Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Dende tempos inmemoriais un dos aspectos característicos dos contos era buscar un efecto moralizante sobre o oínte, polo xeral, cativos e rapaces, idades onde o conto devén en recurso -na máis das veces- didáctico. Tamén buscaban, como non podía ser doutro xeito, unha finalidade de entretemento, de xuntanza. A recolleita deses contos, que tradicionalmente se transmitiron a través da oralidade, por parte de nomes tan recoñecibles como Charles Perrault, os irmáns Grimm ou máis tarde Hans Christian Andersen, e a relectura que fixeron dos mesmos foi unha das razóns polas que chegaron ata nós, algúns máis ou menos modificados, pero…
Achegarse a un libro de Carlos López é como caer nunha fervenza de fantasía, orixinalidade e surrealismo mentres nos empapamos coa inspiración e o lirismo nos que mergulla os seus textos. Cincuenta por cento de Pinto & Chinto, con quen ven publicando dende hai case dúas décadas, Carlos retoma agora con Isela (Embora) un camiño un pouco afastado a ese labor creativo que desenvolve con xenialidade canda David Pintor, e volve ao rego da novela curta, xénero que xa tocara con anterioridade con A peripecia de Roi, por exemplo. E desta volta faino acompañado nas ilustracións de Nuria Díaz, responsable…
Unha das parellas artísticas máis creativas dos últimos anos regresan coa publicación dun novo e marabilloso álbum ilustrado. Tras O cullarapo Croque, A nena á que non deixaban ser feliz e O soño de Esther o poeta Miguel Ángel Alonso Diz e a ilustradora Luz Beloso presentan agora O valente coello que quixo soñar, editado por NovaGalicia edicións cun fermoso prólogo da escritora Helena Villar Janeiro. A poesía de Miguel Ángel Alonso Diz convida ás lectoras e aos lectores a mergullarse na capacidade de soñar, a empregar os soños como motor que move o mundo. Pola súa banda, Luz Beloso…
Nunca teñas medo a voar. Esta frase tirada de Ícaro condensa perfectamente a esencia que emana deste libro. Liberdade, imaxinación, creatividade. Pero tamén é fraxilidade e é fantasía. É, sinceramente, unha amalgama de sensacións enfrontadas. Federico Delicado (Badajoz, 1956) gañou con Ícaro (Kalandraka) o VII premio internacional Compostela de álbums ilustrados, un certame consolidado como referente a nivel internacional. Tras unha longa carreira de máis de tres décadas como ilustrador, toma o mando da historia para presentar un traballo que en opinión do xurado do premio, “non deixa indiferente a ninguén”. O fermoso e o perturbador conxúganse neste álbum ilustrado.…
Misterio, intriga, amor, suspense, envexas, libros… e, especialmente, unha incrible historia que engancha ao lector dende as súas primeiras páxinas. Velaquí algúns dos elementos que atopamos en Tes ata as 10 (Galaxia), a nova proposta literaria de Francisco Castro. Narrada cun ritmo trepidante, o escritor vigués amalgama en Tes ata as 10 un nobelo que o lector terá que desenrolar e desenredar aos poucos. Notamos nas últimas achegas de Francisco Castro unha certa querenza por este tipo de historias que transportan ao lector velozmente páxina por páxina, pero sería totalmente inxusto deterse só nese aspecto. Abofé que Tes ata as…
Un dos personaxes máis queridos polos lectores dende hai décadas é o Principiño, ese inocente neno que un día aterrou na Terra procedente do seu minúsculo e afastado planeta. Unha historia que hai xa setenta anos elevou á categoría de clásico o aviador francés Antoine de Saint-Exupéry. E se o que chegou ata nós era o testemuño do aviador, agora comprobamos que algunhas cousas non aconteceron exactamente tal e como nolas contou Saint-Exupéry. Grazas aos xeniais Pinto&Chinto temos nas nosas mans o que realmente sucedeu, e contado por o Rei que, anos atrás, canda mozo, foi o Principiño. Con moito…
Poderíamos resumir este Brinca vai! cunha soa palabra: mola. Ben, mellor en dúas palabras: mola moito! Moita xente era coñecedora da existencia de Paco Noguerias e das súas cancións, especialmente no ámbito das escolas e dos centros educativos, que as empregaban como material lúdico e didáctico. Agora é a xente de a pe os que, grazas ao magnífico labor levado a cabo por Kalandraka, podemos gozar deste libro-CD-DVD nunha marabillosa edición. Porque se antes sabíamos da música, agora somos partícipes do traballo audiovisual do Sr. Sagüillo e da creatividade das ilustracións de David Pintor. O resultado, sinxelamente, é espectacular. As…
Mércores, 12 Febreiro 2014 12:55

Mamá (Kalandraka) de Mariana Ruíz Johnson

 Non é doado atopar libros onde calquera lector poida sentirse identificado, e velaquí estamos ante un álbum ilustrado que nos converte en verdadeiros protagonistas; e protagonistas somos, porque Mamá, o libro co que Mariana Ruíz Johnson acadou o VI Premio Internacional Compostela para álbums Ilustrados, fala de ti, de nós, das nais, da maternidade. O lector acha un pequeno poema que nos abre as portas á maternidade e á crianza nas súas múltiples facetas, tanto animais como humanas, e o fío que as une a todas: o amor das nais cara a súa crías. De subliñar o agradecido tratamento das…
Se o ano pasado a publicación de O cullarapo Croque (APVDSA) foi unha das sorpresas -tanto polas formas como polo contido- da tempada literaria galega, os pais da criatura recuncan de novo e deixan unha nova pegada coa publicación de A nena á que non deixaban ser feliz, editada por A Porta Verde do Sétimo Andar, un colectivo poético e editorial que aos poucos van confeccionado un interesante catálogo, centrado principalmente na poesía. Nesta nova achega Miguel Ángel Alonso cambia o estilo literario e pasa da poesía de O cullarapo Croque á discorrer narrativamente a historia de Sabela. Esta nena,…
Abrimos as nosas páxinas á fauna planetaria; dende os animais que nos poden ser máis habituais como o polbo, a lamprea ou a abella ata os máis estraños e os procedentes dos lugares máis afastados como a lebre ártica, o oso formigueiro ou o elefante africano. Esta colección de Animais extraordinarios que nos presenta Faktoría K de Libros nos achega o marabilloso mundo da diversidade animal que convive connosco no planeta. A través dos textos clarificadores e concisos do profesor Xulio Gutiérrez e grazas a unhas espectaculares ilustracións a cargo de Nicolás Fernández, as lectoras e os lectores que se…
  •  Comezo 
  •  < 
  •  1  2  3 
  •  > 
  •  Fin 
Páxina 1 de 3

Buscar en Entrevista >

Axenda LIX >

Agosto 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

Non hai eventos nos vindeiros días