Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

A nena á que non deixaban ser feliz (APVDSA) de M.A. Alonso Diz e Luz Beloso

Rate this item
(11 votes)

Se o ano pasado a publicación de O cullarapo Croque (APVDSA) foi unha das sorpresas -tanto polas formas como polo contido- da tempada literaria galega, os pais da criatura recuncan de novo e deixan unha nova pegada coa publicación de A nena á que non deixaban ser feliz, editada por A Porta Verde do Sétimo Andar, un colectivo poético e editorial que aos poucos van confeccionado un interesante catálogo, centrado principalmente na poesía.

Nesta nova achega Miguel Ángel Alonso cambia o estilo literario e pasa da poesía de O cullarapo Croque á discorrer narrativamente a historia de Sabela. Esta nena, á que a sociedade imperante non deixa ser feliz, rebélase contra as comodidades dun sistema que nos aliena. É un grande acerto de Alonso Diz o retrato que nos fai de Sabela, unha nena coa que o lector empatiza dende a primeira frase que pronuncia no libro: Son feliz!

E se o traballo (debut) artístico de Luz Beloso con O cullarapo Croque asombrou, avanza agora un paso máis e ofrece momentos marabillosos, a ollos do lector, con A nena a que non deixaban feliz. Nada é casual nas ilustracións, e obriga gozosamente a observar todos os detalles. Podemos atopar páxinas neste libro que se balancean entre esa fronteira entre o cadro e a ilustración.

 


 

Falábamos hai un ano, co gallo da publicación de O cullarapo Croque, que se trataba dun libro iniciático e vangardista en moitos sentidos. Que experiencia sacastes ambos os dous do traballo desenvolto con ese libro e como serviu para esta nova achega?

Miguel Ángel Alonso Diz (M.A.A.D.): Foi unha experiencia moi fermosa. O cullarapo Croque permitiunos amosar o noso traballo fora do que son as cales tradicionais da edición. Puidemos establecer unha relación directa entre nós e as persoas que se achegaron ao libro. Como ben sabes, tanto O cullarapo Croque como A nena á que non deixaban ser feliz publicáronse –de primeiras- baixo iniciativa crowfunding e foi moi satisfactorio o feito de levar os libros, en moitos casos eu mesmo, e falarlles aos lectores sobre o que nós queríamos transmitir con ese álbum ilustrado.

Todo o anterior constitúe por si mesmo unha experiencia positiva en todos os sentidos e que marca -creo eu- unha nova forma de relación entre o autor e o receptor do libro.

Como influíu neste caso? Foi unha experiencia enorme e deunos unha grande liberdade, xa que fixemos tanto Luz coma min todo o traballo. Sen dubida fíxonos medrar.

Luz Beloso (L.B.): Como di Miguel Anxo a liberdade é unha das características do noso traballo, gústanos o que facemos e intentamos que nos guste a nós primeiro, non nos sometemos ás necesidades de ningún mercado. O traballo neste proxecto é conxunto, revisamos e comentamos entre os dous e ata visualizamos cada ilustración primeiro.

 

As comodidades, o diñeiro, a comida, a seguridade. Espide vostede en A nena á que non deixaban ser feliz as eivas dunha sociedade indolente que vive na alienación. Estamos moi afastados desa realidade que nos amosa neste libro?

M.A.A.D.: Non creo que esteamos afastados, máis ben somos parte desa realidade. Vivimos cun excesivo culto á tecnoloxía, afondamos nas desigualdades... Para min Sabela é unha nena que vive nunha sociedade que oprime, que coarta as liberdades de cada un; unha sociedade que non acepta a diferenza ou que a xente se guíe por outros aspectos alleos aos establecidos.

Eu creo que si, que é un reflexo da sociedade na que vivimos.

 

“Teño os meus soños”, espétalle Sabela a quen afirma que non é posible ser feliz sen ter nada. Velaí o medo: que soñar sexa o motor para poder achegarnos ao imposible.

M.A.A.D.: Un día lin en internet unha frase que dicía: “Como non sabía que era imposible, fíxoo”. Cando se emprende unha nova andaina, do tipo que sexa, van sobrar persoas que che digan “Non é posible, iso non se pode facer así”. Existen unhas pautas, unhas condutas nas que algunha xente está inserida, e pensan que esa é a única realidade posible. No intre no que aparece alguén con outro tipo de pensamento, co seu propio punto de vista ou o seu xeito de facer as cousas, vai sufrir o rexeitamento desa xente que, dentro da súa infelicidade, vive nun estado de comodidade acadado por ser parte dunhas regras establecidas.

Estou convencido de que hai que soñar; pero non só soñar, senón realizar os teus soños. Eu digo que son un neno que nun momento deixou de soñar e comezou a vivir nun soño. Eu fago o que amo. Ante a pregunta de se é doado respondo que abofé que non. Vivo nun mundo real onde tes facturas que pagar, onde tes obrigas. Cando dentro do meu labor docente falo deste tipo de cuestións nunca digo que o camiño é fácil, porque iso seria mentir. É dificultoso, pero se pode (debe) facer, aínda que requira un gran esforzo.

Eu non reivindico a capacidade de soñar, senón de vivir os soños.

 

Luz, sen deixar de ser un libro infantil, podemos ver que aposta vostede por un tratamento máis artístico en A nena á que non deixaban ser feliz que no traballo anterior.

L.B.: Supoño que iso ten que ver co espírito do conto, tratei de adaptar o estilo á historia e non ao revés. Tiña que cambiar cousas como os ollos expresivos, as cores alegres, os espazos sinxelos do cullarapo; neste conto necesitaba un mundo diferente, cores máis frías, e personaxes que transmitisen un ambiente barroco e recargado, contrastando coa sinxeleza de Sabela, necesitaba un estilo novo para debuxar unha nova historia. Cada conto con Miguel é unha aventura onde podo aprender, experimentar e cambiar de estilo e de cores como un camaleón, sempre aprendendo.

 

Sabela anega todo de optimismo, felicidade e alegría. É a luz dentro da mediocridade do mundo no que vive. A marabilla de ser diferente.

M.A.A.D.: Si, totalmente. De feito Luz Beloso realizou un grandísimo traballo nese sentido, presentando a Sabela vestida cun traxe moi sinxelo, case que branco, en contraposición co recargado da vestimenta dos outros personaxes do libro. Porén son personaxes que, a pesares de ter traxes ampulosos, amosan cores decadentes, fríos. Sabela vai simbolizar, coa súa brancura, a luz nese mundo. A nena representa ese intre das nosas vidas no que aínda somos inocentes e pensamos que podemos facelo todo; ese momento onde a sociedade non conseguiu moldearnos, mutilarnos, alienarnos. Ela representa iso. Sabela é esa figura da infancia na que somos e nos comportamos así.

Outro elemento de diferenza é o feito de ser a protagonista, Sabela, unha nena. Está feito a mantenta, e supón unha crítica consciente ao patriarcado. Eu sinalo con culpa ao home da creación desta sociedade. Tradicionalmente somos nós os que estivemos sempre nos postos de responsabilidade. Por iso a protagonista deste libro é unha nena.


A nena á que non deixaban ser feliz lígase a libros como Momo, 1984, Un mundo feliz, etc… Mundos literarios que comparten sociedades onde un totalitarismo, imbuído dese carácter paternal, impregna todo.

M.A.A.D.: E dende Orwell non cambiou nada… É certo que á hora de formular este libro estaban aí algunhas referencias literarias, pero outras non tanto, como 1984 ou Un mundo feliz, pero xa mo comentaron noutras ocasións e concordo con esa apreciación dos lectores. Son lecturas de xuventude que deixan pouso nun.

Socialmente non se modificou nada, seguen estando as mesmas eivas. Téndese a iso: á mingua de valores, á perda de dereitos, ... Seica nacemos para formar parte dese mundo de caste dirixida. Hai castes que están perpetuadas e faise necesaria coñecer a realidade na que vivimos para ser capaces de modificala. Para min o personaxe central de A nena á que non deixaban ser feliz non é nena, é o gardián. O gardián é o único personaxe de todo o libro que cambia. A min -como autor- sorprendeume, porque eu non escribín o libro pensando nese gardián, pero no instante no que a nena bota pola fiestra abaixo toda a comida, el asómase e ve toda esa xente delgada como fíos de arame. O gardián descoñecía esa realidade. Reflexiona sobre o que ve. Ogallá todos tivéramos a súa capacidade de cambiar, incluso nas dificultades na que el se atopa.

Velaí a maxia do que escribe, eu non me decatara dese personaxe e foi tomando forma por si mesmo. Para min é a figura máis relevante do libro.

 

Miguel comentaba, ao fío de O cullarapo Croque, que el escribe para sementar. Un mensaxe que se desprende igualmente das dúas respostas anteriores. Como ilustradora, cales foron os maiores retos que se atopou en A nena á que non deixaban ser feliz para seguir todo o discurso literario de Miguel Ángel?

L.B.: A historia desenvólvese nun espazo moi limitado, un edificio con longos corredores. Quizais este foi o reto, dous únicos personaxes que percorren un longo corredor. Tratei de debuxalos desde diferentes puntos de vista con diferentes tipos de plano para que o debuxo non resultase repetitivo, pero o reto sobre todo foi transmitir nos debuxos o cambio do personaxe chave, o gardián, que sofre unha fermosa transformación durante todo o percorrido.

 

O compromiso do escritor ante o mundo e ante os seus lectores. Faise necesario introducir con anticipación ao neno no mundo que está por vir?

M.A.A.D.: No libro de O cullarapo Croque xa aparecían os temas do maltrato, a diferenza, o respecto... @s nen@s son persoas moi intelixentes. Acho que un nen@ de sete ou oito anos ten capacidade abonda de decatarse diso. 

Iso debería levar a pais, a profesores, a educadores... a se preocupar das lecturas de seus nen@s. Se eles len libros sen substancia, sen profundidade, @ nen@ que estás criando crecerá cos valores deses libros triviais e baleiros. Podemos crearlles un mundo artificial, de princesas e de estereotipos, pero cando cheguen á preadolescencia e á idade adulta verán que todo ese mundo que lles presentaron era todo unha mentira.


Luz, que técnicas e procesos empregou vostede para compoñer, de forma ilustrativa, este álbum?

L.B.: O primeiro é a creación dos personaxes; iso implica cheas e cheas de bosquexos, de contrastar con Miguel ideas e debuxos, que me conte como os ve, que me fale deles para sentilos meus.

Cando conseguimos que esa imaxe chave apareza, ese pequeno apunte que nos convence aos dous, empeza a aventura de darlle vida. Como serán ríndose, de costas, tristes, debuxalos en diferentes posicións.

Como anécdota, ás veces sorpréndeme ver como Miguel entusiásmase cun bosquexo que eu consideraba desbotado e o transforma nunha camiseta.

Xa temos os personaxes, agora necesito saber cantas páxinas vai ter o álbum ilustrado, e que formato terá, isto é necesario para planificar “story board”, onde o texto e a imaxe sexan un todo unido e inseparable que transmitan perfectamente ao lector a alma da historia.

A cor xoga un papel moi importante no conto da nena, simbólico, para resaltalo emprego unha técnica mixta de ilustración tradicional de lapis e acrílico con dixital.

Neste proceso inténtase sempre explicar con imaxes o que se reflicte no texto e o que non se reflicte, xogando entre os dous (Miguel mais eu) a complementar a historia. O traballo e conxunto e diario no tempo que dura este longo e marabilloso proceso de creación dun conto.


Este é o voso segundo libro xuntos, alén de todas as actividades que vides realizando como complemento dos libros publicados.

L.B.: Teño a gran sorte de poder traballar con Miguel. Entusiásmanme as súas historias e creo nelas. Contos que saen do corazón, que son necesarios.

Nas ilustracións podo investigar, evolucionar, aprender e aínda por enriba apórtanme marabillosas experiencias novas. Cada vez que Miguel me amosa o debuxo dun neno coa súa interpretación do cullarapo, alucino, non existe nada máis fermoso neste mundo.

M.A.A.D.: Para desenvolver este novo libro non pensamos en nada do que fixéramos para O cullarapo Croque. Para A nena á que non deixaban ser feliz parámonos aínda máis nos detalles do libro. Non hai aquí nada deixado ao chou.

No traballo conxunto deste libro eu fixérano moi descritivo para darlle a Luz a miña visión da historia, o que eu quería transmitir. Logo realizamos un proceso de peneira, eliminando procesos de transición e descritivos para minimizar o texto e adaptalo as imaxes.

Para entender o texto ti tes que ver a imaxe, e incluso algunhas desas imaxes teñen texto. Coidamos as tipografías, que por veces parecen debuxos.

Este traballo a catro mans é como concibir un fillo, que, aínda que poida parecerse máis á nai ou ao pai, realmente é dos dous. A verdade, estamos moi contentos co resultado do libro.

Logo é moi doado traballar con Luz. Ambos os dous temos a mesma visión e eu escribo pensando nas ilustracións que fará ela. Como xa lle dixen a un editor: eu son belosiano.

É unha honra estar en tempo e espazo con Luz. É unha marabillosa persoa.


Se en O Cullarapo Croque realizáronse moitas actividades paralelas, creo que tedes moitas actividades relacionadas coa difusión deste traballo.

M.A.A.D.: Escribimos, ilustramos, pensando no traballo que faremos co@s nen@s. Pensamos nos mellor xeito de facerlle chegar os contidos dos nosos libros. Non temos a palabra promoción na cabeza, nin a palabra venda. Iso son consecuencias dun traballo ben feito.

Para este libro temos pensado realizar actividades de lectura compartida nos centros educativos e para acadar iso é imprescindible o compromiso dos docentes.

É igual que merquen vinte libros que dous, o realmente importante é que traballen o libro na aula.

Para a realización destas actividades de lectura reuninme con persoas que levan moitos anos realizando e organizando actividades deste tipo, e debemos agradecer ademais a axuda de Iolanda Aldrei na realización da unidade didáctica, que está pensada para a posta en común de ideas na aula, para provocar a reflexión de alumn@s e docentes. Queremos contribuír a formar unha sociedade crítica.

A actividade final por exemplo é imaxinar como remata/continua a historia tanto por escrito como ilustrado, ou combinación de ambas. Deste xeito tentamos dunha soa vez estimular a creatividade, a escrita, a ilustración e o emprego do galego dun xeito entretido.

Por certo…xa rematamos o noso terceiro libro. Pero iso… é outra historia.

 

 

 

O Milladoiro (Ames). Outubro, 2013

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Entrevista >

Axenda LIX >

Outubro 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
15
16
17
18
22
23
25
26
27
28
29
30
31