actuación correcta.

 

Tras este catro libros, cal é a aceptación?

X.G.: De momento estamos moi sorprendidos e satisfeitos do resultado. Están traducidos a varias linguas e a editorial asinou acordos para ser publicados noutros países, como recentemente cunha editorial alemá.


Como foi a simbiose entre escritor e ilustrador? Cales foron as dificultades e que é o que se buscaba en cada unha das ilustracións? Por exemplo, en Ocultos as ilustracións son hiperrealistas, pero en Bocas ou en Nacer, hai moita complicación para fixar a ilustración que se mostra.

X.G.: Son moi consciente do grande reto que lle propoño a Nicolás á hora de crear un animal. Digo reto porque o que pretendemos nestes libros é contar a mesma historia dende dúas ópticas diferentes, pero sen repetirnos. Se algo vai na ilustración non vai no texto, e se vai no texto non se reflicte na ilustración. Polo tanto quen se achegue a estes libros vai ter que deterse tanto no texto como na ilustración para decatarse de todo o que queremos contar.

Despois de estes libros ambos os dous coñecémonos moi ben. Nicolás sabe perfectamente o que busco e enténdeme á perfección, xa que el é un magnífico debuxante da natureza.

N.F.: A maior dificultade foi o pouco tempo que puiden dedicar á colección. Por desgraza este é un país onde se venden poucos libros e estes non dan para vivir. Por outra banda, e grazas a internet, o labor de documentación que antes de desenvolvía nas bibliotecas agora é moito máis doado e iso facilita en parte o traballo.

Por outra banda, tanto o esforzo realizado tanto por Xulio como por Chema como pola editorial é excelente. Pouco podo aportar eu, xa que as especies e os temas a tratar están moi ben escolleitos. Eu limítome a interiorizar o que formulan e poñer o meu punto de vista, é dicir, onde verá o espectador a escena para que describa perfectamente a idea.


Nicolás, podería vostede explicarnos con que técnicas traballou para desenvolver as ilustracións de Animais extraordinarios?

N.F.: Todas as ilustracións están realizadas con técnica dixital. Utilizo unha tablet Cintiq e principalmente Photoshop. Logo o proceso é moi similar ao de debuxar tradicionalmente, fago en primeiro lugar un bosquexo a lapis dixital , de seguido refino o debuxo e finalmente coloréoo. O ordenador non fai nada, só me ofrece un papel, unha paleta de cores e un pincel; iso si, todo dixital. A vantaxe que evidentemente ten é que unha vez debuxada a escena os cambios non son nada traumáticos se esa mesma escena estivera feita de maneira tradicional. Nalgunha ocasión o equipo de maquetación propuña algún cambio para adaptar a ilustración ou o texto á páxina e deste xeito mover a ilustración ou redebuxala novamente é máis doado, pódese facer deste xeito sen problemas.


E logo está todo o traballo de obradoiro por parte da editorial.

X.G.: Nesta colección ten moita importancia o traballo da editorial, tanto para a escolla do tipo de papel, como a tipoloxía das letras, a maquetación, os extras... Creme que crear cada un destes libros supón un ano de traballo, tanto pola nosa parte, como para a editorial.

Eu pódoche dicir que cada texto está redactado un mínimo de trinta veces antes de chegar ao texto definitivo. As ilustracións de Nicolás pasan por moitas fases de corrección, de moito traballo ata que todos damos o visto bo. O labor do maquetista nestes libros é igualmente importante. Busca que o bloque de texto dentro da páxina sexa agradable para o lector, o que a nós nos supón as veces novas reescritas do texto ou cambios de ilustración.

É un traballo prolixo e complexo pero logo o resultado é marabilloso.


Nicolás Fernández é un ilustrador autodidacta. Considera vostede que a ilustración é unha arte máis ben de oficio ou máis ben de estudo teórico?

No meu caso é, sen dúbida, un oficio. Empecei estudar na Escola de Artes e Oficios, pero me ofreceron traballar e fíxome moi difícil manter as dúas cousas; polo tanto, comecei a traballar e dende aquela sempre me dediquei ao deseño e á ilustración. De todos os xeitos, para ser ilustrador, tes que ter "man"; e se logo podes completar a túa aprendizaxe con estudos teóricos, mellor que mellor, xa que te aportarán coñecementos máis experiencia, pero se a “o” cun canudo sáeche torcida creo que dificilmente, por moito que estudes, ilustres ben.


Tras a aparición destes catro libros, que novos grupos de animais chegarán?.

X.G.: Nesta colección de Animais extraordinarios estase previsto chegar ao seis libros. Publicáronse ata o de agora catro libros e están escritos os dous restantes, que se publicarán proximamente. O primeiro en ver a luz será Ollos. Este libro terá unha particularidade que non é moi frecuente ver nos libros deste tipo; amais de aparecer a descrición do animal, tal e como saíron nos libros anteriores, vai levar unha pequena ilustración na que se mostrará como ve o animal a escena. Para isto tiven que ler moitísima literatura científica. O lector poderá observar como ve un león, unha cebra ou outros animais máis exóticos, como o camarón barbantesa, que dispón dunha vision máis perfecta ca nosa, vendo máis cores e incluso a luz polarizada.

E o ultimo libro da colección vaise titular Viaxeiros. Nel imos explicar as migracións, dende as máis longas as máis curtas, como a das marabuntas, unhas formigas da selva que na súa migración arramplan con todo o que se lle pon por diante. Son movementos moi interesantes.

 

 


Padrón. Xuño, 2013

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Entrevista >

Axenda LIX >

Dicembro 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
17
18
19
21
22
24
25
26
27
28
29
30
31